Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51341

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria desta deputación na zona de influencia do parque de maquinaria en San Cibrao das Viñas.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria da Deputación de Ourense na zona de influencia do parque de maquinaria en San Cibrao das Viñas, cun tipo de licitación de 403.500,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 15 de xaneiro de 2015 no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32 ou por teléfono: 988 31 75 40 e fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da deputación www.depourense.es.

Ourense, 27 de novembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense