Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral do Mar, polo que se notifica a resolución pola que se outorga autorización temporal para a explotación dun parque de cultivo mariño.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, notifícase a Mª Amelia Leiro López e a Celestino Ambroa Lorenzo a resolución pola que se lles outorga provisionalmente autorización temporal para a explotación do parque de cultivo mariño nº 445, na zona marítimo-terrestre do Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Os interesados poderán comparecer nas oficinas da Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución referida, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpor recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2014

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar