Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51240

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se determina a composición da comisión ditaminadora do concurso de traslados entre funcionarios docentes.

Unha vez realizado o sorteo para a composición da comisión avaliadora a que fai referencia a Orde do 30 de outubro de 2014, pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación, esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPÓN:

Primeiro. Constituirase a comisión que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Actuará como secretario ou secretaria da comisión o vogal con menor antigüidade na función pública docente como funcionario de carreira, agás que a comisión acorde determinalo doutro xeito.

Terceiro. A comisión avaliadora poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.

Cuarto. Os membros da comisión terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (Diario Oficial de Galicia, do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (Diario Oficial de Galicia, do 18 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle esta comisión, considérase incluída na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Presidente titular:

33843526S

Fernández

Fraga

Fernando

Vogais titulares:

33809144H

Currás

Fernández

Celso

33184633A

Lorenzo

Muñiz

Rosalino

33162867H

Bravo

Fernández

Mª del Pilar

07938984M

Arévalo

Moreiro

Mª Carmen

32818744K

Villanueva

Segade

Javier

33999113F

Ferreiro

Soto

Carmen María

33237913S

Riande

Torres

Santiago

76852426L

Rey

Chao

María Rosario

33238620D

Lago

Peñas

José Matías

Presidente suplente:

33858240D

Guerra

Fernández

Manuel

Vogais suplentes:

33164194B

Porral

Mato

Rodrigo

32762714L

Fernández

Gasalla

Leopoldo

35285045D

Míguez

de la Sierra

Amabel

78780582Q

Domínguez

Mariño

Mª de los Ángeles

33283726N

Fernández

Álvarez

Xerardo

35564021H

Méndez

Zunzunegui

Natalia

32422403Q

Villar

Quintas

Jesús Eduardo

76565395M

Rodríguez

García

Mª Carmen

32419621V

Nogueira

Barcia

Joaquín