Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51130

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4128/2012-RCUD 354/2014-S).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4128/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1060/2010 Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogada: Alicia Llan Lodos.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Empresa Luis García Rodellino, Vidrioarte Coruña, S.L., Mutua Intercomarcal, Mutua Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 39, 'Ver PDF'.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4128/2012-RCUD 354/2014-S desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Empresa Luis García Rodellino, Vidrioarte Coruña, S.L., a Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 39, 'Ver PDF', sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial.

M. Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 21 de novembro de 2014.

O anterior escrito presentado polo letrado Antonio Vázquez López, en representación de 'Ver PDF', ao que achega certificación da sentenza alegada de contraste, únase ao recurso da súa razón. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala; deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 1 da Coruña que contra a resolución desta sala recorreuse en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Luis García Rodellino e Vidrioarte Coruña, S.L., en ignorado paradoiro e que tiveron o seu último domicilio coñecido na Coruña, rúa Pintor Seijo Rubio número 9, baixo, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de novembro de 2014

A secretaria xudicial