Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2014 pola que se modifica a Resolución do 25 de novembro de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 230, do 1 de decembro, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, por procedemento aberto, da subministración de enerxía eléctrica a un dos centros de consumo da Redexga, a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) (expediente 06/2014).

Logo de advertir un erro no orzamento base de licitación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) que rexe na citada contratación e que comporta a modificación do valor estimado do contrato e do importe da cifra global de negocios exixido para acreditar a solvencia económica efectuáronse as oportunas correccións.

Con base no anterior, fíxase un novo prazo de presentación de ofertas ou solicitudes de participación: a data límite da súa presentación será de oito días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) desta resolución de modificación. As eventuais ofertas presentadas con anterioridade a este anuncio deberán ser novamente formuladas adecuándose ás modificacións realizadas nos pregos.

Poden obterse o os novos pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21630

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014

P.D. (Orde do 26 de xullo de 2013; DOG núm. 154)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria