Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 24 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se publican requirimentos de documentación devoltos.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante, LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, cos requirimentos de documentación nos procedementos instados polos/as interesados/as, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da LRXAP-PAC, para que, no prazo de 10 días contados desde a data seguinte á da publicación deste edicto, comparezan en persoa ou debidamente representados, nas dependencias da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar de Vigo (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1ª planta, das 9.00 ás 14.00 horas), para teren coñecemento dos requirimentos de documentación.

Vigo, 24 de novembro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos

DNI/NIE

Núm. expediente

Fernando Martínez de la Escarela Canella

41319126V

36/00179-X/14

María Isabel Ferreira s/s

X6318363X

36/00232-X/14

María José Piñeiro Martínez

35444472T

36/00715-I/10

María Rosa Hernández González

X6491208X

36/00837-I/12