Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2014/084-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico
(BOE nº 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/084-1.

Solicitante: Industrial Barcalesa, S.L.

Domicilio social: Corneira, 15837 A Baña

Denominación: centro de seccionamento e manobra Fontecada.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

– Centro de seccionamento e manobra Fontecada interior en edificio prefabricado de formigón de tipo monobloque, incluíndo 5 celas de media tensión: catro de entrada/saída de liñas motorizadas e unha cela de protección mediante fusibles para un trafo de 50 kVA, cuxo fin será a subministración aos servizos auxiliares do edificio, todas elas con illamento e corte en SF6.

– Liña subterránea de alta tensión de interconexión entre a liña aérea Corna-Espesedo no apoio existente do tipo HV-1000/13, e o CS Fontecada, simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20kV 3×(1×240 Al), de 101 metros de lonxitude.

– Liña subterránea de alta tensión de interconexión entre o CS Fontecada e a liña aérea Corna-Espesedo no apoio existente do tipo HV-1000/13, simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20kV 3×(1×240 Al), de 101 metros de lonxitude.

– Liña subterránea de alta tensión de interconexión entre o CS Fontecada e a liña aérea Babión-Gandarela no apoio fin de liña existente do tipo HV-1600/13, simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20kV 3×(1×240 Al), de 83 metros de lonxitude.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se insire xunto a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da
Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e, deste xeito, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 4 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Número de expediente: IN407A 2014/084-1.

Proxecto: centro de seccionamento e manobra Fontecada.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Predio nº

Datos catastrais

Cultivo

Nome propietaria

Pleno dominio

Servidume de paso de liña subterránea

1

Polígono 510 Parcela 897

Monte baixo

Encarnación Antelo Yáñez

Centro de seccionamento: 40 m2

Gabias: 380 m2

A servidume de paso subterráneo (4 metros de largo) de enerxía eléctrica comprenderá:

a) A ocupación do subsolo polos cables condutores á profundidade e coas demais características que sinale a normativa técnica e urbanística aplicable. Para os efectos do expediente expropiatorio e sen prexuízo do disposto en canto a medidas e distancias de seguridade nos regulamentos técnicos na materia, a servidume subterránea comprende a franxa de terreo situada entre os dous condutores extremos da instalación.

b) O establecemento dos dispositivos necesarios para o apoio ou fixación dos condutores.

c) O dereito de paso ou acceso para atender o establecemento, vixilancia, conservación e reparación da liña eléctrica.

d) A ocupación temporal de terreos ou outros bens, se é o caso, necesarios para os fins indicados no parágrafo c) anterior.