Con data do 6 de outubro de 2014, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 2014128TA-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a María Lucero Cifuentes Heredia (Pub-Karaoke El Bolero).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a María Lucero Cifuentes Heredia (Pub-Karaoke El Bolero) o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca; do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou do Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2014
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº de expediente: 2014128TA-PO.
Denunciada: María Lucero Cifuentes Heredia (Pub-Karaoke El Bolero).
DNI/CIF: 77481067R.
Último enderezo coñecido: rúa Alameda, 10, 36001 Pontevedra.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Precepto/s infrinxido/s: artigos 7.u), 19.3.b) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro).
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 601 €.