Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0595/2014-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0595/2014-PPM e sete máis.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e a obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Boletín Oficial del Estado núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 21 de novembro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0595/2014-PPM.

Persoa interesada: José Luis Pasantes Lista.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Verónica, 1, baixo B, Camariñas.

Expediente: PSC-CO-0594/2014-PPM.

Persoa interesada: Juan Carlos Pasantes Lista.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: A Furoca, 16, baixo, Camariñas.

Expediente: PSC-CO-0617/2014-PPM.

Persoa interesada: José Julio Montero Pérez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Estorde, s/n, Cee.

Expediente: PSC-CO-0621/2014-COP.

Persoa interesada: Cemar Alimentación, S.L.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Doctor Gasalla, 3, baixo, Lugo.

Expediente: PSC-CO-0623/2014-PPM.

Persoa interesada: Jesús Pérez Casal.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Contramaestre Casado, 24, 1º D, Mugardos.

Expediente: PSC-CO-0631/2014-PPM.

Persoa interesada: Dolores Imelda Mourín Vila.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Osa Mayor, 18, Monte, Carral.

Expediente: PSC-CO-0645/2014-PPM.

Persoa interesada: Fernando J. Melero Sabugueiro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Beiramar, 2, 5º E, Edificio Beiramar (Perillo), Oleiros.

Expediente: PSC-CO-0649/2014-COP.

Persoa interesada: Manuel Couto Díaz.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Do Estanque, 14, 3º D, Muxía.