Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 29 de setembro de 2014 polo que se empraza a entidade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente IN982R 2006/1-2.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación polo servizo de Correos, emprázase a entidade interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora da Axencia Turismo de Galicia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Axencia Turismo de Galicia, sita na praza de Mazarelos, nº 15 (Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Expediente: IN982R 2006/1-2.

Interesada: Fonte Sacra, S.L.

Acto de notificación: resolución de reintegro de subvención.