Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 698

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2014 pola que se modifica a Resolución do 10 de maio de 2012 pola que se ditan instrucións para a elaboración e administración das probas de certificación e de clasificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto 191/2007 establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio nas escolas oficiais de idiomas de Galicia, e o Decreto 238/2008 establece o currículo do nivel avanzado das devanditas ensinanzas. No artigo 19 do citado Decreto 191/2007 regúlanse as certificacións dos distintos niveis desas ensinanzas.

A Orde do 8 de setembro de 2008, modificada pola Orde do 19 de abril de 2012, regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial e, no seu artigo 5, establece as características xerais das probas terminais de certificación, así como aspectos relativos á estrutura, elaboración, administración e cualificación destas.

A Orde do 8 de outubro de 2012 pola que se establece o procedemento para a implantación, avaliación e certificación de cursos especializados para o perfeccionamento de idiomas de nivel C nas escolas oficiais de idiomas de Galicia establece, no seu artigo 5.4, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá establecer os procedementos para a coordinación e validación das probas dos ditos niveis que se consideren necesarios, a través da comisión de validación establecida no artigo 3 da Orde do 19 de abril de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Orde do 5 de agosto de 2011, pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial, establece, no seu artigo 23.10, que os departamentos didácticos das distintas escolas serán os responsables da elaboración, administración e avaliación das probas de clasificación consonte a estrutura e criterios de cualificación e corrección facilitados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Tendo en conta a experiencia adquirida na elaboración e administración das probas de certificación e clasificación e a implantación do nivel C en determinados idiomas, cómpre modificar o procedemento establecido na Resolución do 10 de maio de 2012.

Así pois, en virtude do exposto e no uso das funcións que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ten atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Modifícase o punto 2.1 do artigo 2, que queda redactado como segue:

Artigo 2. Finalidade e destinatarios

2.1. As probas terminais de certificación teñen como obxectivo avaliar o nivel de competencia lingüística do alumnado de escolas oficiais de idiomas nas destrezas de comprensión de lectura, comprensión oral, expresión e interacción escrita e expresión e interacción oral, nos niveis básico (A2 do MECR), intermedio (B1 do MECR), avanzado (B2 do MECR) e C, establecidos nos currículos respectivos.

Artigo 2

Modifícase o punto 3.1 do artigo 3, que queda redactado como segue:

Artigo 3. Disposicións de carácter xeral

3.1. As probas de certificación administraranse nas sedes das escolas oficiais de idiomas e, se é o caso, nas súas seccións. Para a correcta administración das probas deberase ter en conta o disposto nas guías de administración das probas de nivel básico, de nivel intermedio, de nivel avanzado e de nivel C, así como as guías para as persoas candidatas que figuran nos anexos I, II, III e III bis.

Artigo 3

Modifícase o artigo 4, que queda redactado como segue:

Artigo 4. Procedemento de elaboración das probas de certificación do nivel básico

4.1. As probas de certificación correspondentes ao nivel básico serán elaboradas polos departamentos didácticos das escolas oficiais de idiomas, seguindo os criterios que para tal fin estableza a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

4.2. Naqueles idiomas que se impartan nunha soa escola, a redacción das probas corresponderalles aos departamentos respectivos. No caso dos idiomas impartidos en só dúas escolas, os departamentos correspondentes deberán colaborar para a elaboración das probas de certificación de xeito conxunto.

4.3. Os departamentos designados para a elaboración das probas de nivel básico confeccionarán tres probas completas: proba A (convocatoria ordinaria), proba B (convocatoria extraordinaria) e proba R (reserva). O número e tipo de tarefas correspondentes a cada parte, así como as súas características, estarán recollidos na guía de especificacións facilitada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

4.4. Unha vez rematada a elaboración das tres probas, a xefatura de departamento (ou persoa coordinadora) de cada idioma remitirallas á coordinación da comisión de validación ao enderezo probaseoi@edu.xunta.es, antes do 15 de abril de cada ano. A comisión comprobará que as probas cumpran satisfactoriamente as directrices prescritas pola normativa vixente e que se axusten ao currículo propio do nivel, ao MECR e ás especificacións para redactores/as.

4.5. Despois de seren valoradas pola comisión e, se for o caso, tras facer os cambios indicados por esta, as direccións das escolas oficiais de idiomas que elaboren as probas de certificación de nivel básico responsabilizaranse de remitilas ás demais escolas onde se vaia administrar a proba antes do 15 de maio de cada ano en formato dixital. As probas irán dirixidas á dirección da escola, que as fará chegar ás correspondentes xefaturas de departamento. Igualmente, no mesmo prazo deberá enviarse unha copia das probas ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Artigo 4

Modifícase o artigo 5, que queda redactado como segue:

Artigo 5. Procedemento de elaboración das probas de certificación dos niveis intermedio, avanzado e C

5.1. As probas de certificación dos niveis intermedio, avanzado e C serán deseñadas, a partir de tarefas redactadas polos departamentos didácticos das distintas escolas, por unha comisión de validación que constituirá a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. No caso de idiomas impartidos nun só centro, a elaboración destas probas será responsabilidade dos respectivos departamentos.

Para o nivel C, as tarefas serán redactadas polos departamentos didácticos das escolas en que se imparta este nivel. Así mesmo, as probas de certificación administraranse nas escolas onde se imparta este nivel, agás no caso de inglés, que se administrará en todas as EOI de Galicia, e de galego, que se administrará nas EOI da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo.

5.2. De acordo co artigo 8.3.d) da Orde do 5 de agosto de 2011, pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, o horario do profesorado poderá incluír ata 3 horas asignadas pola dirección para a coordinación das probas de certificación. Esta coordinación implica participar no proceso de elaboración e organización de probas de certificación, e incluirá as seguintes funcións:

a) Seleccionar textos, redactar ítems e elaborar tarefas para as probas de certificación.

b) Elaborar os soportes necesarios (textos, gravacións e imaxes, libres de dereitos) para as probas de comprensión oral e de expresión e interacción oral.

c) Participar nas sesións de estandarización para a corrección de probas de certificación que se poidan levar a cabo nos departamentos.

Para cada un dos niveis, no caso do intermedio, avanzado e nivel C, e antes do 30 de setembro, as direccións de cada escola, por proposta das xefaturas dos departamentos, designarán entre todo o profesorado dos departamentos os/as docentes que, ben de xeito voluntario ou por impartiren un nivel determinado, dedicarán as 3 horas semanais previstas no devandito artigo á redacción dos ítems e á xestión das probas. O número de profesorado con dedicación á coordinación de probas de certificación deberá garantir o cumprimento das tarefas que a comisión de validación lle asigne a cada departamento.

5.3. Comisión de validación.

5.3.1. Co obxecto de garantir a coordinación das diferentes escolas no proceso de elaboración das probas de certificación dos niveis intermedio, avanzado e C, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará polo menos unha persoa por idioma, excepto nos idiomas impartidos nunha soa escola, como integrantes da comisión de validación. Os ditos membros deberán pertencer aos corpos de catedráticos/as ou de profesores/as de escolas oficiais de idiomas.

5.3.2. As funcións dos membros da comisión serán as seguintes:

a) Asignar e coordinar a elaboración das tarefas para probas de certificación cos distintos departamentos de cada idioma.

b) Recibir e supervisar as tarefas asignadas a cada departamento dos distintos idiomas e escolas.

c) Participar no control e análise da pilotaxe das tarefas recollidas, se é o caso.

d) Darlles redacción definitiva ás distintas partes das probas de certificación na convocatoria ordinaria (proba A), extraordinaria (proba B) e de reserva (proba R) dos niveis intermedio, avanzado e C, utilizando as tarefas validadas que se remitan desde os departamentos didácticos.

e) Garantir que as probas se axustan en contido e forma ás especificacións establecidas para a certificación do nivel correspondente, así como aos respectivos currículos.

f) Comprobar que as probas de nivel básico elaboradas polos correspondentes departamentos didácticos cumpran satisfactoriamente as directrices prescritas pola normativa vixente e se axusten ao currículo propio do nivel, ao MECR e ás especificacións facilitadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

g) Revisar e actualizar, cando proceda, as especificacións e as distintas guías de cada nivel (de administración e cualificación, e das persoas candidatas).

h) Manter un banco de todas as tarefas elaboradas para a certificación dos niveis intermedio, avanzado e C, e levar o rexistro da súa administración.

5.3.3. Procedemento e calendario para a elaboración das probas:

a) Na primeira quincena de setembro de cada ano, a comisión de validación reunirase para fixar o procedemento xeral que se debe seguir para garantir a coordinación entre niveis e idiomas.

b) Na segunda quincena de setembro, os membros da comisión faranlles chegar ás xefaturas de departamento de cada idioma o número de tarefas e a(s) destreza(s) asignadas aos departamentos desa lingua en cada escola. O número e tipo de tarefas correspondentes a cada parte da proba, así como as súas características, estarán recollidos nos documentos de especificacións que a comisión de validación lles facilitará ás persoas encargadas da elaboración de tarefas nos departamentos correspondentes.

c) Os departamentos didácticos deberán elaborar as tarefas asignadas de acordo cos documentos de especificacións mencionados, e entregalas á comisión de validación en dous prazos: ata o 10 de xaneiro e ata o 20 de maio de cada ano.

d) Os membros da comisión de validación farán unha selección dos ítems e tarefas recibidos, a partir da análise da súa idoneidade e da adecuación das tarefas e textos ás especificacións. No caso de que as tarefas non se axusten ás especificacións ou ás instrucións establecidas ao inicio de curso, requirirase a súa corrección aos/ás elaboradores/as dos departamentos correspondentes.

e) Os membros da comisión seleccionarán os ítems e tarefas máis axeitadas ás especificacións e aos criterios de avaliación do currículo respectivo e, se é o caso, iniciarán un proceso de pilotaxe destas.

f) Unha vez rematada a pilotaxe, os membros da comisión farán unha análise dos resultados que inclúa os índices de dificultade e discriminación, e remitiranlle ao profesorado redactor as tarefas ou ítems que se deben corrixir.

g) Os membros da comisión deberán decidir que criterios e marxes de coeficiente de dificultade se aceptarán para a validación dos ítems, tendo en conta as características propias de cada idioma.

h) Os departamentos didácticos organizarán, como mínimo, unha sesión de estandarización para a corrección das probas de certificación do nivel intermedio, outra para o nivel avanzado e outra para o nivel C, nas cales participará o profesorado implicado na administración e corrección das probas de certificación correspondentes.

i) O proceso de elaboración de tarefas para as probas de certificación contará coa supervisión da inspección educativa.

j) Ao remate de cada convocatoria de probas de certificación, a comisión de validación elaborará un informe sobre a administración e os resultados das correspondentes probas por idioma e nivel, que será remitido á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Artigo 5

Modifícase o artigo 7, que queda redactado como segue:

Artigo 7. Convocatoria de probas de certificación para o alumnado libre

7.1. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocará as probas de certificación para o alumnado libre, polo menos unha vez ao ano, que terán lugar, con carácter xeral, no mes de xuño.

7.2. A matrícula nas probas de certificación polo réxime libre só dará dereito a unha única convocatoria. A participación en cada proba implicará o pagamento do correspondente prezo público, sen que exista límite no número de convocatorias.

7.3. Poderanse matricular nas probas de certificación do idioma que cursasen como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan dezaseis anos feitos ou que os fagan antes do 31 de decembro do ano en que se convocan as probas.

7.4. Poderanse matricular nas probas de certificación dos idiomas que non cursasen como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan catorce anos feitos ou que os fagan antes do 31 de decembro do ano en que se convocan as probas.

7.5. O alumnado libre poderá matricularse, dentro do prazo establecido para tal fin, nas probas de certificación dos niveis básico, intermedio e avanzado, co pagamento previo dos prezos públicos correspondentes, sen que sexa requisito ter o(s) certificado(s) do(s) nivel ou niveis anterior(es). Para matricularse nas probas de certificación do nivel C será requisito indispensable posuír a certificación do nivel inferior das ensinanzas de idiomas de réxime especial expedida por unha escola oficial de idiomas.

7.6. O alumnado libre que supere a proba de certificación de nivel básico, intermedio ou avanzado poderá incorporarse ao primeiro curso do nivel intermedio, avanzado ou C, respectivamente, do réxime de ensinanza oficial presencial en calquera escola oficial de idiomas, sempre e cando exista dispoñibilidade de prazas.

7.7. O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente.

7.8. O alumnado dos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC), establecidos no artigo 5.1 da Orde do 18 de febreiro de 2011, que desexe certificar o nivel que estea a cursar deberá formalizar a matrícula polo réxime libre.

7.9. O alumnado procedente dos cursos CUALE establecidos na Orde do 12 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE, nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia que desexe certificar o nivel do curso que estea a cursar, deberá formalizar a matrícula, seguindo o procedemento que estableza a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para cada curso escolar.

Artigo 6

Modifícase o artigo 10, que queda redactado como segue:

Artigo 10. Incompatibilidades

10.1. Non poderán examinarse das probas de certificación aquelas persoas que participasen na súa elaboración ou no seu proceso de configuración final.

10.2. Así mesmo, o profesorado que imparta docencia nunha EOI, ou ben que a impartise nalgún momento do curso académico (no caso do profesorado interino ou substituto) non se poderá matricular nas probas de certificación de ningún idioma na propia EOI en que imparte ou impartise docencia nese curso académico, e, no caso do(s) idioma(s) que imparte, tampouco se poderá matricular para realizar as probas de certificación en ningunha EOI de Galicia.

10.3. O persoal non docente destinado nunha escola oficial de idiomas ou sección non poderá matricularse nas probas de certificación no centro onde desempeñe o seu labor, aínda que poderá formalizar a súa matrícula noutra escola ou sección. No caso de árabe e ruso, por seren idiomas que se imparten unicamente na EOI da Coruña, o persoal non docente que traballe nesta escola poderá matricularse nas probas de certificación deses idiomas no dito centro.

