Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración dun sistema implementado en hardware e software, concentrador de sinais procedentes de múltiples sensores clínicos, dentro do subproxecto H2050-6-Cuarto intelixente, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 02 (expediente AB-SER1-14-024).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-14-024.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dun sistema implementado en hardware e software, concentrador de sinais procedentes de múltiples sensores clínicos, dentro do subproxecto H2050-6-Cuarto intelixente.

c) Lote (se é o o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 48921000-0, 38400000-9 e 38343000-1.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 92, do 15 de maio de 2014.

Boletín Oficial del Estado nº 114, do 10 de maio de 2014.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2014/S 088-153585, do 7 de maio de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 743.801,65 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 743.801,65 euros. Importe total: 900.000 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16.10.2014.

b) Data de formalización: 4.11.2014.

c) Contratista: Televés, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 712.553,72 euros. Importe total: 862.190 euros.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos