Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52776

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 160/2014, do 26 de decembro, polo que se lle concede o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, a título persoal, a Mariano Rajoy Brey.

En atención ao labor de divulgación, promoción e coñecemento do Camiño de Santiago e dos valores xacobeos e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 163/2013, do 24 de outubro, polo que se regula a concesión do título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, é vontade do Goberno galego outorgar esta alta distinción á persoa que se indica a seguir.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de decembro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Concederlle o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, a título persoal e con carácter vitalicio, a Mariano Rajoy Brey.

Santiago de Compostela, vinte e seis de decembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza