Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación dun contrato de servizos de limpeza para o edificio sede deste consello, para adxudicar por procedemento aberto con multiplicidade de criterios.

A Comisión de Goberno deste Consello de Contas, por Acordo do 18 de novembro do presente ano, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de servizos de limpeza, co detalle que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

c.1) Dependencia: Secretaría Xeral. Sección de Xestión Económica.

c.2) Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c.3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

c.4) Teléfono: 981 54 22 36.

c.5) Telefax: 981 54 22 10.

c.6) Correo electrónico: vlagoa@ccontasgalicia.es

c.7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.ccontasgalicia.es/index.php/gl/contratacion

c.8) Data límite de obtención da documentación e información: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio.

d) Número de expediente: 14/88.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: prestación durante o período que vai do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2015 do servizo de limpeza do edificio sede do Consello de Contas de Galicia.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución:

d.1) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

d.2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

e) Prazo de execución: doce (12) meses, computados a partir da súa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2015.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios.

c) Criterio de adxudicación:

c.1) Prezo (0-10 puntos).

c.2) Control de execución do servizo (0-10 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 170.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 85.000,00 euros. IVE (21 %): 17.850 euros. Importe total: 102.850,00 euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: presentación da declaración do volume global de negocios dos tres últimos exercicios, conforme o detalle recollido no PCAP.

Solvencia técnica e profesional: relación dos principais servizos ou traballos dos tres últimos exercicios, conforme o detalle recollido no PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio. De coincidir o último día do prazo de presentación en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: por escrito. No lugar que se indica a seguir ou por correo (artigo 80 RXLCAP).

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Consello de Contas.

2. Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

a.1. Sobre A: en acto non público, cualificación documental. O décimo primeiro día natural seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións, ou o primeiro día hábil seguinte, de coincidir aquel en sábado ou festivo.

a.2. Sobre B: en acto público, proposicións. Ás 12.00 horas do sétimo día natural seguinte ao de apertura dos sobres A, ou primeiro día hábil seguinte, de coincidir aquel en sábado ou festivo.

b) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.600 €.

11. Outras informacións: a composición da mesa de contratación figura detallada na cláusula 7 do prego de condicións particulares dispoñible no perfil de contratante. Salvo substitución dalgún dos seus membros, dáse por realizada a publicación a que se refire o artigo 21.4 do Real decreto 817/2009.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2014

(Substitución provisional artigo 8.3 da Lei 6/1985)
Jesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro maior