A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables, na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo ás seguintes bases:
1. Denominación do curso:
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora:
Sanea Control, S.L.
3. Data:
Do 29 ao 31 de decembro de 2014.
4. Lugar de realización:
Novafrigsa.
Rúa Lamablanca, s/n, Coeses, 27181 Lugo.
5. Número de prazas:
Máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a:
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección:
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes:
Solicitude segundo modelo anexo.
9. Programa:
Día 29.12.2014 |
|
8.00-9.00 h |
Introdución. Lexislación. |
9.00-11.00 h |
Praguicidas. Descrición e xeneralidades. |
11.00-13.00 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
13.00-15.00 h |
Métodos de loita antivectorial. |
Día 30/12/2014 |
|
8.00-9.20 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
9.20-10.40 h |
Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases. |
10.40-12.00 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
12.00-13.30 h |
Preparación de disolucións de produtos. |
13.30-15.00 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas. |
Día 31/12/2014 |
|
8.00-11.00 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
11.00-13.00 h |
Técnicas de aplicación de praguicidas. |
13.00-13.30 h |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. |
13.30-14.00 h |
Resolución de exercicios prácticos. |
14.00-15.00 h |
Avaliación tipo test. |
10. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición.
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
Datas: do 29 ao 31 de decembro de 2014.
Lugar de realización do curso:
Novafrigsa.
Rúa Lamablanca, s/n, Coeses, 27181 Lugo.
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: das 8.00-15.00 horas.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase, como data límite o 22 de decembro de 2014, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Teléfonos: 981 88 69 24 639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneaformacion@sanea.org
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
Nome: |
Apelidos: |
|||||
Cargo/actividade desempeñada: |
||||||
Empresa: |
Sector actividade: |
|||||
Enderezo: |
CP: |
|||||
Localidade: |
Provincia: |
|||||
Teléfono: |
Fax: |
Correo electrónico: |