Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2014 pola que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia de incidencias nos expedientes de renda básica de emancipación, trámite de audiencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución as incidencias nos expedientes de renda básica de emancipación, trámite de audiencia.

As persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

A presente resolución remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2014

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Persoas interesadas

DNI

Último enderezo coñecido

Acto notificado

Dependencias para comparecencia

RBE-20015-09

RBE0150010101185009Q

Andrea Varela Saavedra

34891180-L

Rúa Historiado Vedía, 10-2,

15004 A Coruña

Notificación da suspensión preventiva do dereito á renda básica de emancipación

A Coruña

RBE-05915-08

RBE1270010100452008A

Sonia Castro Diéguez

33539128-E

Rúa Rof Codina, 41-1,

27002 Lugo

Notificación da suspensión preventiva do dereito á renda básica de emancipación

Lugo

RBE-23578-09

RBE0360010101526509M

Priscila Salgado Vega

53182705-N

Rúa Doutor Carracido, 98-CS,

36205 Vigo, Pontevedra

Notificación da suspensión preventiva do dereito á renda básica de emancipación

Vigo

A Coruña: rolda de Nelle, 12, bis-1º, 15005 A Coruña. Teléfono: 981 29 48 72.

Santiago de Compostela: Área Central, local 25-Z, 1º andar, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela. Teléfono: 881 03 16 12.

Lugo: avenida Ramón Ferreiro, 28, 27002 Lugo. Teléfono: 982 88 92 60.

Ourense: rúa Valente do Casar, nº 2, baixo, 32003 Ourense. Teléfono: 988 51 15 74.

Pontevedra: rúa Alcalde Hevia, nº 7, baixo, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 56 06. Horario de atención ao público: martes e venres, das 10.00 ás 14.00 horas.

Vigo: praza Maruja Mallo, 1-1º, 36206 Vigo, Pontevedra. Teléfono: 986 49 45 62.