Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Friol (expediente IN407A 2014/44-2, 8180 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Ganadería García Viña, S.C.

Domicilio social: Guldriz-Friol.

Denominación: liña eléctrica de media tensión aérea e centro de transformación.

Situación: concello de Friol.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe nun apoio de chapa proxectado (obxecto doutro proxecto, exp. 8166 AT) na LMTA existente ao CT Guldriz propiedade de Unión Fenosa e final no CT de intemperie proxectado, cunha lonxitude de 49 metros en condutor tipo LA-56.

– Centro de transformación intemperie sobre apoio de formigón, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 30 de outubro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo