No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 222, do 19 de novembro de 2014, aparecen publicadas integramente as bases e a convocatoria que ten por obxecto a regulación do concurso entre funcionarios deste concello por promoción profesional do posto de xefe de negociado (atención SAC).
As solicitudes presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao alcalde-presidente da Corporación, no prazo de quince días días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello de Cambre (A Coruña).
Cambre, 19 de novembro de 2014
Felipe Andreu Barallobre
Concelleiro delegado da Área de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación