Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para o fomento das frondosas caducifolias 12360071/2007 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanse aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 12360071/2007, 12360145/2007 e 12360236/2007 (Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2014 no expediente de subvención núm. 12360071/2007.

Interesada: CMVMC de Forzáns.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lugar Forzáns, s/n, 36853 Ponte Caldelas (Pontevedra).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2014 no expediente de subvención núm. 12360145/2007.

Interesada: Emilia Soto Pichel.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Dr. Sanchís Sivera, 18, Valencia.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2014 no expediente de subvención núm. 12360236/2007.

Interesada: CMVMC de Ventosela.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lugar Castiñeira, 73, 36818 Redondela (Pontevedra).