Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 24 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia da resolución da reclamación previa á vía xudicial civil sobre a propiedade do monte Gorreis, monte catalogado con número 390.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, debido a que se descoñece un lugar para a notificación, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificados por comparecencia.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán formular demanda ante a xurisdición civil, de conformidade co previsto na Lei de axuizamento civil, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro recurso que xulguen oportuno.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: reclamación previa á vía xudicial civil sobre a propiedade do monte Gorreis, monte catalogado con núm. 390.

Interesados: veciños de Braño-Carantoña (Jaime Méndez Castiñeira e 92 particulares máis).

Acto de notificación: resolución da reclamación previa á vía xudicial civil.

Último enderezo coñecido: concello de Vimianzo.