Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51409

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 15 de decembro de 2014 pola que se dispón o cesamento de varios vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída

DISPOÑO:

O cesamento dos seguintes vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra:

– En representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación:

Víctor Nogueira García

– En representación das organizacións empresariais:

Luis Martínez Trigo

Agradecéndolles os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar