Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51120

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 2 de decembro de 2014 pola que se procede ao nomeamento como funcionaria do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, da aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), requirida a aspirante para elixir destino e comunicado por ela o posto elixido, esta consellería, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionaria do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, a Sabrina Pérez Rodríguez con DNI 53178632X.

Segundo. Adxudicarlle como destino definitivo o que figura no anexo, de acordo coa elección manifestada pola interesada.

Para adquirir a condición de funcionaria, a persoa a que se refire o anexo desta orde deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Subgrupo

Centro destino

Centro directivo

Concello

53178632X

Pérez Rodríguez, Sabrina

INO110000015770061

IN

Subinspector/a de consumo

18

C1

Xerencia

Instituto Galego de Consumo (Xerencia)

Santiago de Compostela