Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 31 de decembro de 2014 Páx. 55821

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 23 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2015.

Mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, asúmense por parte da Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación.

O Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, establece que a Dirección Xeral de Emprego e Formación asumirá a dirección e xestión das funcións atribuídas á Consellería en materia de formación para o emprego, cualificacións profesionais e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral, así como a estatística, a análise e a prospectiva do mercado de traballo.

Con base no exposto, correspóndelle a xestión das subvencións e axudas públicas das políticas activas de emprego, entre as que están as medidas dirixidas, por unha banda, a fomentar a creación de emprego de calidade e, por outra, a incrementar a empregabilidade das persoas desempregadas, mellorando as condicións do mercado de traballo, prestando especial atención aos colectivos con especiais dificultades de inserción, no marco da Estratexia europea para o emprego, do Programa nacional de reformas, da Estratexia española de activación para o emprego (2014-2016) do respectivo Plan anual de política de emprego (PAPE) e no eido da colaboración institucional e o diálogo social entre o goberno galego e os axentes económicos e sociais de Galicia.

A evolución do mercado de traballo e o incremento do desemprego fan necesario artellar medidas que inclúan accións de atención constante e especializada dirixidas a aqueles colectivos con dificultades de inserción laboral. O permanente cambio, froito das evolucións sociais, tecnolóxicas e organizativas, comporta unha dificultade engadida para as persoas que buscan un emprego e fanse necesarios, a miúdo, procesos de orientación e asesoramento especializados que lles presten colaboración ás persoas demandantes de emprego e lles faciliten o camiño cara ao mercado laboral. Así, nesta convocatoria recóllense aquelas liñas de axuda que teñen por obxecto a dinamización do emprego no ámbito de toda a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da contratación de persoal técnico para a realización do servizo de información, orientación e prospección de emprego, en colaboración coas entidades locais e as entidades sen ánimo de lucro.

Este Programa de orientación profesional está regulado por Orde do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, do 20 de xaneiro de 1998, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de accións de orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego, e que establece na súa disposición adicional segunda que as comunidades autónomas que asumisen o traspaso das funcións e servizos en materia de información, orientación profesional, busca activa de emprego e información e asesoramento para o autoemprego, poderán acomodar o establecido nesa orde ás especialidades derivadas da organización propia destas. Igualmente, a Orde TAS 816/2005, do 21 de marzo, pola que se adecuan ao réxime xurídico establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as normas reguladoras de subvencións que se concedan polo Servizo Público de Emprego Estatal nos ámbitos do emprego e de formación profesional ocupacional, establece esta posibilidade na súa disposición adicional segunda.

Por outra banda, e de conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da comunidade autónoma, para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, esta orde establece criterios de valoración específicos para aqueles proxectos de xestión compartida ou fusión municipal que representen un aforro de custos e unha xestión máis eficaz no desenvolvemento das accións de información, orientación e prospección de emprego subvencionadas.

Por último, a orde continúa coa senda iniciada na convocatoria do ano 2013 e exixe o uso e aplicación de medios electrónicos de cara a presentar a solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, creada polo Decreto 198/2010, do 2 de decembro, que establece o marco de desenvolvemento da Administración electrónica como canle principal de relación da cidadanía coa Xunta de Galicia, e co obxectivo de avanzar na mellora da calidade e da eficacia dos servizos ofrecidos. Esta exixencia comporta a necesaria obtención por parte das persoas representantes legais das entidades, cando non dispoñan deles, do DNI electrónico ou certificado electrónico.

Esta convocatoria tramítase ao abeiro do disposto no artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola do 25 de outubro de 2001, ao existir crédito adecuado e suficiente no Proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 17 de outubro de 2014. Así, o financiamento das súas axudas farase con cargo aos créditos dos programas: 11.03.322A.460.4 e 11.03.322A.481.1, código de proxecto 2015 00524, polos importes de 2.100.000 e 1.800.000 euros, correspondentes a fondos finalistas transferidos, e do programa 11.03.322A.481.2, código de proxecto 2015 00525, polo importe de 725.000 euros, correspondente a fondos procedentes do Fondo Social Europeo, a través do programa operativo de Galicia 2007-2013 CCI2007ES051PO004 cun cofinanciamento do 80 % correspondente ao Fondo Social Europeo e do 20 % correspondente á Xunta de Galicia. En concreto, encádrase no eixe 2, tema prioritario 66 Aplicación de medidas activas e de prevención no mercado laboral, co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego, especialmente dos colectivos vulnerables.

Consultado o Consello Galego de Relacións Laborais e obtidos os informes preceptivos na tramitación, por proposta da Dirección Xeral de Emprego e Formación e en uso das facultades que me son conferidas de acordo co artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e financiamento

1. Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que realicen accións de orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego articuladas en itinerarios personalizados de inserción profesional e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de información, orientación e prospección de emprego, no ámbito da colaboración da Consellería de Traballo e Benestar coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

2. O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo aos créditos dos programas: 11.03.322A.460.4 e 11.03.322A.481.1, código de proxecto 2015 00524, polos importes de 2.100.000 e 1.800.000 euros, correspondentes a fondos finalistas transferidos, e do programa 11.03.322A.481.2, código de proxecto 2015 00525, polo importe de 725.000 euros, correspondente a fondos procedentes do Fondo Social Europeo, a través do programa operativo de Galicia 2007-2013 CCI2007ES051PO004 (tema prioritario 66 do eixe 2), cun cofinanciamento do 80 % correspondente ao Fondo Social Europeo e do 20 % correspondente á Xunta de Galicia. Todos eles figuran no proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

3. Os ditos créditos estimados poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Os incrementos de crédito serán obxecto da oportuna publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 2. Entidades beneficiarias. Requisitos

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde:

a) As entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local, cuxa titularidade corresponda integramente a ela, sempre que por si soas ou asociadas teñan unha media de paro rexistrado no ano 2014 superior a 500 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).

Neste caso, un mesmo concello non poderá presentar solicitude por si só e en agrupación a través de convenio de colaboración con outros.

b) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións dependentes das anteriores con experiencia na realización de accións de información e orientación laboral.

c) As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, que realicen accións de información e orientación profesional de acordo co previsto nestas bases reguladoras e sempre que estean constituídas como centros colaboradores especiais de orientación, constando como tales na relación de entidades colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia ou, en caso contrario, xustifiquen a existencia dun colectivo cuantificable de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social a atender.

2. As entidades solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Dispoñer de locais con despacho ou despachos axeitados para a atención individual aos demandantes de emprego e que reúnan as condicións de accesibilidade e calidade necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades descritas no artigo 3.

b) Dispoñer dunha conta de correo electrónico que actúe como caixa de correo do servizo (polo que na súa denominación deberá constar, necesariamente, o termo “orientación” e a denominación da entidade), para os efectos de realizar as comunicacións electrónicas coa entidade.

c) Dispoñer de conexión coa Rede corporativa da Xunta de Galicia. A conexión poderase facer de tres formas diferentes:

– Acceso básico dedicado RDSI.

– Acceso á rede corporativa por liña dedicada ADSL.

– Acceso á rede corporativa vía internet.

En calquera das tres opcións, o hardware de comunicación que posibilite a conexión á Rede corporativa da Xunta de Galicia terá que cumprir os estándares definidos polo organismo xestor da dita rede.

d) Dispoñer dun ordenador persoal con protocolo TCP/IP. A conexión do ordenador á Rede corporativa da Xunta de Galicia deberá ser exclusiva. Unha vez establecida esta, non se poderá acceder a el a través doutras canles de comunicación por elementos situados en redes alleas á propia entidade. Queda expresamente prohibido o uso de técnicas NAT, proxy ou similares na canle de comunicación que oculten a identidade única da estación de traballo. O enderezo IP da estación de traballo debe ser fixo en calquera das tres modalidades de conexión. En calquera das modalidades de acceso, os diferentes elementos da rede de comunicación permitirán a apertura de sockets TCP desde os servizos centrais do Servizo Público de Emprego de Galicia ata a estación de traballo do usuario. Tanto o software de base instalado como as características do hardware da estación de traballo deberán posibilitar o correcto funcionamento da aplicación informática cliente do Servizo Público de Emprego de Galicia.

e) Dispoñer de acceso á internet e correo electrónico e aplicar medidas de seguridade de nivel medio no tratamento da información de carácter persoal. Ademais, deberase contar con software antivirus debidamente actualizado e con mantemento periódico en todas as estacións de traballo que teñan acceso á Rede corporativa da Xunta de Galicia.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que incorran nalgunha das prohibicións que establece o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Funcións do persoal técnico de información, orientación e prospección de emprego

1. Poderán ser funcións do persoal técnico de información, orientación e prospección de emprego, en consonancia co disposto no Real decreto 751/2014, do 5 de setembro, polo que se aproba a Estratexia española de activación para o emprego 2014-2016 (eixe1), todas aquelas actuacións de información, orientación profesional, motivación, asesoramento, diagnóstico e determinación do perfil profesional e de competencias, deseño e xestión da traxectoria individual de aprendizaxe, busca de emprego, intermediación laboral e, en resumo, as actuacións de apoio á inserción das persoas beneficiarias. En concreto:

a) Informar sobre o mercado de traballo e as medidas e servizos ofrecidos polos servizos públicos de emprego: informar sobre o mercado de traballo e as ofertas de emprego existentes, as políticas activas e pasivas dos servizos públicos de emprego, así como os incentivos e medios dispoñibles para o apoio ás iniciativas emprendedoras e a mellora da cualificación.

b) Diagnóstico individualizado: realizar un diagnóstico individualizado ou perfil dos demandantes de emprego que inclúa toda a información posible sobre as características persoais relevantes que permita medir o grao da empregabilidade e clasificar o demandante segundo as súas necesidades.

c) Xestión de itinerarios individuais personalizados: deseñar, realizar e facer seguimento dos itinerarios individuais e personalizados de emprego que inclúan unha proposta de derivación a accións para a mellora da empregabilidade (desenvolvemento de aspectos persoais, busca activa de emprego, traxectoria formativa individual, emprendemento, entre outros).

d) Xestión e cobertura de ofertas de emprego: informar e xestionar ofertas de emprego axeitadas para cada usuario potenciando a captación e a cobertura de ofertas a través dun sistema de intermediación transparente e eficaz.

e) Relación con empresas e outros axentes do mercado de traballo: contactar con empresas para difundir información sobre as iniciativas para facilitar a inserción laboral, realizando, así mesmo, unha prospección das necesidades das empresas e o casamento entre as ofertas e demandas de emprego, e promover o afloramento de ofertas latentes.

2. Para o caso do persoal técnico de prospección de empresas serán funcións específicas as indicadas nas letras a), no que se refire ao apoio ás iniciativas emprendedoras, d) e e) do punto anterior.

3. As entidades que colaboren coa Dirección Xeral de Emprego e Formación na realización destas accións levaranas a cabo cos seus medios propios e nas instalacións habilitadas por cada entidade para o seu desenvolvemento.

4. Serán destinatarios destas accións todos os demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, ben cando o soliciten expresamente, ou ben cando lles sexa ofertado polo dito servizo sendo colectivo prioritario, de acordo co previsto no artigo 19 octies da Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego, as persoas con especiais dificultades de integración no mercado de traballo, especialmente persoas menores de 30 años, con particular atención a aquelas con déficit de formación, mulleres, persoas paradas de longa duración, persoas maiores de 45 anos, persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social (en especial, as persoas beneficiarias da Renda de integración social de Galicia), e inmigrantes, con respecto á lexislación de estranxeiría.

Artigo 4. Contía das subvencións e período subvencionable

1. A contía máxima da subvención que se concederá será de 20.000 euros por cada persoa técnica de información, orientación e prospección de emprego contratada a tempo completo durante un período de 12 meses, tomando como referencia os custos de contratación totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social.

A citada contía máxima reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, no caso de que a prestación de servizos sexa a tempo parcial.

2. A contía máxima da subvención poderá incrementarse nun 15 por cento, no caso de solicitudes conxuntas aprobadas pola comisión de valoración, en virtude dos criterios establecidos no artigo 8.1.B.

3. O salario que percibirán as persoas contratadas como persoal técnico de información, orientación e prospección de emprego será aquel que corresponda legal ou convencionalmente e será acorde coa súa categoría profesional e titulación.

Artigo 5. Presentación de solicitudes, documentación e prazo

1. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os aspectos seguintes:

O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, incluído o de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.

b) O cumprimento dos requisitos exixidos no artigo 2.2 desta orde.

c) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.

d) A veracidade da documentación presentada xunto coa solicitude e que a entidade solicitante se obriga a presentar ante a Dirección Xeral de Emprego e Formación, logo de petición, a documentación acreditativa dos puntos a que se refire a presente declaración responsable.

2. Xunto co formulario de solicitude, deberá anexarse a seguinte documentación:

a) Só para o caso das entidades previstas no artigo 2.1.b) e c) desta orde, copia da escritura de constitución e dos estatutos da entidade, onde conste que dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos.

b) Copia da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

c) Documentación acreditativa de representación legal para asinar a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou acta onde se determine a dita representación.

d) Memoria explicativa das accións que se van desenvolver, que deberá presentarse necesariamente segundo o modelo que se publica como anexo II.

e) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: copia do convenio de colaboración e memoria explicativa, se é o caso, da prestación conxunta do servizo de orientación laboral con indicación das achegas económicas ou doutra índole dos concellos agrupados, o importe da subvención que se vai aplicar a cada un deles, así como o nomeamento do representante ou apoderado único da agrupación, de acordo co exixido no artigo 8.3 in fine da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 6. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, caso en que deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

2. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, poidan impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. Coas solicitudes das persoas interesadas deberán achegarse os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 7. Protección de datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado “Relacións administrativas coa cidadanía e entidades” cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a s.x.traballo.benestar@xunta.es.

Artigo 8. Procedemento, competencia e resolución

1. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia competitiva.

2. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Emprego e Formación.

3. Se do exame do expediente segundo o procedemento establecido neste artigo se comproba que a documentación non reúne os requisitos necesarios, é insuficiente ou non se achega na súa totalidade, requirirase a entidade solicitante para que, nun prazo de dez días, emende o erro ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, terase por desistida a súa petición, logo da correspondente resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 desta lei.

4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa (https://sede.xunta.es/modelos-normalizados), que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Revisados os expedientes e completados, de ser o caso, remitiranse á comisión de valoración para que esta, nun acto único, proceda á súa avaliación e informe, en que se concretará o resultado da avaliación efectuada á totalidade dos expedientes.

Para estes efectos, a comisión de valoración estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral de Emprego, a persoa titular do Servizo de Orientación Laboral e unha persoa funcionaria adscrita ao dito servizo, que actuará como secretario/a.

Se, por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puider asistir, será substituída pola persoa que para o efecto designe o órgano competente para resolver.

6. O órgano instrutor elevará o informe da comisión de valoración xunto coa proposta de resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación, logo da fiscalización pola intervención delegada, que resolverá a concesión ou denegación da axuda mediante resolución motivada e individualizada por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar.

7. A resolución pola que se conceda a subvención determinará, como mínimo, o servizo e número de persoas técnicas para as que se concede a subvención, duración e datas de inicio e fin, contía, o cofinanciamento do FSE, de ser o caso, especificando a súa porcentaxe e incluíndo o eixe e o tema prioritario, e demais requisitos exixibles para a súa percepción e seguimento. Poderá ter efecto retroactivo, sempre que non se interrompese a contratación e a prestación dos servizos polas persoas técnicas de información, orientación e prospección de emprego financiadas ao abeiro da Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 20 de decembro de 2013.

8. A resolución e a notificación deberanse producir nun prazo de tres meses, que se contará desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes, debendo terse en conta o disposto nos artigos 59.6.b) e 58.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido o dito prazo sen que recaia resolución expresa, esta entenderase desfavorable.

A notificación da resolución favorable comportará a aceptación da axuda, salvo que nos 10 días hábiles contados desde o día seguinte á notificación a entidade beneficiaria manifeste expresamente á súa renuncia.

9. A resolución que finaliza os procedementos regulados na presente orde esgota a vía administrativa, polo que contra ela se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do dito acto se for expreso, ou seis meses se non o for, contados neste caso a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, con anterioridade á interposición do dito recurso contencioso-administrativo, e de acordo co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, poderase interpoñer recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou o acto administrativo no prazo dun mes se o dito acto for expreso e, se non o for, o prazo será de tres meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses das entidades solicitantes e outros posibles interesados.

10. As resolucións de concesión serán obxecto de publicación segundo o establecido no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega; no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

11. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 9. Criterios de valoración das solicitudes

1. A concesión das subvencións previstas na presente orde realizarase conforme os seguintes criterios obxectivos, que serán aplicados e avaliados pola comisión de valoración prevista no punto 5 do artigo anterior:

A. Para todas as solicitudes:

a) Cobertura existente dentro do Servizo Público de Emprego de Galicia segundo a comarca e/ou concello en que se sitúe a entidade, en relación co número de habitantes e persoas desempregadas de cada zona, ou cobertura existente na atención a colectivos específicos de difícil inserción: ata 25 puntos.

A valoración desta epígrafe realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

a.1 Agrupacións de concellos, mancomunidades, deputacións provinciais, concellos cunha media de paro no ano 2014 superior ás 5.000 persoas ou centros especiais de orientación: ata 25 puntos.

a.2 Concellos cunha media de paro no ano 2014 superior ás 2.000 persoas ou entidades sen ánimo de lucro con cobertura pluriprovincial: ata 20 puntos.

a.3 Concellos cunha media de paro no ano 2014 superior ás 500 persoas ou entidades sen ánimo de lucro con cobertura provincial ou comarcal: ata 15 puntos.

a.4 Entidades locais menores ou entidades sen ánimo de lucro con cobertura local: ata 10 puntos.

b) Experiencia acreditada da entidade nos últimos 5 anos no desenvolvemento das accións de información, orientación e prospección de emprego: ata 15 puntos. Avaliarase a xestión e execución das accións das entidades que participaron en convocatorias anteriores e puntuarase negativamente unha mala xestión restando ata 15 puntos.

A valoración desta epígrafe realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

b.1 Por cada ano de experiencia no desenvolvemento das accións de información, orientación e prospección de emprego: 2 puntos.

b.2 Pola valoración da execución do servizo por parte da entidade beneficiaria de acordo coas verificacións administrativas e in situ realizadas: ata 5 puntos.

c) Continuidade na prestación do servizo, a través da prórroga da contratación do persoal técnico de información, orientación e prospección de emprego: ata 15 puntos pola prórroga da totalidade do persoal subvencionado ao abeiro da convocatoria anterior, ou a puntuación proporcional correspondente ao persoal prorrogado.

d) Desenvolvemento, por parte da entidade solicitante, doutras medidas de mellora da empregabilidade complementarias ás definidas nesta orde, de xeito que unha mesma entidade lles poida ofrecer aos demandantes de emprego a maior oferta de actuacións ocupacionais necesarias co fin de lograr a inserción e/ou mellorar as posibilidades de emprego das persoas atendidas. A valoración deste criterio terá unicamente en conta as medidas activas de emprego desenvolvidas no ano 2014 e sempre que estean correctamente identificadas mediante un número de expediente ou denominación concreta da medida: ata 10 puntos.

A valoración desta epígrafe realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

d.1 Por cada medida activa de emprego distinta desenvolvida no ano 2014 pola entidade solicitante (e os concello agrupados, de ser o caso) en colaboración co Servizo Público de Emprego de Galicia: 2 puntos.

d.2 Por cada unha das outras medidas activas de emprego distintas, desenvolvidas no ano 2014 pola entidade solicitante (e os concellos agrupados, de ser o caso): 1 punto.

e) Recursos humanos, técnicos e materiais postos á disposición pola entidade para a realización das accións de información, orientación e prospección de emprego, distintos do persoal técnico solicitado ao abeiro desta orde, e que superen os mínimos exixidos nas especificacións técnicas do artigo 2.2: ata 10 puntos.

A valoración desta epígrafe realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

e.1 Nos recursos humanos, valorarase ata un máximo de 5 puntos o número de persoas traballadoras da entidade beneficiaria postas á disposición do servizo de orientación nas que a súa dedicación sexa superior ao 25 por cento da xornada, de acordo coa seguinte escala:

1 persoa: 1 punto.

2 persoas: 1,5 puntos.

3 persoas: 2 puntos.

4 persoas: 2,5 puntos.

5 persoas: 3 puntos.

6 persoas: 3,5 puntos.

7 persoas: 4 puntos.

8 persoas: 4,5 puntos.

9 persoas ou máis: 5 puntos.

e.2 Nos recursos materiais, valorarase ata un máximo de 5 puntos a calidade das instalacións, medios e sistemas propios da entidade postos á disposición do servizo de orientación.

f) Redución no custo das accións subvencionadas por achegas económicas por parte da entidade ou concorrencia doutras subvencións: ata 5 puntos.

A valoración desta epígrafe realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

f.1 Cofinanciamento igual ou superior ao 30 por cento da subvención solicitada: 5 puntos.

f.2 Cofinanciamento entre o 10 e o 30 por cento da subvención solicitada: 3,5 puntos.

f.3 Cofinanciamento igual ou inferior ao 10 por cento da subvención solicitada: 2 puntos.

g) Existencia dunha metodoloxía propia do servizo, de manuais e guías propias á disposición do persoal técnico, e de procedementos e ferramentas de xestión e seguimento das accións que aseguren un fluxo adecuado de participantes, garantan a puntualidade e exactitude da información e non impliquen un aumento de cargas de traballo para o Servizo Público de Emprego de Galicia: ata 20 puntos, valorándose os seguintes aspectos:

g.1 Existencia dunha metodoloxía propia e axeitada: ata 5 puntos.

g.2 Achega pola entidade de mostras da documentación elaborada pola entidade para o desenvolvemento do servizo de orientación: manuais, guías, documentos informativos...: ata 5 puntos.

g.3 Existencia de ferramentas de seguimento das accións de orientación e itinerarios personalizados de inserción: ata 5 puntos.

g.4 Existencia dunha metodoloxía específica para o fomento do emprendemento e a prospección de empresas: ata 5 puntos.

h) Existencia de sistemas de avaliación propios relativos ao servizo de información, orientación e prospección de emprego, que poñan de manifesto a súa calidade do mesmo: ata 10 puntos, valorándose os seguintes aspectos:

h.1 Existencia dun sistema propio de avaliación da calidade dos servizos de orientación prestados ás persoas demandantes: ata 5 puntos.

h.2 Achega de mostras da documentación elaborada pola entidade para avaliar o servizo de orientación ou certificacións de calidade: ata 5 puntos.

B. Para as solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local:

a) Proxectos presentados por agrupacións de concellos baixo calquera fórmula (asociación, mancomunidade...) agás a fusión de concellos: ata 33 puntos, distribuídos do seguinte xeito:

– Pola presentación da solicitude, sempre que resulte acreditada, na memoria presentada, a redución de custos e a xestión máis eficaz do servizo de orientación laboral, en virtude das achegas económicas ou doutra índole da totalidade dos concellos asociados no proxecto: 11 puntos.

– Polo número de concellos asociados e a poboación total de persoas desempregadas do seu ámbito territorial conxunto: ata 11 puntos.

– Pola porcentaxe de aforro da prestación conxunta do servizo de orientación laboral con respecto á prestación de forma individual: ata 11 puntos.

b) Proxectos presentados por entidades locais resultantes dun proceso de fusión municipal de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia: 30 puntos.

c) Serán inadmitidas aquelas solicitudes conxuntas en que non resulte acreditada a realización conxunta do servizo de información, orientación e prospección de emprego e que supoñan actuacións independentes de cada entidade local.

2. Para o caso de que se produza un empate nas puntuacións obtidas en aplicación dos criterios do primeiro parágrafo, terán preferencia aquelas solicitudes en que conste o emprego da lingua galega na realización das accións de información, orientación e prospección de emprego, debidamente declarado no formulario da solicitude pola persoa representante da entidade.

3. A valoración mínima para a consecución da condición de entidade beneficiaria debe ser de 55 puntos.

Artigo 10. Requisitos e selección do persoal técnico de información, orientación e prospección de emprego

1. As entidades beneficiarias, unha vez ditada resolución favorable, realizarán a preselección do persoal concedido, que en todo caso deberá contar con titulación universitaria de primeiro ou segundo ciclo, necesaria para o desenvolvemento das funcións referidas no artigo 3 da presente orde. Non será necesario realizar este proceso de selección cando a persoa que se vai contratar estea prestando servizos na entidade beneficiaria da subvención e cumpra os requisitos establecidos neste artigo.

2. Unha vez realizada a dita preselección, a entidade remitiralle ao Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Emprego e Formación o currículo acreditado da persoa seleccionada. O persoal do devandito servizo avaliará o currículo presentado de acordo co seguinte baremo:

As persoas candidatas que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións do posto mediante o correspondente certificado do órgano competente, obterán unha puntuación adicional de 0,50 puntos.

A acta de baremación, que se limitará a reflectir se a persoa preseleccionada supera ou non o antedito baremo, asinarase conxuntamente co representante da entidade, que realizará a contratación do persoal. Para o caso de que a persoa preseleccionada non acade a puntuación mínima exixida, a entidade beneficiaria deberá presentar unha nova persoa candidata dentro do prazo previsto para a selección e contratación.

O establecido neste punto non será de aplicación para o persoal técnico que xa fose baremado ao abeiro dos programas de información, orientación e prospección de emprego en exercicios anteriores.

3. O persoal seleccionado conforme o establecido nas epígrafes anteriores poderá ter relación contractual previa coa entidade colaboradora ou ser obxecto de nova contratación pola modalidade contractual máis axeitada. En todo caso, no contrato de traballo subscrito deberá constar con claridade a prestación dos servizos información e orientación laboral e/ou de prospección de empresas, se é o caso.

A entidade beneficiaria asume a súa condición de empregadora respecto ao devandito persoal e o compromiso de cumprir a normativa laboral en materia de contratación.

Así mesmo, deberalles facilitar ás persoas traballadoras os elementos persoais e materiais necesarios para levar a cabo o seu traballo e achegar a súa propia dirección e xestión para a articulación da colaboración conservando a estrutura de mando sobre o seu persoal, conforme as liñas definidas na memoria, sendo responsable da calidade técnica das tarefas que desenvolvan.

A concesión e uso destas axudas non suporá, en ningún caso, relación contractual ou laboral coa Xunta de Galicia.

4. Cando se produza a extinción do contrato antes de que remate o período de 12 meses tomado como referencia para o cálculo da subvención, a entidade beneficiaria poderá contratar outra persoa técnica en substitución daaquela que causou baixa durante o tempo restante, sempre que a contratación se produza, como máximo, dentro dos 30 días seguintes ao da baixa na Seguridade Social do inicialmente contratado. O dito prazo poderá ampliarse por autorización expresa da Dirección Xeral de Emprego e Formación logo de solicitude fundamentada da entidade beneficiaria.

