Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de decembro de 2014 pola que se notifica a resolución de imposición dunha sexta multa coercitiva no expediente SIL/12/2012-F1 (S-2010/017-C), devolta polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 11 de novembro de 2014, ditou resolución pola que se impón unha sexta multa coercitiva derivada do expediente sancionador SIL/12/2012-F1 (S-2010/017-C) que foi incoado pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na ampliación da vivenda existente, rehabilitación integral noutra edificación existente dentro da mesma parcela catastral e movemento de terras, no lugar de Rachabordos, 7, Limodre, termo municipal de Fene (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Francisco Martínez de la Riva Etcheverría, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística