Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Cañiza (expediente IN407A 2014/216-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CS e LMTS peche polígono Ribadil.

Situación: A Cañiza.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 894 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Raposeira 2 e final no paso aerosubterráneo proxectado no apoio 89-9-13 da LMT FRI807 polígono A Cañiza. LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 28 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS FRI807 tras facer entrada e saída no CS proxectado. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica con corte en SF6, situado na zona sur, parcela 6, do polígono industrial de Ribadil, A Cañiza.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de novembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra