Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de construción dunha nave de redes en Camariñas, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca nun 75 %, no eixe 3, medida 3 (expediente 13/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de construción dunha nave de redes en Camariñas (A Coruña).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20372

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 95, do 20 de maio de 2014.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 261.012,04 €, IVE (21 %): 54.812,53 €. Total: 315.824.57 €.

Valor estimado: 261.012,04 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 23 de outubro de 2014.

b) Adxudicataria: Proyecon Galicia, S.A.

c) Importe sen IVE: 192.800 €.

IVE 21 %: 40.488 €.

Importe total: 233.288 €.

d) Data de formalización do contrato: 7 de novembro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: obtivo a puntuación máis alta na oferta técnica e resultou ser a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar