Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51222

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 24 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2015, en desenvolvemento do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo (Boletín Oficial del Estado número 184, do 2 de agosto), e da Orde do 19 de novembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 233, do 27 de novembro).

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 234, do venres 5 de decembro de 2014, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 50160, onde di: «Primeira convocatoria, abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá do 24 de novembro de 2014 ata o 2 de xaneiro de 2015, ambos inclusive»; debe dicir: «Primeira convocatoria, abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 2 de xaneiro de 2015, ambos inclusive».