Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014142TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data 22 de outubro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2014142TA-OU a Ángela Peralta, DNI: Y1775677E, titular do Café África, con domicilio en Doutor Fleming, nº 26 (Galerías Unión Progreso, local 24), 32003 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a Ángela Peralta, DNI: Y1775677E, titular do Café África, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáisellelle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido de dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Este cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de novembro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2014142TA-OU.

Interesada: Ángela Peralta, titular do Café África.

DNI/NIF/CIF: Y1775677E.

Último enderezo coñecido: Doutor Fleming, nº 26 (Galerías Unión Progreso, local 24), 32003 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: douscentos euros (200 €).