O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
Por proposta do Concello de Pontevedra, a renovación do mandato de Miguel Anxo Fernández Lores como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, en representación do citado concello.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar