De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas o inicio dos expedientes que se sinalan no anexo deste anuncio.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, sitas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, edificio administrativo Monelos, 3º andar, á sur, en horario des 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
A Coruña, 25 de novembro de 2014
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Último enderezo coñecido |
PSC-RI-0752/2014-PPM |
José Manuel Ronquete Otero |
Boa, Noia |
PSC-RI-0756/2014-PPM |
Adrián Blanco Albéniz |
Lugar de Devesa, Campaña, 114, Valga |
PSC-RI-0761/2014-PPM |
José Manuel Lens Piñeiro |
Quinteiro, 12, Cespón, Boiro |
PSC-RI-0763/2014-PPM |
Sonia Alonso Silva |
Vilariño, 65, Cespón, Boiro |
PSC-RI-0764/2014-ORS |
Adán Pena Armental |
Pedriñas Miúdas, 11, Aguiño, Ribeira |
PSC-RI-0766/2014-PPM |
José Alberto López Brea |
Estrada de Tanxil, 21, 1º A, Rianxo |
PSC-RI-0767/2014-PPM |
Jorge Rodríguez Reiriz |
Carreira, Graña, 9, Ribeira |
PSC-RI-0768/2014-PPM |
Santiago Silva Saborido |
Ourolo, 60, Taragoña, Rianxo |
PSC-RI-0769/2014-PPM |
José Figueira Sobradelo |
Rúa Cortés, 15, Rianxo |
PSC-RI-0770/2014-PPM |
Sergio Míguez Otero |
Rúa Capela, 24, Araño, Rianxo |
PSC-RI-0771/2014-ORS |
Jacinto Pérez Dieste |
Lugar de Corviño, 234, Cabo de Cruz, Boiro |
PSC-RI-0772/2014-PRE |
Antonio Oujo Fernández |
Frións, 41, Carreira, Ribeira |
PSC-RI-0773/2014-PPM |
Bárbara Hermida Creo |
Estrada Rasa de Abaixo, 41, Noia |
PSC-RI-0774/2014-PPM |
José Manuel Redondo Penedo |
Hórreo, 22, A Pobra do Caramiñal |
PSC-RI-0775/2014-PPM |
Juan Luis Riveiro Martínez |
Parada, 1, Porto do Son |
PSC-RI-0776/2014-PPM |
Carlos Rey Lojo |
Avenida da Coruña, 21, 2º K, Noia |
PSC-RI-0777/2014-PPM |
Manuel Ángel Reiriz González |
Carreira Monte Vixán, 51, Ribeira |