Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 14 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se procede á exposición pública da listaxe de parcelas propostas para ser receptoras de PTLD.

De conformidade co artigo 12 do Decreto 125/2012, do 10 de maio, polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á exposición pública das parcelas propostas nos concellos onde están radicadas para que os veciños poidan trasladar toda información que consideren relevante relativa á situación de mananciais, puntos de captación e condicións non inventariadas.

O prazo para efectuar as ditas alegacións entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio e rematará transcorridos vinte días. A listaxe de parcelas atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar nos taboleiros de anuncios dos concellos de Coristanco, Curtis, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Muxía, Santa Comba, Santiago de Compostela, Tordoia, Trazo e Zas.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria