Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 19 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados nos concellos de Santiago de Compostela, Padrón, Teo e Monforte de Lemos.

Ás 11.00 horas do día 20 de xaneiro de 2015 terá lugar no salón de actos número 2 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Edificio Administrativo de San Caetano, bloque número 2, Santiago de Compostela, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a poxa pública dos seguintes lotes de bens inmobles da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado polas ordes da Consellería de Facenda do 11 de abril de 2013, 29 de abril de 2014, 13 de outubro de 2014 e 18 de novembro de 2014:

Cuarta poxa:

1. Parcela nº 59, Agro de Pazos, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.584 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño existente; sur, zona excluída; leste, zona excluída; e oeste, con José Ramón Iglesias Miguéns. Referencia catastral: 15079C502000590000WS. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 23.014, tomo 1.203, libro 245 e folio 1.

Tipo de licitación cuarta poxa: 824 euros.

2. Parcela nº 157, Pedra Miralles, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 25.180 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Igrexa Católica; sur, zona excluída; leste, Francisca Castro Castro e outros; e oeste, con camiño público. Referencia catastral: 15079C503201570000WF e 15079C503101570000WW. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.928, tomo 1.202, libro 244 e folio 183.

Tipo de licitación cuarta poxa: 7.392 euros.

3. Parcela nº 199, Rodeiro, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 29.360 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Felisa Liñares Guillén e outros; sur, Igrexa Católica; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, con camiño. Referencia catastral: 15079C503001990000WU. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.932, tomo 1.202, libro 244 e folio 185.

Tipo de licitación cuarta poxa: 12.313 euros.

Primeira, segunda e terceira poxa:

1. Parcela nº 929, Coquiño, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.406 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuela Mato García e outros; sur, Manuela Varela Andrade; leste, estrada de Vigo á Coruña; e oeste, José María Rivero de Aguilar y Otero e zona excluída. Referencia catastral: 9894202NH3400N0001QW. Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.672, tomo 487, libro 110 e folio 116.

Tipo de licitación primeira poxa: 20.897,39 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 17.762,78 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 14.628,17 euros.

2. Parcela nº 568, Devesiña, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 690 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño existente; sur, Manuela López Rodríguez; leste, estrada da Coruña a Vigo; e oeste, camiño existente. Referencia catastral: 15066B503005680000FO. Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.648 tomo 487, libro 110 e folio 92.

Tipo de licitación primeira poxa: 29.872,21 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 25.391,38 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 20.910,55 euros.

3. Rústica. Soar chamado Gandarón situado no lugar da Ramallosa, parroquia de Lucí, concello de Teo, de 690 m2, que linda: norte, Manuela Cajaraville; sur, herdeiros de Juan Cao Cerdeira; leste, estrada; e oeste, Antonio Martínez Montes e Josefa Cao Cerdeira. Sobre este predio hai dous locais: un de 140 m2 de superficie, que linda polo leste coa estrada e outro local de 30 m2 de superficie. Referencia catastral: 7084105NH3378S0001RI. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 315, libro 76, folio 22, predio nº 6.171.

Tipo de licitación primeira poxa: 79.982 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 67.984,70 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 55.987,40 euros.

4. Parcela situada no concello de Monforte de Lemos, na rúa Valle Inclán 157, dunha superficie de 103,80 m2, sobrante da estrada LU-933, que linda: dereita, José Iglesias López; esquerda, Salvador Garrido Castro; e fronte, rúa Valle Inclán. Referencia castastral 3594022PH2039S0001LZ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos no tomo 792, libro 339, folio 117, predio 34.425.euros.

Tipo de licitación primeira poxa: 52.705,10 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 44.799,34 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 36.893,57 euros.

Os lotes poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación dos bens perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos do anuncio, rateado segundo os tipos dos lotes, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

Os pregos de condicións que rexen o presente alleamento están á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda:

(http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion)

Teléfono de información: 981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2014

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda