Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51207

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria da Deputación na zona de influencia da planta de transferencia de residuos sólidos urbanos na Gudiña.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria da Deputación Provincial de Ourense na zona de influencia da planta de transferencia de residuos sólidos urbanos na Gudiña, cun tipo de licitación de 6.000,00 euros (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 31 75 40 e fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da Deputación: www.depourense.es.

Ourense, 18 de novembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense