Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49641

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

En virtude da Resolución do 10 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 17 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos/as e excluídos/as, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 9 de maio de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos/as e excluidos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos/das aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e que figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos/das solicitantes admitidos/as provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Benítez Acosta, María

46903484K

16, 20

Canosa Raña, María Pilar

32761619M

16, 20

Del Río Alonso, María Elisa

34979947Y

16, 20

Dios Queiruga, Alberto

53484022Y

16, 20

Fresco Santalla, Ana María

76577860G

16, 20

Gancedo Herreras, Trinidad

53169902C

16, 20

Pavón, Sabela

44484910N

18, 58

Rodríguez Crespo, Marina Pilar

47380721P

16, 20

Rodríguez Saa, Tamara

53183862L

16, 20

Sendino Lamela, Juan Ignacio

33327571L

16, 20

Taboada Moure, María del Pilar

44813951S

16, 20

Vázquez Espantoso, Juan Carlos

76819023N

16, 20

Cota específica base I.1.2:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Campos Graña, Ana Belén

33550213K

16

Fernández Pérez, Esther

35289546W

15

Código

Descrición

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado.

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado.

18

Doc. xustif. demandante de emprego 6 meses antes convocatoria non válido.

20

Taxas non aboadas.

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado.