Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51570

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

De conformidade co establecido no Decreto 186/2013, do 19 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 30 de decembro), este centro directivo, logo de elaboración pola Comisión Técnica de Procesos Selectivos e posterior negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación e no uso das competencias que lle atribúe o artigo 8 do mencionado decreto e o artigo 4.1.b) da Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve convocar concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, de acordo coas seguintes

Bases

I. Normas xerais.

1.1. Prazas.

1.1.1. Convócase concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a do Servizo Galego de Saúde.

1.1.2. O número de prazas que se convoca neste proceso selectivo é o que se especifica no anexo I, con expresión diferenciada das prazas polo seu sistema de acceso.

1.2. Sistemas de acceso.

As persoas interesadas poderán participar neste proceso selectivo por algún dos seguintes sistemas de aceso: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.

Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Logo de finalizado o prazo de inscrición, non se permitirá ningún cambio na modalidade de acceso.

1.3. Persoas con discapacidade.

1.3.1. De conformidade co establecido na disposición adicional sétima.5) do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 6.2 do Decreto 186/2013, do 19 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2013, do total das vacantes incluídas na oferta reservarase unha cota do 5 % para ser cuberta por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

1.3.2. Cando da aplicación da citada porcentaxe resulten fraccións decimais, arredondarase por exceso para o seu cómputo.

1.3.3. O número de prazas reservadas nesta convocatoria para o acceso de persoas con discapacidade concrétase no anexo I.

1.3.4. Por terse acadado o obxectivo do 2 % a que se refire a disposición adicional sétima.Un do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, as prazas non cubertas por este sistema de acceso acumularanse ás restantes de acceso libre.

1.3.5. No suposto de que algún/algunha aspirante con discapacidade que se tivese presentado pola cota de reserva supere o proceso selectivo e non obteña praza na citada cota, sendo a súa puntuación superior á obtida por outros/as aspirantes da quenda de acceso libre, será incluído/a pola súa orde de puntuación na quenda de acceso libre.

1.3.6. Os/as aspirantes con discapacidade, opten ou non opten por participaren na quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar adaptación de tempo e medios para a realización dos exercicios. Os/as interesados/as, agás causas sobrevidas, deberán formular a correspondente petición concreta na solicitude de participación, na cal deberán reflectir con claridade as necesidades específicas que ten o/a candidato/a para acceder ao proceso de selección en condicións de igualdade, e debe achegar o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade competente, acreditando de forma fidedigna, a/s deficiencia/s permanente/s que deron orixe ao grao de discapacidade recoñecido.

As solicitudes de adaptación serán resoltas polo órgano de selección. Para tal efecto, o tribunal poderá requirir informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos demais órganos competentes. A adaptación non se outorgará de forma automática senón unicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba que se vai realizar.

1.3.7. A fin de garantir a protección da saúde dos/das aspirantes que superen definitivamente o proceso selectivo pola quenda de reserva de persoas con discapacidade, efectuarase unha avaliación inicial da súa saúde que permita adoptar as medidas preventivas e de protección necesarias para evitar que poidan verse afectados/as de xeito singular por algún risco laboral identificado no seu posto de traballo. A dita avaliación será realizada pola unidade periférica de Prevención de Riscos Laborais de referencia para o centro de xestión a que pertenza a praza adxudicada.

1.4. Promoción interna.

1.4.1. De conformidade co establecido no artigo 25.1 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, e o artigo 5.1 do Decreto 186/2013, do 19 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2013, resérvase o 50 % do total das prazas que se convocan para a súa provisión polo sistema de promoción interna.

1.4.2. Cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas, computarase como unha praza que se incluirá nesta reserva.

1.4.3. As prazas da quenda de promoción interna que non sexan cubertas acumularanse ás da quenda de acceso libre.

II. Requisitos.

As persoas interesadas en participar neste proceso deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter ata a toma de posesión como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos comúns para todas as quendas de acceso.

2.1.1. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais concertados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras/es.

c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos/das españois/españolas e dos/das nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea e o dos/das nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os/as seus/súas descendentes e os/as do seu cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.

2.1.2. Idade: ter feitos os dezaseis anos de idade e non exceder a idade de xubilación forzosa legalmente vixente.

2.1.3. Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.

2.1.4. Habilitación: non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a por sanción ou pena para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

2.1.5. Titulación: estar en posesión da titulación que se especifica no anexo I desta resolución ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais ao abeiro do disposto no Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva comunitaria 2005/36/CE, e no Real decreto 459/2010, do 16 de abril.

2.1.6. Aboar as taxas por dereito de exame, de ser o caso.

2.1.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal estatutario fixo da mesma categoría.

2.2. Requisitos específicos.

2.2.1. Persoas con discapacidade.

Ademais dos requisitos anteriores, os/as aspirantes que se presenten pola quenda de persoas con discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

2.2.2. Promoción interna.

As persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais dos requisitos indicados no número 2.1, os seguintes requisitos:

1º. Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría de nivel académico igual ou inferior ao daquela a que se pretende acceder.

2º. Ter estado en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.

Ao persoal integrado no réxime estatutario seralle computado, para os efectos do prazo dos dous anos, o tempo de servizos prestados como funcionario/a de carreira ou laboral fixo.

No suposto de perda dalgún dos requisitos enumerados nesta base, as persoas aspirantes poderán ser excluídas do proceso mediante resolución motivada do órgano convocante.

2.3. Taxas.

2.3.1. Formalización do pagamento das taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, como requisito necesario para participar no proceso selectivo deberase aboar previamente, en concepto de dereitos de exame, o importe de 35,08 € e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo VIII. Tal impreso, así como os códigos para a súa formalización, seranlles facilitados ás persoas interesadas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e estarán dispoñibles, así mesmo, na páxina web do Servizo Galego de Saúde. A falta de presentación deste impreso de autoliquidación, no cal deberá figurar a data e o selo da entidade bancaria, xunto co formulario de inscrición no proceso, determinará a exclusión da persoa aspirante.

Poderase tamén realizar o pagamento da taxa por internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da oficina virtual na páxina web do Cixtec (www.cixtec.es) e premer a ligazón Oficina Virtual-Tributaria (cor azul), entrar en servizos de acceso libre e taxas, prezos, multas e sancións. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o comprobante de ter aboado a taxa (modelo 730), que será o que se presente xunto coa solicitude. Así mesmo, o/a solicitante poderá facer efectivo o pagamento da taxa desde Fides, para o cal se habilita unha ligazón directa ao sistema de pagamento electrónico de taxas da Consellería de Facenda.

En ambos os supostos, a presentación do comprobante de aboamento non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

2.3.2. Exención e bonificación no aboamento da taxa.

Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada:

– Polas persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

– Polas persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso a seguinte documentación:

– Copia compulsada da cualificación de discapacidade,

– Copia compulsada do título oficial de familia numerosa, de carácter ordinario ou especial.

– Certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e da antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego.

2.3.3. Devolución de taxas.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/ás aspirantes excluídos/as que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

2.4. Rexistro electrónico dos requisitos de participación.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán declarar no formulario electrónico de inscrición que reúnen todos os requisitos de participación exixidos nesta convocatoria segundo a quenda de acceso por que opten. Ao formulario electrónico de inscrición accederase a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) no apartado Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE.

2.5. Prazo e procedemento de acreditación dos requisitos de participación.

2.5.1. As persoas aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude de participación e dentro do prazo de presentación de instancias, a seguinte documentación:

1. Fotocopia do NIF/NIE/Pasaporte/Outros.

Os/as aspirantes estranxeiros/as que residan en España deberán, ademais, presentar unha fotocopia cotexada da tarxeta de residente comunitario/a en vigor ou, de ser o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario/a ou de traballador/a comunitario/a fronteirizo/a en vigor.

Os/as aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, que non residan en España, ben por residiren no estranxeiro ou por se atoparen en España en réxime de estadía, deberán presentar unha fotocopia cotexada do documento de identidade ou pasaporte.

Os/as familiares dos/das anteriores deberán presentar unha fotocopia cotexada do visado e, se é o caso, do comprobante de ter solicitado a correspondente tarxeta ou comprobante de ter solicitado a exención do visado e da correspondente tarxeta. Se non solicitaron estes documentos, deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración xurada ou promesa do español/a, do/a nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea e do/da nacional dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, co cal existe este vínculo, de que non está separado/a de dereito do seu/súa cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o/a aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

2. Comprobante de ter aboado os dereitos de exame. As persoas exentas ou con bonificación no pagamento das taxas deberán presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito nos termos exixidos na base 2.3.2.

3. Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na categoría ou a documentación acreditativa de estar en condicións de obtelo, nos termos previstos nos anexos I e V desta resolución.

Deberá presentarse tradución xurada ou equivalente, segundo o disposto no anexo V daqueles títulos que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá achegarse, ademais, o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou recoñecemento.

O/a aspirante non terá a obriga de achegar a documentación acreditativa da titulación cando esta conste como validada (V) en Fides/expedient-e.

2.5.2. As persoas que accedan pola quenda de discapacidade deberán presentar, ademais da documentación anterior, copia compulsada do documento que acredite ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

2.5.3. As persoas que accedan pola quenda de promoción interna non terán que presentar fotocopia do NIF/NIE ou pasaporte.

2.5.4. A falta de acreditación pola persoa interesada dos requisitos de participación determinará a súa exclusión do proceso de selección.

2.5.5. En todo caso, a autoridade convocante reservará para si o dereito a exixir que se acredite convenientemente a existencia ou non dos requisitos de participación e idoneidade dos/das aspirantes en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

III. Méritos.

3.1. Méritos que se valorarán.

Os méritos que se terán en conta na fase de concurso deste proceso serán os recollidos no anexo IV e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Tales méritos deberán estar debidamente rexistrados no sistema informático
Fides/expedient-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada na forma e prazos que se indican nesta convocatoria.

3.2. Rexistro electrónico e acreditación de méritos.

3.2.1. Para o rexistro electrónico dos méritos, os/as aspirantes deberán proceder da seguinte forma:

As persoas interesadas accederán a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) ao expediente electrónico do profesional (Fides/expedient-e) segundo se indica no anexo VI destas bases e comprobarán os datos do seu currículo baremables no proceso de selección que constan rexistrados na aplicación informática, así como o seu estado.

Se non consta ningunha información ou está incompleta, a persoa aspirante rexistrará no sistema os méritos que posúe para os efectos da súa valoración na fase de concurso deste proceso, ata o último día do prazo de presentación de solicitudes, inclusive. Logo de rexistrados electronicamente, deberá imprimir a solicitude de validación, que estará dispoñible na aplicación informática na epígrafe «informe».

A solicitude de validación para este proceso dirixirase a unha unidade de validación das relacionadas no formulario electrónico de inscrición e poderá presentarse ata o último día do prazo de presentación de instancias en rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos que se indican na base 5.2.

3.2.2. Xunto coa solicitude de validación, o/a aspirante deberá achegar a documentación acreditativa dos méritos que figuren pendentes de validación nos termos que se indican no anexo V. Só se admitirá como medio de acreditación o que se indica para cada un dos méritos no indicado anexo.

A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde en que figura cada un dos méritos na solicitude de validación.

3.2.3. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, non se admitirá, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e para os efectos da súa valoración neste proceso, ningunha documentación acreditativa de novos méritos aínda que consten rexistrados no expediente electrónico, agás aquela documentación que, exixida no anexo V e constando documentalmente ter sido solicitada polo interesado ao organismo ou entidade competente no prazo de presentación de solicitudes ou nun momento anterior, esta non fose recepcionada polo/a interesado/a no indicado prazo, suposto en que se admitirá a súa presentación no prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos.

Fóra deste suposto e prazo, non se admitirá a presentación de ningunha documentación acreditativa de novos méritos.

3.2.4. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia solicitasen, mediante a achega da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se atope validado ou pendente de catalogar pola Administración, non terán que presentar novamente a documentación acreditativa de tal/es mérito/s, agás a complementaria que resulte necesaria para a súa actualización.

3.2.5. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia tivesen solicitado, mediante a achega da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se atope pendente de validar, deberán presentar, de ser o caso, dentro do prazo de presentación de solicitudes, a documentación complementaria para acreditar debidamente o mérito nos termos do anexo V.

3.2.6. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia rexistrasen no sistema informático os seus méritos que figuran como pendentes de validar sen que tivesen achegado ningunha documentación acreditativa deles, deberán solicitar a súa validación e acreditar documentalmente a súa posesión nos termos do anexo V dentro do prazo de presentación de instancias para que poidan ser, se é o caso, valorados no dito procedemento.

3.2.7. Non será necesaria a acreditación documental do cumprimento dos seguintes méritos:

– A experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

– A formación recibida e impartida pola Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria.

3.2.8. Os méritos que na data de publicación desta convocatoria figuren como validados en Fides/expedient-e permanecerán no dito estado, agás nos supostos en que se aprecie un erro de validación que obrigue á súa modificación.

Os méritos que non consten rexistrados no sistema informático na data de finalización do prazo de presentación de instancias non serán obxecto de valoración.

3.2.9. A Administración poderá requirir en calquera momento a achega de documentación complementaria acreditativa de calquera requisito ou mérito aínda que conste validado.

3.2.10. Para os efectos deste proceso e sen prexuízo da súa validación e catalogación nun momento posterior, poderán deixarse sen validar e catalogar no expediente electrónico persoal do/da aspirante aqueles méritos que non teñan incidencia na puntuación que se asignará na fase de concurso por ter acadado o/a aspirante, cos méritos xa validados e catalogados, a puntuación máxima na respectiva parte do baremo.

IV. Acreditación do coñecemento da lingua galega.

Para os efectos de resultar exento/a da realización do exercicio de lingua galega, aqueles/as aspirantes de calquera quenda de acceso que estean en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, deberán rexistrar este na epígrafe «idiomas» do expedient-e e achegar copia compulsada del dentro do prazo de presentación da solicitude de participación, salvo que xa conste este título como validado no expedient-e.

As persoas aspirantes que non acheguen a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega nos termos establecidos nesta base deberán realizar o exercicio de lingua galega.

V. Solicitude.

5.1.- Formulario de inscrición

5.1.1. As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo VI, e que, logo de formalizada electronicamente, deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos números 5.2 e 5.3, respectivamente.

5.1.2. Non se admitirán as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura no formulario de participación ou en calquera dos documentos acreditativos dos requisitos de participación.

As modificacións que, con carácter excepcional, resulte necesario que efectúe o/a aspirante nalgún dos datos contidos na solicitude de participación impresa realizaranse mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación a que se dirixa a instancia de participación e no cal se indicará con claridade a modificación que se pretende.

Tal solicitude de modificación deberá presentarse, xunto coa instancia que modifica ou copia desta, a través do procedemento e prazo previstos nas cláusulas 5.2 e 5.3 desta convocatoria.

Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirán as modificacións das solicitudes previamente presentadas.

5.1.3. Os/as aspirantes con discapacidade que o precisen, opten ou non opten por participar na quenda reservada de persoas con discapacidade, deberán sinalar na solicitude as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, de conformidade co establecido na base 1.3.

5.1.4. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

5.1.5. O domicilio que figure nas solicitudes considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do/da aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación ao Servizo Galego de Saúde de calquera cambio nel. O mesmo será aplicable aos outros medios de comunicación posibles, como os teléfonos de contacto e o correo electrónico.

A Administración convocante poderá comunicar a través de Fides/expedient-e, de forma xeral ou individualizadamente, calquera nova que se produza no desenvolvemento do proceso.

5.1.6. Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación exixida na base 2.5, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico que non teña acreditado nos termos da base 3.2 e, se for o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

5.2. Lugar de presentación.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no número tres desta base, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán a seguir ao organismo competente.

5.3. Prazo de presentación.

As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de participación no proceso desde o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de xaneiro de 2015, ambos incluídos.

VI. Admisión de aspirantes.

6.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión, así como os/as aspirantes exentos e non exentos/as da realización do exercicio acreditativo do coñecemento de lingua galega.

6.2. Os/as aspirantes excluídos/as e os/as declarados/as non exentos/as da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión ou a non exención do exercicio de lingua galega.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

6.3. Non se poderá emendar a presentación da solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, así como a listaxe definitiva de exentos e non exentos do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Contra tal resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se recoñeza aos/ás interesados/as a posesión de todos os requisitos exixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación no procedemento.

VII. Tribunais.

7.1. De conformidade co Decreto 186/2013, do 19 de decembro, a composición dos tribunais de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego público do Servizo Galego de Saúde.

7.2. O tribunal cualificador será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sen prexuízo das competencias de ordenación material e temporal propias do órgano convocante, corresponden ao tribunal as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas, a cualificación dos/das aspirantes, a emisión de cantos informes sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento das probas selectivas e a resolución de incidencias.

7.3. O tribunal será único para a categoría. No entanto, o órgano convocante, en atención ao elevado número de aspirantes, poderá nomear unha comisión ou grupo de traballo para realizar as tarefas auxiliares de carácter técnico ou organizativo que lle sexan encomendadas, sen que a súa actuación afecte as competencias e a autonomía do tribunal de selección.

7.4. O tribunal terá a súa sede, para os efectos de comunicacións, envío de documentación ou incidencias, na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, situada en San Lázaro s/n, 15703 de Santiago de Compostela.

7.5. O tribunal estará composto por un número de membros non inferior a cinco, e debe designarse o mesmo número de membros suplentes.

De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo terse esta en representación ou por conta de ninguén.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte do órgano de selección.

Os membros do tribunal terán a condición de persoal funcionario de carreira ou estatutario fixo das administracións públicas ou dos servizos de saúde, ou de persoal laboral fixo dos centros vinculados ao Sistema nacional de saúde, en praza ou categoría para a cal se exixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á exixida para o ingreso.

O tribunal poderá propor ao órgano convocante a incorporación aos seus traballos dos/as asesores/as especialistas ou de apoio que considere oportunos. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse a prestar a súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

7.6. Os/as membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorra neles/as algunha circunstancia das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010 ou realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas da correspondente categoría nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/A presidente/a deberá solicitar dos/as membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos/as nas circunstancias previstas no citado artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común nin nas demais causas de abstención previstas nesta base. Esta declaración deberá ser tamén realizada polos/as asesores/as especialistas previstos e polo persoal auxiliar que o tribunal incorpore aos seus traballos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal e demais persoal colaborador cando concorra neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7.7. A autoridade convocante publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomeen aos/as novos/as membros que teñan que substituír os/as que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

7.8. Logo da convocatoria do/a presidente/a, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes, coa presenza en todo caso do/a presidente/a e do/a secretario/a. Na dita sesión, o tribunal adoptará as decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da maioría dos seus membros, con presenza, en todo caso, do/a presidente/a e do/a secretario/a.

Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá decidir a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

Das sesións realizadas polo tribunal redactaranse as correspondentes actas, que serán asinadas polo/a secretario/a co visto e prace do/a presidente/a.

7.9. Os acordos do tribunal que supoñan para o/a interesado/a a imposibilidade de continuar o procedemento poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992.

7.10. O tribunal que actúe no proceso selectivo terá a categoría primeira das recollidas no Decreto144/2001, de 7 de xuño, actualizado pola Resolución do 20 de xuño de 2008 (DOG núm. 138, do 17 de xullo), segundo o acorde o órgano competente na materia.

VIII. Procedemento de selección.

Procedemento de selección.

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, o sistema de selección será o de concurso-oposición.

8.1. Fase de oposición.

8.1.1. A fase de oposición consistirá na realización dos exercicios que se enumeran no anexo III desta resolución e coa forma e sistema de cualificación descritos.

8.1.2. Unha vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, corresponde ao tribunal establecer os criterios de corrección das probas.

Estes criterios de corrección realizaranse tendo en conta que nos exercicios da fase de oposición que sexan eliminatorios será necesario que os/as aspirantes acaden unha puntuación do cincuenta por cento da puntuación máxima asignada a cada un dos exercicios de tal carácter. O exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos inclusive) terá carácter obrigatorio e non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción dos/das da quenda de promoción interna, que estarán exentos/as da súa realización.

O exercicio que acredita o coñecemento da lingua galega terá carácter obrigatorio non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción dos/das que teñan acreditado posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia ,de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

As respostas incorrectas nos exercicios de tipo test penalizaranse coa puntuación negativa que resulte de aplicar un vinte e cinco por cento da puntuación asignada á resposta correcta.

Os/as aspirantes que non superen ou non obteñan o cincuenta por cento da puntuación fixada como máxima no anexo III no exercicio de carácter eliminatorio resultarán eliminados.

8.1.3. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios tipo test da fase de oposición sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes. Á finalización dos exercicios tipo test entregarase a cada aspirante a folla autocopiativa do seu exame. O modelo coas respostas correctas publicarase con posterioridade na páxina web www.sergas.es.

Facilitarase aos aspirantes o acceso ao cuestionario de preguntas logo da finalización dos exercicios.

8.1.4. Os exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar e á hora que se fixe nunha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que se publicará no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de antelación de cinco días hábiles, ademais de poder ser anticipada para efectos informativos na páxina web www.sergas.es.

De conformidade co establecido no artigo 15 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, poderanse realizar exercicios conxuntos para varias categorías, así como varios exercicios na mesma data para a mesma categoría en unidade de acto e de tempo, mesmo cambiando a orde de realización destes. Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, e queda prohibido o acceso ao recinto de realización das probas con tales dispositivos, constituíndo causa de inadmisión ao chamamento a mera tenza deles.

8.1.5. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos/as coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

8.1.6. Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio nun único chamamento, e serán excluídos/as do concurso-oposición os que non comparezan. En todo caso, para garantir a unidade de acto, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, e da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, o Servizo Galego de Saúde permitirá ás mulleres embarazadas ingresadas no mesmo día do exame facer os distintos exercicios da fase de oposición derivados deste proceso selectivo. Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados nos chamamentos para a realización dos exames, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desprazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificasen e solicitasen no fax da Dirección Xeral de Recursos Humanos 881 542818 ou a través do seguinte enderezo de correo electrónico: Recursos.Humanos@sergas.es, ata con 48 horas de antelación á data de celebración dos exercicios.

8.1.7. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento de que algún/ha dos/as aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos exixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do/a interesado/a, deberá propoñer a súa exclusión á autoridade convocante. Do mesmo xeito, o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades en que puidesen incorrer os/as aspirantes, para os efectos procedentes.

8.1.8. Establécese un prazo único dos cinco días hábiles seguintes á publicación dos modelos provisionais de respostas para que os/as interesados/as poidan presentar reclamación contra os exercicios.

Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións presentadas, anular algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Neste caso serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual que o resto das preguntas do correspondente exercicio.

A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola cal se publiquen as puntuacións provisionais e as respostas definitivas dos distintos exercicios, que se efectuará na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

8.1.9. Tras a publicación das puntuacións provisionais dos exercicios, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo dos cinco días hábiles seguintes ao de devandita publicación, unicamente se existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

8.1.10. Poderá superar a fase de oposición un número de aspirantes superior ao das prazas convocadas na correspondente categoría.

8.1.11. Finalizada na súa totalidade a fase de oposición, publicarase no Diario Oficial de Galicia o acordo de finalización desta fase do proceso.

8.2. Fase de concurso.

8.2.1. De acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro, a valoración da fase de concurso non poderá exceder o corenta por cento da puntuación máxima atinxible no proceso selectivo.

8.2.2. O tribunal poderá requirir, de oficio, dos/das aspirantes ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegurar a máxima obxectividade na adxudicación da puntuación nesta fase de concurso.

8.2.3. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, será publicado pola Dirección Xeral de Recursos Humanos no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nas distintas partes, así como a valoración total da fase de concurso.

Contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.2.4. Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, elevando esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.2.5. O sistema de desempate efectuarase a favor dos/as aspirantes que tivesen a maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto e, de persistir o empate, pola maior puntuación nos exercicios da parte específica e común do programa, por esta orde.

De persistir aínda o empate, dirimirase a favor do/a aspirante con maior puntuación na fase de concurso e, de ser necesario, sucesivamente por cada parte da fase de concurso e pola súa orde. Para rematar, decidirá a maior idade do/a aspirante.

8.2.6. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá ser aplicada para superar a fase de oposición.

IX. Relación de aspirantes seleccionados/as e elección de destino.

9.1.- Os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución prevista no número 8.2.4 para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se for o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/as nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, se non tiver carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.

9.2. Os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deduciza que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

9.3. Comprobada a documentación de todos/as os aspirantes aprobados, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as.

En ningún caso se poderá declarar que superou o concurso-oposición un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas. Tal declaración será nula de pleno dereito.

9.4. Nesta mesma resolución aprobarase a relación, por institución sanitaria, de prazas que se oferten aos/ás aspirantes seleccionados/as e o procedemento e o prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

9.5. De acordo co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, as prazas vacantes que se oferten corresponderán sempre a prazas básicas da correspondente categoría.

9.6. As prazas adxudicaranse entre os/as aspirantes, pola orde de puntuación acadada no concurso-oposición con preferencia a favor dos/as aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna.

9.7. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, de 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo previsto na base 9.1, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá a dita alteración cando se atope debidamente xustificada, e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

9.8. A solicitude que formulen os aspirantes será vinculante e irrenunciable.

9.9. Os/as aspirantes poderán ser representados/as no acto de elección de destino por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

9.10. O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino no prazo e de acordo ao procedemento establecido non poderá ser nomeado/a e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

Neste suposto, a autoridade convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción por elas, logo de acreditación do cumprimento dos requisitos exixidos. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva.

X. Nomeamento e toma de posesión.

10.1. Unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Non poderá ser nomeado persoal estatutario fixo as persoas aspirantes seleccionadas que, no tempo de expedirse o correspondente nomeamento, se encontrasen en situación de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.

10.2. Os/as nomeados/as disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo deste prazo iniciarase o día seguinte ao da publicación a que se refire o número anterior. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/a interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

10.3. A incorporación ás prazas adxudicadas levará unido o cesamento do persoal temporal que, se for o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

XI. Norma derradeira.

11.1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, os tribunais encargados de xulgar o concurso-oposición e os/as que participen nel.

11.2. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais, pola autoridade convocante ou polo órgano encargado da xestión poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

11.3. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I
Prazas e titulacións

Categoría

Grupo

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade

Total

Titulación

Enfermeiro/a

A2

55

63

7

125

Título universitario oficial de grao en enfermaría, diplomatura universitaria de enfermaría ou ATS.

ANEXO II
Programa das probas selectivas

• Parte común.

Tema 1. A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.

Tema 2. Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.

Tema 3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4. A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A estrutura organizativa de xestión integrada: disposicións que a regulan.

Tema 5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.

Tema 7. A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

Tema 8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lexislación sobre igualdade de xénero: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento do tribunal de cualificación.

• Parte específica.

Tema 1. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos.

Tema 2. Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto da autonomía do paciente.

Tema 3. Calidade no Sistema nacional de saúde: características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico-técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e implantación.

Tema 4. Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitativas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fontes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado.

Tema 5. Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de maior incidencia na poboación galega: tipos e características. Sistema nacional de vixilancia epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria.

Tema 6. Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo.

Tema 7. Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia, vulnerabilidade e custo.

Tema 8. Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio emocional e psicolóxico ao paciente, coidador principal e familia.

Tema 9. Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.

Tema 10. Xestión e planificación dos servizos sanitarios: concepto. Organización dos coidados de enfermaría en atención primaria e atención hospitalaria: centro de saúde, comunidade, hospital. Consulta de enfermaría. Coordinación entre niveis asistenciais. Carteira de servizos: concepto.

Tema 11. Atención domiciliaria: concepto e etapas da visita domiciliaria. Coordinación entre atención primaria, atención hospitalaria e servizos sociais. Programas específicos de atención domiciliaria: programas de atención a pacientes inmobilizados e terminais.

Tema 12. Marco conceptual e modelos de enfermaría: xeneralidades. Teoría das necesidades humanas: concepto. Teoría de autocoidado: concepto. Proceso de atención de enfermaría (PAE): etapas do PAE. Plan de coidados enfermeiros: concepto e estrutura. Diagnósticos de enfermaría: concepto e tipos de taxonomía.

Tema 13. Sistemas de información utilizados en atención primaria e atención hospitalaria: historia clínica. Rexistros específicos de actividade de enfermaría en atención primaria e atención hospitalaria. Informe de enfermaría no momento da alta hospitalaria o do ingreso. Clasificacións internacionais de problemas de saúde (CIAP-2, CIE-9 e NANDA): características xerais.

Tema 14. Prevención da enfermidade e promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Programas de saúde: definición. Factores de risco para a saúde nas distintas etapas da vida (infancia, adolescencia, adulto e ancián): identificación de factores de risco e coidados de enfermaría. Inmunizacións: concepto. Clasificación e tipos de vacinas. Contraindicacións. Complicacións. Conservación, administración e pautas de vacinación.

Tema 15. A educación para a saúde individual, grupal e comunitaria: concepto, metodoloxía e técnicas didácticas. Técnicas de educación para a saúde para o fomento do autocoidado e promoción da saúde do paciente, coidador principal e familia.

Tema 16. Hixiene en centros sanitarios: conceptos xerais. Antisépticos. Desinfectantes. Esterilización. O servizo de esterilización. Preparación e tipos de material para esterilizar, métodos de esterilización. Manipulación e conservación do material estéril. Infección nosocomial. Medidas preventivas. Illamento hospitalario: concepto, tipos e descrición. Xestión de residuos sanitarios.

Tema 17. Desenvolvemento da conduta humana: etapas do desenvolvemento. Tipos de personalidade. Hábitos. Motivación. Factores socioculturais: a súa incidencia na saúde. O hospital e os problemas psicosociais e de adaptación do paciente hospitalizado. Valoración de enfermaría do comportamento humano e a súa aplicación nos coidados de enfermaría.

Tema 18. Sexualidade. Reprodución. Métodos anticonceptivos. Menopausa. Prevención de enfermidades de transmisión sexual. Interrupción voluntaria do embarazo.

Tema 19. Valoración e coidados de enfermaría na muller xestante: eliminación, hixiene e cambios fisiolóxicos. Educación maternal. Problemas máis frecuentes durante a xestación. Valoración e coidados de enfermaría na puérpera: cambios fisiolóxicos e psicolóxicos. Lactación natural.

Tema 20. Valoración e coidados de enfermaría do neno san de 0 a 14 anos. Probas metabólicas. Etapas do desenvolvemento infantil. Parámetros de desenvolvemento e crecemento. Resposta evolutiva. Medidas para o fomento da saúde nas diferentes etapas: hixiene, alimentación e nutrición, dentición. Hixiene e saúde bucodental: prevención da carie. Prevención de accidentes infantís. Detección de malos tratos. Vacinación na infancia.

Tema 21. Valoración e coidados de enfermaría do neno enfermo. Neonato de baixo peso e prematuro. Crises convulsivas nos nenos. Insuficiencia respiratoria aguda. Problemas gastrointestinais agudos. Deshidratación. Outros problemas máis frecuentes. Procedementos e técnicas de enfermaría. Problemas derivados do ingreso do neno no hospital.

Tema 22. Valoración e coidados de enfermaría nos pacientes con procesos infectocontaxiosos: hepatite, tuberculose, SIDA e meninxite. Outros procesos infecciosos. Procedementos e técnicas de enfermaría. Medidas de prevención e control.

Tema 23. Valoración e coidados de enfermaría no ancián. Principais cambios no proceso de envellecemento: fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais. Prevención de accidentes e deterioración cognitiva. Hábitos dietéticos. Orientación para o autocoidado. Principais problemas. Valoración da situación familiar e social.

Tema 24. Valoración e coidados de enfermaría no enfermo terminal. Principais problemas. Dor: características e escalas de medida. Dó: tipo e manifestacións. Apoio ao coidador principal e familia.

Tema 25. Valoración e coidados de enfermaría ás persoas con problemas de saúde mental: Alzheimer e outras demencias. Outras alteracións psíquicas. Prevención e control ante o risco do suicidio. Valoración da situación familiar e social. O apoio ao coidador principal e familia. Drogodependencias. Plan de transtornos adictivos de Galicia.

Tema 26. Valoración e coidados de enfermaría ante situacións críticas: politraumatizados, queimados, shock, intoxicacións. Parada cardiorrespiratoria: definicións e medidas de actuación. Reanimación cardiopulmonar básica e avanzada. Urxencias e emerxencias: concepto.

Tema 27. Clasificación xeral dos medicamentos. Absorción e eliminación dos fármacos. Toxicidade e efectos colaterais. Farmacovixilancia. Condicións de conservación dos medicamentos.

Tema 28. Administración de medicamentos. Precaucións previas á administración dun fármaco. Vías de administración: definición e tipos. Puntos de elección, técnicas e problemas máis frecuentes. Cálculo de doses.

Tema 29. Alimentación e nutrición: concepto e diferenciación. Clasificación dos alimentos. Elaboración de dietas. Dietas terapéuticas. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas de desnutrición, deshidratación, anorexia, bulimia, obesidade e sobrepeso.

Tema 30. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con nutrición enteral e parenteral. Técnicas de administración. Protocolos de actuación.

Tema 31. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas neurolóxicos: accidente cerebrovascular, epilepsia. Outros problemas do sistema nervioso. Procedementos e técnicas de enfermaría.

Tema 32. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas respiratorios: insuficiencia respiratoria aguda, enfermidade pulmonar obstrutiva crónica. Outros problemas broncopulmonares. Procedementos de enfermaría: oxixenoterapia e outras técnicas.

Tema 33. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas cardiovasculares: insuficiencia cardíaca, infarto de miocardio, hipertensión arterial. Outros problemas cardiovasculares. Procedementos e técnicas de enfermaría.

Tema 34. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas no sistema renal: insuficiencia renal aguda. Outros problemas renais e urolóxicos. Procedementos e técnicas de enfermaría. Cateterismo vesical: concepto, indicacións e contraindicacións da sondaxe vesical.

Tema 35. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas endocrinolóxicos: diabetes. Outros problemas. Procedementos e técnicas de enfermaría.

Tema 36. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas no sistema músculo-esqueléticos. Principais problemas do aparello locomotor. Procedementos de enfermaría: vendaxes, inmobilizacións e outras técnicas.

Tema 37. Valoración e coidados de enfermería en persoas con problemas gastrointestinais: abdome agudo, úlcera gastroduodenal. Outros problemas gastrointestinais. Procedementos e técnicas de enfermaría.

Tema 38. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas dos órganos dos sentidos: principais problemas. Procedementos e técnicas de enfermaría.

Tema 39. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas oncolóxicos: principais problemas. Procedementos e técnicas de enfermaría. Medicamentos antineoplásicos: clasificación e efectos secundarios. Medicamentos coadxuvantes. Manipulación de medicamentos citostáticos.

Tema 40. Valoración e coidados de enfermaría do paciente cirúrxico: preoperatorio, intraoperatorio e poscirúrxico. Cirurxía maior ambulatoria e cirurxía menor en atención primaria. Procedementos de enfermaría: drenaxes, curas e outras técnicas.

Tema 41. Valoración e coidados de enfermaría nas feridas crónicas e agudas (úlceras por presión, lesións cutáneas por humidade, úlceras en membros inferiores, úlceras neoplásicas, feridas traumáticas, queimaduras, cirúrxicas): concepto, factores de risco, localización. Procesos de formación e estadios. Escalas de valoración de risco. Medidas de prevención e tratamento.

ANEXO III
Exercicios

1º exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:

1. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de contido teórico da parte específica do programa.

2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.

As respostas correctas puntuaranse positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50 % do valor deste.

2º exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa do anexo II (temas 1 ao 8, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

3º exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuaranse positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega), aos cales se lles asignarán 5 puntos.

ANEXO IV
(Baremos)

1. Formación: 20 % (8 puntos).

1.1. Académica:

a) Estudos da correspondente diplomatura ou grao:

Plan antigo:

– Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

– Por cada sobresaliente: 1 punto.

– Por cada notable: 0,5 puntos.

Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Plan novo:

A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:

0,5 Cn + 1 Cs + 1,5 Cmh

________________________

Ca + Cn + Cs + Cmh

As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos cales, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración.

A puntuación resultante expresarase con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

b) Posgrao.

1. Pola realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou pola realización do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA): 1,5 puntos.

2. Título de doutor/a no ámbito das ciencias da saúde: 5 puntos.

3. Premio extraordinario de doutoramento no ámbito das ciencias da saúde: 0,5 puntos.

4. Máster universitario oficial, máster universitario –título propio, experto universitario, especialista universitario no ámbito das ciencias da saúde:

4.1. En caso de estar computado en créditos ECTS:

Título oficial: 0,05 puntos/crédito.

Título propio: 0,025 puntos/crédito.

4.2. En caso de estar computado en horas:

Título oficial: 0,005 puntos/hora.

Título propio: 0,0025 puntos/hora.

A titulación de máster debe ser rexistrada polo/a aspirante en Fides/expedient-e no epígrafe de formación continuada recibida/máster.

As alíneas b.1) e b. 2) son excluíntes entre sí.

c) Docencia universitaria impartida no ámbito das ciencias da saúde: 0,5 puntos/curso académico, ata un máximo de 3 puntos.

1.2. Continuada:

a) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta, acreditados por algún dos seguintes:

a) Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde, créditos CFC.

b) Consello Internacional de Enfermaría (CIE), créditos CIFCE.

c) European Accreditation Council for CME (EACCME), «Créditos ECMEC», «Créditos de la EACCME» ou «Créditos CME de la UEMS».

d) American Medical Association, créditos AMA PRA categoría 1.

b) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

c) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

– Por crédito CFC: 0,30 puntos.

– Por hora, crédito CIFCE, ECMEC ou AMA PRA categoría 1: 0,030 puntos.

A puntuación que se outorgará aos/ás aspirantes que impartiran cursos de formación continuada será de 0,060 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste.

Só se valorarán os cursos de formación realizados con posterioridade á obtención do título exixido para o acceso á categoría a que se opta.

Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse en todas as categorías, con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso a estas, cunha puntuación máxima de 4 puntos.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios, talleres ou similares, agás que estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica.

2. Experiencia: 70 % (28 puntos).

– Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,30 puntos/mes

– Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia doutras administracións públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional ou en postos das clases de diplomados sanitarios da escala de saúde pública e administración sanitaria ou equivalentes doutras administracións públicas de España/Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,15 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,10 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,05 puntos/mes.

Para estes efectos, terán a consideración de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional os servizos prestados nas categorías de licenciado sanitario, diplomado sanitario, sanitario de formación profesional, traballador/a social, celador/a e persoal de servizos xerais.

• Normas xerais de valoración.

Primeira.

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada parte do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, despreciando os decimais.

En ningún caso a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes.

En ningún caso un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintas partes do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas no devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Segunda.

A experiencia profesional valorarase a partir da data de superación do período formativo conducente á obtención do título exixido para o acceso á categoría.

Terceira.

Os servizos prestados durante o período en que se desfrute dunha redución de xornada para o coidado de familiares serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando nun mesmo período a/o interesada/o acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa.

O período de formación para a obtención do título de especialista non poderá ser valorado como tempo de servizos prestados.

Os períodos de permiso sen soldo, así como a permanencia en situación de servizos especiais, valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados para os efectos deste baremo.

Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais na dita categoría.

3. Outras actividades: (10 %) (4 puntos).

– A) Polo título dunha ou varias especialidades de enfermería recoñecidas na normativa vixente, que non sexan requisito para o acceso á categoría en que se participa: 2 puntos.

– B) Polo título dunha ou varias titulacións sanitarias recoñecidas no artigo 7 da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, que non sexan requisito para o acceso á categoría en que se participa: 1 punto.

– C) Por traballos científicos e de investigación no ámbito das ciencias da saúde, apreciados libremente polo tribunal conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

C.1) Revistas científicas.

As publicacións deben pertencer a revistas científicas indexadas no CSIC (ICYT, ISOC), IBECS, Pubmed, Web of Knowledge (Wos), Embase, PsycINFO, CINAHL ou nalgunha das revistas indexadas en CUIDEN que se relacionan no anexo VII. Non serán obxecto de valoración as publicacións realizadas en revistas non indexadas nas bases de datos referidas.

– Os artigos científicos (orixinal, orixinal breve, revisión sistemática e metaanálise) ponderaranse da seguinte forma, conforme o seu factor de impacto do Journal Citation Reports (JCR), vixente na data de publicación da convocatoria:

• Primeiro cuartil: 0,40 puntos.

• Segundo cuartil: 0,25 puntos.

• Terceiro e cuarto cuartil: 0,15 puntos.

• Revista indexada sen factor de impacto: 0,05 puntos.

– Outro tipo de publicacións (editoriais, cartas ou artigos de opinión, técnicas e procedementos):

• Primeiro cuartil: 0,10 puntos.

• Segundo cuartil: 0,05 puntos.

• Terceiro e cuarto cuartil: 0,02 puntos.

No suposto de que á revista se lle atribúan diferentes cuartiles en función da/s especialidade/s, asignarase sempre o cuartil máis alto.

– Non serán obxecto de valoración as notas clínicas, resumos de comunicacións e casos clínicos.

C.2) Libros ou capítulos de libros.

– Capítulo de libro: 0,10 puntos.

– Libro completo: 0,30 puntos.

Só terán a consideración de libro aquelas publicacións cun mínimo de 49 páxinas. Para a súa valoración, a publicación debe estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Non terán a consideración de libro aínda que adopten esta forma de edición as actas de congreso.

Por non reuniren a condición de traballo científico e de investigación non serán obxecto de valoración os libros/capítulos editados como glosario, anuario, manuais de preparación para o acceso á formación sanitaria especializada e ao emprego público, cursos de formación continuada, protocolos de servizo, libros de casos clínicos, sesións interhospitalarias e demais que así aprecie o respectivo órgano de selección.

Por ser obxecto de valoración tal mérito noutra parte do baremo, non se lle asignará ningunha puntuación nesta epígrafe ás publicacións de teses de doutoramento.

Non serán obxecto de valoración as autoedicións e/ou autopublicacións, entendendo por tales aquelas publicacións financiadas ou promovidas por algún dos seus autores ou nas cales este figure como editor.

No suposto de libros ou capítulos de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación que, da documentación presentada pola/o aspirante quede suficientemente acreditada a participación concreta nela. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación en que interveñen un mínimo de catro autores.

Normas comúns de valoración de libros e revistas.

– En ningún caso un mesmo contido determinado e obxectivable publicado baixo diferentes formas e en diferentes publicacións poderá ser obxecto de máis dunha valoración.

– Non serán obxecto de valoración as publicacións de carácter divulgativo.

Para os efectos deste baremo, non terán a consideración de autor da publicación o coordinador, director e outros colaboradores.

D) Por cada premio de investigación outorgado a traballos de investigación orixinais publicados, premios a comunicacións en congresos científicos e premios de recoñecido prestixio a traxectorias científicas, outorgados por sociedades científicas, organismos oficiais ou entidades sen ánimo de lucro debidamente rexistradas entre cuxos fins se encontre a investigación, ata un máximo de 1 punto.

– Premio de ámbito internacional: 0,20 puntos.

– Premio de ámbito nacional: 0,10 puntos.

E) Participación en proxectos de investigación.

Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación financiados por organismos públicos:

a. Como investigador principal:

i. Proxectos internacionais: 2 puntos.

ii. Proxectos nacionais: 1 punto.

iii. Proxectos autonómicos: 0,30 puntos.

b. Como investigador colaborador:

i. Proxectos internacionais: 1 punto.

ii. Proxectos nacionais: 0,30 puntos.

iii. Proxectos autonómicos: 0,10 puntos.

Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación en convocatorias competitivas financiados por organismos privados nacionais ou internacionais:

iv. Como investigador principal: 0,30 puntos.

Para os efectos deste baremo, os proxectos de investigación non competitivos non serán baremables.

Non se considerará parte do equipo investigador o persoal contratado a cargo do proxecto nin as colaboracións puntuais nel.

F) Estadías formativas en centros de investigación nacionais ou estranxeiros: 0,05 puntos/mes completo.

Para os efectos deste proceso selectivo teñen a condición de centros de investigación os centros receptores en que os profesionais desenvolvan actividades de investigación, trátese de centros do SNS, universidades, organismos públicos de investigación (OPIS) e, en xeral, calquera centro de investigación dependente da Administración pública española ou estranxeira que conte con grupos de investigación de traxectoria acreditada en biomedicina e ciencias da saúde.

G) Patentes:

– Solicitada e aceptada: 1 punto.

– En explotación: 2 puntos.

H) Por ter completado o Programa de formación en investigación «Río Hortega» para profesionais que teñan finalizado a súa formación sanitaria especializada: 1 punto.

Este mérito debe ser rexistrado electronicamente polo/a aspirante en Fides/expedient-e, na epígrafe «outros méritos».

ANEXO V
Procedemento de acreditación de méritos

a) Formación académica

Acreditarase, segundo o suposto, mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou certificación da respectiva universidade, debidamente asinado, que deixe constancia de cada un dos méritos invocados polo aspirante e data en que foron causados. No relativo aos cursos de doutoramento, para que o dito mérito poida ser obxecto de valoración, a certificación que se achegue deberá deixar constancia expresa de que o/a aspirante realizou todos os cursos de doutoramento e indicar o programa e créditos obtidos. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro (UE) achegarase xunto coa copia compulsada do título unha tradución xurada del ou equivalente e credencial de recoñecemento da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

As titulacións obtidas no estranxeiro (non UE) deberán acreditarse coa achega da copia compulsada do título, a tradución xurada del ou equivalente e documento de homologación ou validación expedido polo Ministerio de Educación Español.

O expediente académico e cualificacións obtidas requiren, para a súa valoración, a presentación da certificación de recoñecemento ou equivalencia oficial.

Supostos específicos.-

a) A acreditación da formación máster efectuarase mediante orixinal ou copia compulsada do título ou certificación da universidade en que conste ter sido superada polo/a aspirante a formación conducente á obtención do referido título, datas de realización e o número de horas ou créditos ECTs asignados á dita actividade formativa.

Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo nos supostos en que non quede suficientemente acreditada a relación do seu contido co ámbito das ciencias da saúde.

b) A docencia universitaria impartida acreditarase mediante certificación da respectiva universidade en que se fará constar expresamente o cargo docente, tipo de vinculación, departamento ou área de coñecemento en que se impartiu a docencia e datas de inicio e fin da vinculación.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado o mérito.

b) Formación continuada

a) Recibida: acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do certificado de asistencia ao curso en que deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu a dita actividade formativa, as datas de realización, o contido do curso e número de créditos e/ou horas asignados. Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo ou categoría/s destinatarias.

No suposto de cursos acreditados pola Comisión Nacional ou autonómica de Formación Continuada deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu a dita actividade formativa, o título da actividade formativa, as datas de realización, o número de créditos e/ou horas asignados, o logotipo da respectiva comisión e, ademais, o número de expediente se se trata de actividades formativas posteriores a abril de 2007.

Normas específicas para a formación en liña. Valoraranse aqueles diplomas de cursos en liña en que conste o número de créditos, o número de expediente e o logotipo da Comisión de Formación Continuada. Non será necesario que conste o número de expediente se se trata de cursos anteriores a abril de 2007.

Serán válidos, ademais, aqueles diplomas asinados dixitalmente por Digital Learning cun certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) así como aqueles que se poidan referenciar a unha web verificable ou cotexable polo órgano de selección. Noutro suposto deberá achegarse certificación orixinal asinada polo órgano que impartiu a actividade formativa, que conterá toda a información exixida nesta epígrafe.

No suposto de formación en liña con desenvolvemento nun rango de datas, será válida a formación que conste superada dentro das ditas datas.

Valoraranse os módulos ou partes integrantes dun curso nos supostos en que quede debidamente acreditada a carga lectiva e horas/créditos asignados de forma diferenciada.

Non se valorarán nesta epígrafe os cursos/módulos que sexan parte dunha titulación de formación académica.

O órgano de selección reserva para si o dereito de poder exixir ao aspirante calquera documentación complementaria e/ou rexeitar calquera certificado en liña cando existan dúbidas razoables sobre a súa autenticidade.

b) Impartida: acreditarase mediante certificación do organismo ou entidade convocante en que deberá constar o contido da actividade formativa, así como o número de horas de docencia impartidas.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito

c) Experiencia profesional

A experiencia profesional en institucións públicas acreditarase mediante certificación emitida pola dirección de recursos humanos do centro ou órgano equivalente en que deberá constar a seguinte información: categoría/especialidade, tipo de vínculo (fixo, temporal, atención continuada, formación, promoción profesional temporal), réxime xurídico de vinculación (laboral, funcionario, estatutario), data de inicio e fin de cada unha das vinculacións/nº de horas no suposto de vínculos de atención continuada, total de días de vinculación, réxime de xornada (xornada completa, tempo parcial).

A experiencia profesional en centros privados acreditarase mediante certificación da empresa en que deberá constar a información arriba indicada ou contrato laboral. En ambos supostos, xunto coa citada documentación deberá achegarse un informe de vida laboral emitido polo INSS.

No suposto de institucións sanitarias públicas, tal certificación deberá facer constar constar expresamente a natureza pública da institución e a súa integración no sistema sanitario público do Estado respectivo. Noutro caso a experiencia profesional non será obxecto de valoración.

No suposto de institucións sanitarias privadas concertadas deberá quedar debidamente acreditada no certificado a existencia dun concerto co respectivo servizo de saúde autonómico ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea nos períodos de vinculación. Noutro suposto tal mérito non será valorado.

No suposto de institucións sanitarias privadas acreditadas para a docencia, deberá quedar debidamente acreditado no certificado que se achegue a condición de institución acreditada no ámbito do SNS ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea para a formación de especialidades de profesións sanitarias.

Non será necesario acreditar documentalmente a experiencia profesional nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, así como a condición de centro concertado co Servizo Galego de Saúde.

d) Publicación de traballos científicos e de investigación

Revistas científicas indexadas en Pubmed. Non será necesaria a súa acreditación documental. O/a aspirante consignará na aplicación informática, no espazo habilitado para o efecto, o código de identificación PMID e rexistrará manualmente a información relativa a número de sinaturas, número de orde de sinaturas e tipo de publicación. O sistema realizará a captura automática da información relativa aos outros campos da base de datos de Pubmed para a súa posterior validación.

Revistas científicas indexadas no CSIC (ICYT, ISOC), IBECS, Web of Knowledge (Wos), Embase, PsycINFO, CINAHL e CUIDEN. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa compulsada ou autenticada pola editorial responsable ou organismo público con competencias en xestión e arquivamento de publicacións. Na certificación ou copia impresa deberá constar o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

Libros/capítulos de libro editados en papel. Deberá achegarse copia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, editorial, o seu depósito legal e/ou ISBN/NIPO, lugar e ano de publicación e índice da obra. Ademais, deberá quedar acreditado o número de páxinas do libro/capítulo e que tal publicación está avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivamento de publicacións, na cal se fará constar a autoría do capítulo e demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso). Tal publicación deberá estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

e) Premios de investigación

Acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do diploma de concesión. Se no diploma non consta expresamente o seu ámbito, deberá complementarse tal documentación coa achega das bases de convocatoria do premio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

f) Proxectos de investigación

A participación como investigador principal no proxecto de investigación acreditarase mediante copia da publicación oficial da resolución de convocatoria, sempre que consten os datos necesarios para identificar o proxecto e o investigador, ou certificado de participación expedido polo organismo financiador, no cal consten os datos identificativos do interesado e do proxecto en que participa.

A participación como investigador colaborador acreditarase mediante a presentación da copia de resolución de convocatoria se nela consta tal participación. O/a aspirante deberá constar como parte do equipo investigador definido no documento de solicitude do proxecto ou en documento posterior que así o acredite no caso de que haxa cambios no equipo investigador ao longo da súa vixencia.

No suposto de que o organismo convocante non expida certificados de participación, deberá achegarse certificado asinado polo investigador principal en que conste a identidade do/s colaborador/es, notificación acreditativa de concesión do proxecto ao investigador principal expedida polo organismo e copia do proxecto orixinal enviado a convocatoria en que deberá constar a identidade dos investigadores colaboradores.

g) Estadías formativas

Acreditaranse mediante certificación do responsable da estadía (director do centro) en que se faga constar o obxecto da estadía e as datas de inicio e fin.

Non serán tidas en conta as rotacións externas realizadas, se for o caso, durante o período formativo dunha especialidade.

h) Patentes

As patentes solicitadas e aceptadas acreditaranse coa inscrición no Rexistro de Patentes.

As patentes que se encontren en explotación acreditaranse coa achega do acordo de explotación da patente

i) Programa de formación en investigación «Río Hortega»

Este mérito deberá ser rexistrado electronicamente polo/a aspirante en Fides/expedient-e na epígrafe de «outros méritos».

Acreditarase este mérito mediante contrato de traballo asinado entre o candidato e a entidade beneficiaria, xunto ao cal se achegará informe de vida laboral expedido polo INSS

j) Compulsa de documentos

As copias dos documentos orixinais acreditativos de méritos que se acheguen deberán estar cotexadas polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsadas por notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións.

k) Tradución de documentos

Os títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español deberán acompañarse da súa tradución para o castelán ou galego, que deberá ser efectuada:

a) Por tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

b) Por calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

c) Pola representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán/cidadá o/a solicitante ou, de ser o caso, do de procedencia do documento.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida.

ANEXO VI
Instrucións de acceso ao expediente electrónico (Fides)

A Oficina Virtual do Profesional (Fides) constitúe o punto de encontro telemático entre o Servizo Galego de Saúde e os/as profesionais con que mantén unha vinculación, así como coas persoas aspirantes e profesionais doutros servizos de saúde que participen nos procesos de selección e provisión de prazas convocados por este organismo, configurándose como a plataforma de acceso ao expediente electrónico do/da profesional ou aspirante.

O acceso a Fides, poderase realizar desde:

– Internet (profesionais do Servizo Galego de Saúde e procedentes doutros servizos autonómicos de saúde).

– A Intranet do Servizo Galego de Saúde (só dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, e desde equipamentos informáticos situados fisicamente na rede corporativa).

1. Acceso desde a internet.-

1.1. Acceso desde a internet con certificado dixital.

Os profesionais do Servizo Galego de Saúde, así como os que procedan doutro servizo de saúde autonómico, poderán acceder desta forma a Fides a través do enderezo http://Fides.sergas.es.

É requisito indispensable dispoñer dun certificado dixital para acceder a través desta vía. Os certificados aceptados son os expedidos pola FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) e o DNI electrónico (DNIe).

Para obter o certificado dixital expedido pola FNMT será preciso solicitalo a través da internet (no enderezo www.cert.fnmt.es), ou ben en calquera oficina da Axencia Tributaria (Ministerio de Economía e Facenda).

Se o usuario xa dispón dunha tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico, esta xa contén un certificado da FNMT, polo que non será necesario solicitar un novo. De feito, a solicitude dun novo certificado inhabilitará o que existe na tarxeta sanitaria.

Pola súa parte, o DNI electrónico (DNIe) poderase solicitar nas oficinas da Dirección Xeral da Policía.

Para a identificación do usuario mediante tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico ou a través do DNI electrónico, será preciso, con carácter xeral, dispoñer dun lector de tarxetas. Non se requirirá lectora de tarxetas unicamente no suposto de dispoñer dun certificado dixital da FNMT instalado no propio equipamento.

Os/as usuarios/as poderán solicitar información e obter asesoramento sobre a acreditación electrónica nos PAE (punto de acreditación electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros sanitarios de atención especializada e atención primaria do organismo.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os/as profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde, así como aqueles profesionais procedentes doutros servizos de saúde que nalgún momento do pasado tivesen algún tipo de vinculación co citado organismo, serán, tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo, así como ao resto de funcionalidades existentes na Oficina Virtual do Profesional (Fides).

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nunca tiveron un vínculo co Servizo Galego de Saúde serán, tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo.

A primeira vez que un profesional acceda con certificado dixital a Fides, solicitaráselle que cubra un formulario de alta con datos básicos.

1.2. Acceso desde a internet sen certificado dixital

O acceso a Fides desde a internet sen certificado dixital efectuarase a través da dirección http://Fides.sergas.es.

Esta forma de acceso non estará habilitada para aqueles profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde. Unicamente os profesionais que tiveron no pasado algún vínculo laboral co Servizo Galego de Saúde ou aqueles que nunca mantiveron relación profesional con este organismo poderán elixir esta forma de acceso ao sistema.

Por motivos de seguridade e de protección de datos, este tipo de acceso ten limitadas as funcionalidades do servizo ás cales se pode acceder. Así, aínda sendo posible acceder a determinados servizos, resulta recomendable optar polo acceso mediante certificado dixital, por resultar o método que ofrece as debidas garantías en canto á seguridade dos datos e que permite o acceso a todas as funcionalidades de Fides.

Para acceder sen certificado dixital é necesario solicitar unha conta de usuario, formada por un identificador único e un contrasinal secreto. Os pasos para conseguir unha conta de usuario son os seguintes:

– Paso 1: desde a pantalla principal de Fides, na epígrafe de «acceso sen certificado», premer na ligazón de acceso ao proceso de rexistro.

– Paso 2: cubrir debidamente o formulario e aceptar as condicións de uso. Neste formulario realizarase unha serie de preguntas en función de se se tivo ou non algunha vez algún tipo de vinculación co Servizo Galego de Saúde, que haberá que responder correctamente para consolidar con éxito o proceso de alta.

No caso de non responder correctamente as preguntas, o sistema enviará ao correo electrónico do usuario indicado no formulario un código que o interesado terá que presentar persoalmente nun dos PAE (punto de acreditación electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros do organismo, xunto cun documento de identificación válido.

No caso de finalizar o proceso de alta correctamente, enviarase unha mensaxe de confirmación ao interesado, ao enderezo de correo electrónico indicado no formulario, e tras a confirmación por parte do usuario, unha segunda mensaxe vía e-mail cos datos de acceso a Fides.

– Paso 3: cubrir os recadros de usuario e contrasinal de Fides, na epígrafe de «acceso sen certificado». A primeira vez que accedamos a Fides tras o proceso de alta, o sistema solicitaranos que cambiemos o contrasinal por motivos de seguridade.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nalgún momento do pasado tivesen algún vínculo co Servizo Galego de Saúde serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como a inscrición electrónica no concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo. A través deste tipo de acceso, non se poderá acceder ao resto de funcionalidades de Fides que, pola contra, si están dispoñibles no acceso con certificado dixital.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nunca tiveron un vínculo laboral co Servizo Galego de Saúde, serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como a inscrición electrónica no concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo.

2. Acceso desde a intranet do Servizo Galego de Saúde.

Esta vía só estará dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e desde equipamentos informáticos situados físicamente na rede corporativa do citado organismo.

Os/as profesionais cun vínculo activo terán, mediante este sistema, acceso á totalidade de servizos e funcionalidades de Fides, incluído o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados.

O acceso a Fides realizarase mediante o código de usuario e contrasinal que os/as profesionais en activo xa teñen asignado e utilizan habitualmente para acceder ao resto de funcionalidades do sistema.

3. Manual de instrucións de acceso e funcionamento do expediente electrónico e validación da documentación.

Na sede electrónica do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) figura á disposición dos concursantes un manual de instrucións sobre o acceso e funcionamento do expediente electrónico, os diferentes estados en que se pode atopar a información relativa aos seus méritos e normas de validación da documentación que se debe achegar.

4. Caixa de correo electrónico.

Para efectuar as consultas e resolver as dúbidas que xurdan en relación con este procedemento, habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es.

ANEXO VII
Revistas incluídas en CUIDEN

Título da revista

Abreviatura

ISSN

ACTA Paulista de Enfermagem

Acta Paul Enferm -Bra-

0103-2100

Anales de la Escuela Universitaria de Ciencias de la Salud de Zaragoza

Anal Cienc Salud

1139-7101

Aquichán

Aquichán

1657-5997

Archivos de la Memoria

Arch Memoria

1699-602X

Avances en Enfermería

av.enferm. -Col-

0121-4500

Biblioteca Lascasas

Biblioteca Lascasas

1885-2238

Boletín Informativo de la Sociedad Española de Enfermería en Cardiología

AEC

1134-8054

Boletín Informativo de la Sociedad Española de Enfermería Nefrológica

BISEDEN

1131-4710

Ciber Revista: enfermeriadeurgencias.com

Ciber Revista -Esp-

1579-5527

Ciencia y Enfermería

Cienc enferm -Chi-

0717-2079 ISSN

0717-9553 (online)

Ciência, Cuidado e Saúde

Ciência, Cuidado e Saúde

1677-3861

Clinical Effectiveness in Nursing

CEIN

1361-9004

Clínicas de Enfermería de Norteámerica

Clin Enferm Norteamérica

968-25-1751-6

Cogitare Enfermagem

Cogitare Enferm

1414-8536

Comunicación Enfermera

Comunic Enferm

1135-4259

Cuestiones de Fisioterapia

Cuest Fisiot -Esp-

1135-8599

Cuidando la Salud

Cuid Salud

1696-1005

Cultura de los Cuidados

Cul Cuid

1138-1728

Cultural Dynamics

CD

0921-3740

Desarrollo Científico de Enfermería

Desarrollo Científ Enferm -Méx-

1405-0048

e-ducare21. Revista electrónica de formación enfermera

Educare21 -Esp-

1696-820 (-2005) 14582-214 (2006)

EGEH. Enfermería en Gastroenterología y Hepatología

EGEH

1578-4533

Enfermagem em Foco

Enferm Foco

2177-4285

Enfermería Actualidad

Enferm Actualidad

1135-4097

Enfermería Científica

Enferm Científ

0211-9005

Enfermería Clínica

Enferm Clínica

1130-8621

Enfermería Comunitaria. Revista internacional de cuidados de salud familiar y comunitaria

Enferm Comunitaria (Gran)

1699-0641

Enfermería Docente

Enferm Docente -Esp-

1131-2335

Enfermería en Anestesia-Reanimación y Terapia del dolor

Enferm Anest

1579-8240

Enfermería en Cardiología

Rev Enferm Cardiol

1575-4146

Enfermería Global

Enferm Global

1695-6141

Enfermería Integral

Enferm Integral

0214-0128

Enfermería Intensiva

Enferm Intensiva

1130-2399

Enfermería Nefrológica. Revista Oficial de la Sociedad Española de Enfermería Nefrológica

Enferm Nefrol

2254-2884

Enfermería Oncológica

Enferm Oncológica

1576-5520

Enfermería Radiológica

Enferm Radiológica

1137-5698

Enfermería universitaria

Enferm Universitaria -

1665-7063

Enfuro

Enfuro

0210-9476

Escola Anna Nery Revista de Enfermagem

Esc. Anna Nery R. Enferm. -Bra-

1414-8145

European Journal of Oncology Nursing

Eur J Oncol Nurs

1462-3889

Evidentia. Revista de Enfermería Basada en la Evidencia

Evidentia

1697-638X

Excelencia Enfermera

Excel Enferm

1698-0530

Garnata 91

Garnata

1134-1858

Gerokomos

Gerokomos

1134-928X

Graduate Research in Nursing

Grad Res Nurs

1527-0009

Híades

Híades

1134-5160

Historia da Enfermagem- Revista Electrónica

HERE

2176-7475

Hospital

Hospital

1374-321X

Hygia (Sevilla)

Hygia

1137-7178

Hygia de Enfermería

Hygia de Enfermería

1.576-3056

Iaso. Revista Científica del Colegio Oficial de Enfermería de Almería

Iaso

1135-4828

Index de Enfermería (edición digital). Información Bibliográfica, Investigación y Humanidades

Index Enferm

1699-5988

Index de Enfermería. Información Bibliográfica, Investigación y Humanidades

Index Enferm

1132-1296

Inquietudes

Inquietudes

papel1135-2086 dixital 2254-7266

International Emergency Nursing

IEN

1755-599X

International Journal of Nursing Studies

IJNURSTU

0020-7489

International Nursing Review (en español)

Int Nursing Rev

1577-9378

Investigación en enfermería: imagen y desarrollo

Inv Enf

0124-2059 impreso128X en liña

Investigación y Educación en Enfermería

Invest Educ Enferm -Col-

0120-5307

Issues in Mental Health Nursing

IMHN

0161-2840

Journal of Child and Adolescent Psychiatric Nursing

JCAPN

1073-6077

Journal of Community Nursing

JCN

0263-4465

Journal of Neuroscience Nursing

JNN

0888-0395

Journal of Nursing Education

JNE

0148-4834

Journal of Nursing Scholarship

JNS

1527-6546

Matronas Profesión

Matronas Prof

1578-0740

MEDWAVE - Enfermería

Medwave -Chi-

0717-6384

Metas de Enfermería

Metas Enferm

1138-7262

Nosocomio

Nosocomio

3847

Notas de Enfermería

Not Enferm

1130-734X

Nure Investigación

Nure Inv

1697-218X

Nurse Education Today

NEDT

0260 6917

Nursing

Nursing -Ed esp-

0212-5382

Nursing Ethics

Nursing Ethics

0969-7330

Nursing Research

Nursing Research

0029-6562

Oncology Nurses Hoy

Oncology Nurses

1386-1301

Online Brazilian Journal of Nursing

OBJN

1676-4285

Paginasenferurg.com

Pag Enferurg

1989-2829

Paraninfo Digital

Rev Paraninfo Digital

1988-3439

Pensar Enfermagem

Pensar Enferm

0873-8904

Presencia. Revista de Enfermería de Salud Mental

Presencia

1885-0219

Public Health Nursing

PHN

0737-1209

Revista Baiana de Enfermagem

Rev Baiana Enferm

0102-5430

Revista Bioethikos

Rev Bioethikos

1981-8254

Revista Brasileira de Enfermagem

REBEn

0034-7167

Revista Científica de la Sociedad Española de Enfermería Neurológica

Rev Cient Soc Esp Enferm Neurol

2013-5246

Revista Colombiana de Enfermería

Rev Col Enf

1909-1621 dixital1665-7063

Revista Cubana de Enfermería

Rev Cubana Enfermer

0864-0319

Revista da Escola de Enfermagem Universidade da Sao Paulo [Revista da Escola de Enfermagem da USP]

Rev Esc Enferm USP -Bra-

0080-6234

Revista da Faculdade Santa Marcelina

Faculdade Santa Marcelina em Revista -Bra-

1806-5058

Revista de Enfermagem da UFSM

R. Enferm. UFSM

2179-7692

Revista de Enfermagem do Centro-Oeste Mineiro

R. Enferm. Cent. O. Min.

2236-6091

Revista de Enfermagem Referência

Referência

0874-0283

Revista de Enfermagem UFPE On Line

Rev Enferm UFPE On Line

1981-8963

Revista de Enfermería del Instituto Mexicano del Seguro Social

Rev Enferm IMSS -Méx-

0188-431X

Revista de enfermería neurológica

Enf Neurol

1870-6592

Revista de Enfermería. Publicación de la Escuela Universitaria de Enfermería de Albacete

Enferm Univ Albacete

1131-7957

Revista de la Asociación Española de ATS en Urología

Rev AE ATS Urolog

0210-9476

Revista de la Asociación Española de Enfermeras en VIH/SIDA

Rev AE Enf VIH

1575-3549

Revista de la Asociación Española de Enfermería en Urología

Rev AE Enferm Urolog

0210-9476

Revista de la Asociación Española de Enfermería Quirúrgica

AEEQ

1885-2548

Revista de la Escuela de Enfermería La Fe de Valencia

Rev EUE La FE

1139-837X

Revista de la Sociedad Española de Enfermería Nefrológica

Rev Soc Esp Enferm Nefrol

1139-1375

Revista de la sociedad española de enfermería radiológica

RSEER

1698-0301

Revista de Pesquisa: Cuidado é Fundamental Online

R de Pesq: cuidado é fundamental Online -Bra-

2175-5361

Revista de Pesquisa: Cuidado é Fundamental. Nursing & Research

R de Pesq: cuidado é fundamental -Bra-

1809-6107

Revista de Rede de Enfermagem do Nordeste

Rev RENE

1517-3852// electrónico: 2175-6783

Revista Eletrônica de Enfermagem

REE -Bra-

1518-1944

Revista ENE de Enfermería

Rev ENE Enferm

1988-348X 1198-348X

Revista Enfermagem Uerj

R Enferm UERJ

0104-3552

Revista Enfermería Actual en Costa Rica

REVENF

1409-4568

Revista Enfermería Herediana

Rev enferm Herediana

Versión impresa: 1998-5487, Versión dixital: 2075-4000

Revista Ética de los Cuidados

Rev Etica Cuid

1988-7973

Revista Gaúcha de Enfermagem

Rev Gaúcha Enferm

0102-6933

Revista info-tr@um@. Asociación Española de Enfermería en Traumatología y Ortopedia

InfoTrauma

1698-5443

Revista Investigação em Enfermagem

Rev Investigação Enfermagem

0874-7695

Revista Latino-Americana de Enfermagem

Rev Latino-am Enfermagem -Bra-

0104-1169

Revista Mexicana de Enfermería Cardiológica

Rev Mex Enferm Cardiológica

1405-0315

Revista Mineira de Enfermagem

Reme -Bra-

1415-2762

Revista Nursing -edición brasileña-

Revista Nursing -Bra-

1415-8264

Revista Panamericana de Enfermería

Rev Panam Enferm -Méx-

1679-74851

Revista Paulista de Enfermagem

Rev Paul Enf

0100-8889

Revista Rol de Enfermería

Rev ROL Enferm

0210-5020

Revista Saúde coletiva

Saúde coletiva -Bra-

1806-3365

Revista Técnico-científica de Enfermagem

RECENF

1677-7271

Revista Tesela. Revista de la Asociación Nacional de Directivos de Enfermería

Rev Tesela

1887-2255

RN (Revista de Formación Continuada en Enfermería)

RN

1132-6220

Salud y Ciencia

Sal Ciencia

1136-8845

Salut

Salut

0214-3631

SMAD Revista Eletrônica Saúde Mental Álcool e Droga

SMAD, Rev. Eletrônica Saúde Mental Álcool Drog

1806-6976

SOBECC, em Revista

Rev SOBECC

1414-4425

Temas de Enfermería

Temas de Enferm

1131-4338

Temas de Enfermería Actualizados

Temas Enferm Act

0328-5057

Temperamentvm

Temperamentvm

1699-6011

Texto & Contexto: Enfermagem

Texto Contexto Enferm

0104-0707

TOG. Revista Terapia Ocupacional Galicia

TOG -A Coruña-

1885-527X

Visión de Enfermería Actualizada

VEA

1669-385X

ANEXO VIII
Modelo de autoliquidación de taxas

missing image file