Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2014 pola que se fai pública a desistencia da contratación (expediente PA 3/2014).

Advertiuse unha infracción non emendable nas normas de preparación e reguladoras do procedemento da contratación administrativa do servizo de limpeza no centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (expediente PA 3/2014), do cal se publicou anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia número 193, do 9 de outubro de 2014, por os pregos non se axustaren á lexislación vixente, en vista do cal se resolveu desistir da dita contratación.

Por isto, cómpre dar por finalizado o procedemento de contratación na súa integridade e arquivar o expediente de licitación e de gasto, así como os demais trámites e actuacións realizadas para os citados efectos. O que se fai público para o seu coñecemento xeral.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014

P.S. (Orde do 17 de novembro de 2014)
Patricia García Antelo
Subdirectora xeral de Administración e Persoal