Neste suposto, así como no de baixas temporais por maternidade ou por outras causas que se prevexa que sexan de longa duración, a entidade beneficiaria deberá ter en conta o previsto no artigo 15.2 desta orde.

En todo caso, a contratación da persoa substituta deberá realizarse de acordo cos requisitos e procedemento establecidos neste artigo.

Artigo 11. Pagamento da subvención

1. O pagamento da subvención farase efectivo dunha soa vez, unha vez cumprido o obxecto para o que foi concedida, o que se xustificará mediante a presentación, dentro dos prazos establecidos na resolución de concesión da subvención, da seguinte documentación:

a) Comunicación electrónica de cada contratación ou prórroga de contratación no modelo publicado na páxina web institucional da Xunta de Galicia no enlace http://traballo.xunta.es/iobe.

b) Declaración de inicio, no modelo publicado no antedito enlace, en que consten:

– Os custos de contratación do persoal técnico subvencionado referidos a un período anual, indicando, se é o caso, as cantidades achegadas pola entidade.

– Declaracións responsables do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes e de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade de Galicia.

– A titularidade da conta da entidade beneficiaria onde se deba efectuar o pagamento.

c) Para o caso de novas contratacións, ademais:

– Copias dos contratos de traballo do persoal contratado.

– Resolucións sobre o recoñecemento de alta na Seguridade Social (modelo TA2R) e informes de datos de cotización (modelo IDC) do persoal contratado

Para os casos en que o persoal estivese xa contratado pola entidade beneficiaria, a comprobación da permanencia en alta na Seguridade Social realizaraa o Servizo de Orientación Laboral, a través das correspondentes aplicacións informáticas.

d) Para o caso de novos centros de orientación, ademais:

– Certificado do órgano competente da entidade beneficiaria, no modelo publicado no enlace http://traballo.xunta.es/iobe, relativo á existencia de título lexítimo que habilite para a posesión dos inmobles e instalacións correspondentes e a licenza municipal de apertura, de ser esta necesaria.

– Planos a escala do local, en que debe figurar o enderezo do centro ou centros a que corresponden, e, con indicación expresa do despacho ou despachos que se dedicarán á realización das accións de información, orientación e prospección de emprego, tendo en conta que a entidade solicitante deberá garantir a existencia de espazos diferenciados e delimitados coas suficientes garantías de confidencialidade para a atención individual das persoas demandantes.

– Unha fotografía do cartel informativo e a súa localización, nos termos sinalados no artigo 14.2.I.a.

2. O Servizo de Orientación Laboral reserva para si a facultade de verificar, con carácter previo á autorización dun novo centro de orientación, se este cumpre as condicións de accesibilidade e calidade necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades descritas no artigo 3.

Artigo 12. Seguimento, control e xustificación das accións

1. Sen prexuízo das facultades inspectoras que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Traballo e Benestar realizará as comprobacións e verificacións presenciais e aleatorias que considere precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta orde e demais normativas vixentes que resulten de aplicación, e co obxecto de avaliar cuantitativa e cualitativamente o desenvolvemento das accións previstas na presente orde.

No caso de levarse a cabo visitas de seguimento por parte da Consellería de Traballo e Benestar, as entidades beneficiarias na área de información e/ou orientación e prospección de emprego facilitarán o acceso ás instalacións en que se realizan as accións, así como toda a documentación de carácter técnico, administrativo, informático ou contable que teña relación coa subvención concedida que se lles solicite.

Nas visitas de seguimento elaborarase un informe checklist que asinará o responsable da visita e o responsable da entidade. A sinatura do responsable da entidade non implicará a conformidade co contido do informe.

2. Para os efectos de xustificación final da subvención percibida, as entidades beneficiarias deberán presentar, no prazo de dous meses desde a finalización do servizo, a seguinte documentación:

– Un certificado de fin de servizo segundo o modelo que se publicará na web institucional da Xunta de Galicia (http://traballo.xunta.es/iobe) .

– Copias cotexadas das nóminas aboadas aos traballadores e traballadoras que se contraten e dos boletíns de cotización á Seguridade Social (modelos TC-1 e TC-2), así como os documentos bancarios correspondentes que acrediten o seu pagamento, mais os impresos de liquidación nominal do IRPF e xustificantes do seu pagamento, unha vez que dispoña deles.

– Memoria final resumo das accións realizadas durante a totalidade do período subvencionado, diferenciando as accións de orientación das accións de prospección de emprego, segundo os modelos que se publicarán na web institucional da Xunta de Galicia (http://traballo.xunta.es/iobe).

Artigo 13. Obrigas das entidades beneficiarias

As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención de acordo co previsto nesta orde e nos documentos de instrucións operativas que se porán á disposición das entidades beneficiarias na páxina web institucional da Xunta de Galicia no enlace (http://traballo.xunta.es/iobe).

b) Retribuír as persoas contratadas cos salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e sexan acordes coa súa categoría profesional e titulación.

c) Con independencia do cobramento ou non da subvención, deberán satisfacer ao seu vencemento e, mediante transferencia bancaria, as obrigas económicas que deriven do funcionamento dos servizos subvencionados, especialmente as de carácter salarial.

d) Someterse ás actuacións de comprobación e control que poida efectuar a Consellería de Traballo e Benestar e a Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas e ás que poidan corresponder, se é o caso, á Comisión e ó Tribunal de Contas Europeo.

e) Comunicar, no prazo de 10 días hábiles, á Dirección Xeral de Emprego e Formación:

– As subvencións ou axudas solicitadas e/ou obtidas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional.

– Aquelas modificacións substantivas que afecten a realización da actividade que vai desenvolver o persoal técnico contratado, co obxecto de que poida valorarse se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

f) Manter as condicións relativas ás instalacións e medios dedicados á realización das accións de información, orientación e prospección de emprego e poñer á disposición do persoal técnico todos os medios materiais necesarios para o correcto desenvolvemento das súas funcións e, en particular, os equipos informáticos precisos, o acceso á internet e o correo electrónico. Neste sentido deberán informar e, se é o caso, solicitar autorización, previamente e por escrito, sobre calquera cambio que se puidese producir nos datos expresados pola entidade no inicio da súa colaboración, especialmente no que atinxe aos cambios de local.

g) Manter a disposición do Servizo Público de Emprego de Galicia e custodiar durante o período en que se executen as accións de información, orientación e prospección de emprego o expediente completo de cada usuario. En caso de cesamento das súas actividades ou de perda da súa condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia na área da información, orientación e prospección de emprego, a entidade remitirá os expedientes das persoas usuarias á oficina de emprego que lle indique a Dirección Xeral de Emprego e Formación .

h) Obter o consentimento das persoas usuarias para o tratamento automatizado dos seus datos persoais e facilitarlle información a elas do estado dos seus datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros automatizados en calquera das formas expresadas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, adoptando as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguranza dos datos.

i) Gardar o segredo profesional respecto dos datos contidos nos ficheiros automatizados de titularidade da Consellería de Traballo e Benestar ou rexistrados en soportes físicos susceptibles de tratamento automatizado. Esta obriga subsistirá cando a entidade finalice a súa colaboración coa Dirección Xeral de Emprego e Formación.

j) Non percibir retribución económica ningunha das persoas usuarias pola realización das accións de información, orientación e prospección de emprego desenvolvidas en colaboración coa Dirección Xeral de Emprego e Formación no marco desta disposición.

Artigo 14. Cofinanciamento polo Fondo Social Europeo

1. As axudas reguladas na presente orde poderán estar cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 por cento, a través do programa operativo de Galicia 2007-2013 CCI2007ES051PO004, (tema prioritario 66 do eixe 2), polo que este réxime de subvencións quedará suxeito aos seguintes regulamentos:

a) Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1260/1999.

b) Regulamento (CE) núm. 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1784/1999.

c) Regulamento (CE) núm. 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) núm. 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ó Fondo de Cohesión, e o Regulamento (CE) núm. 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

d) Orde TIN/2965/2008 do 14 de outubro, modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo e a Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2007-2013.

2. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados polo FSE ao abeiro do programa operativo de Galicia 2007-2013, mediante as subvencións reguladas nesta orde, a entidade beneficiaria deberá someterse ao cumprimento das seguintes obrigas:

I. Relacionadas coas medidas de información e publicidade impostas polo Regulamento da Comisión (CE) núm. 1828/2006, do 8 de decembro:

a) No lugar onde se realicen as accións, deberá figurar, de forma visible, cartel informativo, en modelo normalizado establecido e publicado pola Dirección Xeral de Emprego e Formación na páxina web institucional da Xunta de Galicia no enlace (http://traballo.xunta.es/iobe), no que constará o cofinanciamento pola Consellería de Traballo e Benestar e polo Fondo Social Europeo.

b) Deberán utilizar axeitadamente as identificacións segundo as instrucións da Dirección Xeral de Emprego e Formación e, en todo caso, incluír en toda a documentación relativa ás accións de información, orientación e prospección de emprego os logotipos da Unión Europea (Fondo Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar).

c) Deberán, ademais, obter autorización previa por parte da Dirección Xeral de Emprego e Formación para a difusión publicitaria das accións previstas no artigo 3 desta orde.

II. Relacionadas coas verificacións administrativas e sobre o terreo, necesarias para dar cumprimento ao artigo 13 do Regulamento (CE) núm. 1828/2006 e sen prexuízo da obriga de xustificación das subvencións percibidas nos termos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e na presente norma:

a) As entidades beneficiarias das axudas deberán manter un sistema de contabilidade separada ou unha codificación contable adecuada de todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionados polo FSE, referidos ás operacións da afectación da subvención á finalidade da súa concesión.

b) Manter unha pista de auditoría suficiente e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, ata a anualidade de 2021 e, en todo caso, durante un mínimo de tres anos a partir do peche do programa operativo de Galicia 2007-2013 en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

c) Sen prexuízo da xustificación final exixida con carácter xeral no artigo 11.2, as entidades beneficiarias de axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo deberán presentar, no prazo de oito meses desde o inicio do período subvencionado, a seguinte documentación:

– Un certificado de execución parcial dos seis primeiros meses do servizo, segundo o modelo que se publica na web institucional da Xunta de Galicia (http://traballo.xunta.es/iobe).

– Copias cotexadas das nóminas aboadas aos traballadores e traballadoras que se contraten e dos boletíns de cotización á Seguridade Social (modelos TC-1 e TC-2), así como os documentos bancarios correspondentes que acrediten o seu pagamento, e mais os impresos de liquidación nominal do IRPF e xustificantes do seu pagamento, unha vez que se dispoña deles.

– Acreditación do cumprimento da obriga establecida no punto a) desta epígrafe, en relación coa exixencia de contabilidade separada ou unha codificación contable adecuada.

d) Someterse ás actuacións de comprobación administrativas e sobre o terreo que, con base na mostra seleccionada ao abeiro do procedemento descrito no Modelo dos sistemas de xestión e control da Comunidade Autónoma de Galicia, poida realizar a Consellería de Facenda a través da Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos.

3. En virtude do disposto no artigo 54.5 do Regulamento(CE) 1083/2006, os gastos subvencionables na presente orde, para o caso de estar cofinanciados polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 por cento, non poderán acollerse a axudas procedentes de ningún outro instrumento financeiro comunitario.

Artigo 15. Perda do dereito ao cobramento e reintegro

1. O incumprimento total ou parcial de calquera das obrigas, condicións ou finalidades establecidas nesta orde, así como a falsidade comprobada en relación cos datos achegados para a súa obtención, orixinará, á vista da natureza e causas do incumprimento e de acordo cos criterios de graduación que se desenvolven, a perda do dereito ao cobramento ou o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora, nas condicións e de conformidade co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

2. Poderán desenvolverse mediante instrución os criterios de graduación do alcance do reintegro en supostos de incumprimentos parciais das ditas obrigas, en particular, a non contratación do persoal polo período establecido de 12 meses ou a existencia de baixas sen substitución cunha duración superior a dous meses suporá o reintegro parcial da cantidade proporcional aos meses non contratados ou de baixa.

Artigo 16. Participación institucional

A participación dos axentes sociais para os efectos do Servizo Público de Emprego efectuarase a través do Consello Autonómico de Emprego.

Disposición adicional primeira

A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario nas aplicacións 11.03.322A.460.4, 11.03.322A.481.1 e 11.03.322A.481.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015. Para os efectos do disposto no artigo 3.3 da Orde do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, na súa redacción dada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, a concesión das axudas ou subvencións estará sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución.

Disposición adicional segunda

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar na persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación para conceder, autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos así como para exixir do beneficiario o reintegro da subvención cando aprecie a existencia dalgún dos supostos de reintegro de cantidades percibidas establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En caso de ausencia, vacante ou enfermidade da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación as atribucións citadas no parágrafo anterior serán exercidas, temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, pola persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social ou, no seu defecto, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, de acordo co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro.

Disposición adicional terceira

As entidades beneficiarias destas axudas están suxeitas ao réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións, previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional cuarta

En todo o non disposto na presente disposición será de aplicación supletoria a Orde do 20 de xaneiro de 1998, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de accións de orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego e a Orde TAS 816/2005, do 21 de marzo, pola que se adecuan ao réxime xurídico establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as normas reguladoras de subvencións que se concedan polo Servizo Público de Emprego Estatal nos ámbitos do emprego e de formación profesional ocupacional, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e mais o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

REQUISITOS IMPRESCINDIBLES PARA SUPERAR A FASE DE BAREMACIÓN DO CURRÍCULO:

Requisitos de titulación:

• Título de licenciada/o universitaria/o, arquitecta/o, enxeñeira/o ou grao ou

• Título universitario de enxeñeiro/a técnico, diplomado/a universitario, arquitecto/a técnico ou grao

Requisitos de puntuación:

• Acadar unha puntuación mínima total en currículo de 5 puntos

TITULACIÓN ACADÉMICA (MÁXIMO 2,5 PUNTOS)

PUNTUACIÓN

Titulacións preferentes (técnicos/as de orientación)

– Psicoloxía

– Pedagoxía

– Psicopedagoxía

– Socioloxía/Ciencias Políticas e Socioloxía (Secc. Socioloxía)

– Ciencias do Traballo.

– Educación Social

– Traballo Social

– Relacións Laborais e Recursos Humanos/Relacións Laborais/ Graduado/a Social

2,5 puntos

Titulacións preferentes (prospectores/as de emprego)

– Dereito

– Economía

– Administración e Dirección de Empresas

– Ciencias do Traballo.

– Ciencias Empresariais.

– Relacións Laborais e Recursos Humanos/Relacións Laborais/Graduado/a Social

2,5 puntos

Outra titulación de licenciada/o universitaria/o, arquitecta/o, enxeñeira/o, enxeñeiro/a técnico, diplomado/a universitario, arquitecto/a técnico ou grao (para o caso de ter varias titulacións, só se contará unha)

1,5 puntos

FORMACIÓN COMPLEMENTARIA (MÁXIMO 2 PUNTOS)

PUNTUACIÓN

Máster, cursos en materias relacionadas co posto ofertado

0,1 puntos por cada 30 horas formativas

EXPERIENCIA PROFESIONAL (MÁXIMO 5 PUNTOS)

A experiencia profesional deberá acreditarse a través de certificación oficial de vida laboral actualizada máis copia do contrato ou certificado de empresa en que consten as tarefas realizadas, e IAE (alta e actualización) no caso de traballadores autónomos.

Cando se trate de colaboracións, bolsas, titorías, docencia, educación social ou servizos sociais, estes deberán acreditarse mediante certificación de organismos oficiais en que deberá constar o tempo de realización.

PUNTUACIÓN

Por cada mes realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado: orientación laboral/profesional, titorías laborais con persoas adultas, inserción laboral, etc.

0,4 puntos por cada mes

Por cada mes realizando tarefas técnicas indirectamente relacionadas co posto ofertado (máximo 2 puntos nesta epígrafe)

0,1 puntos por cada mes

OUTROS MÉRITOS (MÁXIMO 0,5 PUNTOS)

PUNTUACIÓN

CELGA 4 ou equivalente debidamente homologado

0,25 puntos

Coñecementos de informática debidamente acreditados

0,25 puntos

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file