Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 19 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador ES-P-0058/14.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 19 de novembro de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesada: Jose María Calero, S.L.

Expediente: ES-P-0058/14.

Último domicilio coñecido: rúa Cedrón del Valle, nº 7, 1º dereita, Lugo.

Indicación do contido: notificáselle o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0058/14 contra José María Calero, S.L., como suposto responsable dunha infracción leve, ao abeiro dos artigos 104 e 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle á persoa interesada un prazo de quince (15) días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos e, se é o caso, propoñer probas, concretando os medios de que pretenda valerse.