Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51248

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3539/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3539/2012 desta sección, seguido por instancia de José Luis Grela Bellón contra Mapfre Industrial, S.A.S., Unión Atalaya, S.L. e Estructuras y Obras de Galicia (Esoga), se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por José Luis Grela Bellón contra o auto do 5 de xaneiro de 2012, do Xulgado do Social número 4 da Coruña, ditada en procedemento executivo conseguinte ao xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Estructuras y Obras de Galicia, Sociedade Limitada, a compañía de seguros Mapfre Industrial, e a entidade mercantil Unión Atalaya, Sociedade Limitada, a sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez (10) días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Unión Atalaya, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2014

A secretaria xudicial