Artigo 7

Modifícase o artigo 11, que queda redactado como segue:

Artigo 11. Formación do profesorado na elaboración de probas e tarefas

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ofrecerá formación específica, tanto no relativo á elaboración de ítems e redacción de tarefas como na edición de audio, para o profesorado dos departamentos didácticos responsables da redacción das probas de certificación de nivel básico e o profesorado que elabore tarefas para as probas de certificación de nivel intermedio, avanzado e C.

Artigo 8

Modifícase o anexo I, Guía para persoas candidatas das probas de certificación de nivel básico (A2) das escolas oficiais de idiomas de Galicia, que queda redactado como se expón no anexo I que se xunta ao final desta resolución.

Artigo 9

Engádese o anexo III bis, Guía para as persoas candidatas das probas de certificación de nivel C1 das escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Artigo 10

Elimínase o anexo IV, Guía de especificacións para persoas redactoras das probas de certificación de nivel básico (A2) das escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Artigo 11

Modifícase o anexo V, relativo ao informe estatístico das probas de certificación, que queda redactado como se expón no anexo V que se xunta ao final desta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I

Guía para as persoas candidatas

Probas de certificación de nivel básico (A2)

Escolas oficiais de idiomas

Galicia

Contido.

1. Introdución.

2. Recoñecemento da certificación.

3. Perfil das persoas candidatas.

4. Requisitos para presentarse ás probas.

5. Número de convocatorias.

6. Dereitos das persoas candidatas.

7. Obrigas das persoas candidatas.

8. Definición do nivel básico.

9. Estrutura da proba de certificación de nivel básico.

10. Distribución e orde de administración da proba.

11. Contidos.

12. Temas.

13. Tipos de texto.

14. Características de cada parte da proba.

15. Resultados.

16. Recomendacións finais.

1. Introdución.

O presente documento contén a descrición das probas de certificación correspondentes ao nivel básico que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas (EOI) de Galicia. Ten a finalidade de facilitarlles información sobre a estrutura e o contido destas probas ás persoas candidatas.

As probas de certificación do nivel básico están reguladas polo marco legal e administrativo establecido nos seguintes documentos:

• Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4 de maio).

• Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro (BOE do 4 de xaneiro de 2007), que fixa os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

• Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio (DOG do 9 de outubro).

• Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 26 de setembro).

2. Recoñecemento da certificación.

As certificacións que expiden as EOI son titulacións de recoñecido prestixio no mundo laboral e profesional. É a única titulación oficial válida en todo o territorio español, expedida polo Ministerio de Educación ou polas comunidades autónomas con competencias educativas, na que se certifica o dominio dun nivel de competencia lingüística dunha lingua estranxeira ou das diferentes linguas autonómicas.

Estas certificacións son validadas e recoñecidas por distintos organismos oficiais. Por exemplo, equivalen a:

• Créditos de libre configuración nas universidades galegas.

• Horas de formación para o funcionariado de Galicia e das diferentes comunidades autónomas do Estado español.

• Horas de formación permanente para o profesorado (sexenios, concursos, concesións de bolsas, intercambios, programas europeos...), segundo a Orde do 1 marzo de 2007 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 14 de abril).

• Méritos en concursos de traslados para o funcionariado de Galicia e das diferentes comunidades autónomas do Estado español.

• Méritos na fase de concurso-oposición para o acceso á función pública no territorio español.

3. Perfil das persoas candidatas.

O perfil do alumnado das EOI é moi variado, tanto pola idade como pola súa formación, nivel cultural e motivación.

En consecuencia, as probas estarán deseñadas para un alumnado heteroxéneo, e non incluirán, en ningún caso, tarefas que lles esixan ás persoas candidatas un certo grao de complexidade cognitiva.

4. Requisitos para presentarse ás probas.

Poderán presentarse a estas probas aquelas persoas que desexen obter unha certificación académica que faga constar o seu nivel de competencia lingüística no idioma obxecto de exame e que cumpran os seguintes requisitos:

• Ter máis de 16 anos (ou máis de 14 anos se se examina dunha lingua distinta á que cursa como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria) ou cumprilos no ano da convocatoria, independentemente do seu nivel de estudos ou profesión.

• Efectuar, dentro dos prazos establecidos, os trámites de inscrición e aboar as taxas correspondentes para realizar as probas.

5. Número de convocatorias.

A Administración educativa organizará dúas convocatorias anuais de probas para a obtención dos certificados correspondentes, unha convocatoria ordinaria en xuño e outra extraordinaria en setembro, que serán comúns en todas as EOI de Galicia para o réxime de ensinanza oficial.

Para o réxime de ensinanza libre, haberá unha única convocatoria anual de probas para a obtención dos certificados correspondentes en xuño, que será común en todas as EOI de Galicia.

O calendario de probas para cada convocatoria será fixado na correspondente circular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e poderá consultarse nas diferentes EOI e nas súas páxinas web.

6. Dereitos das persoas candidatas.

Adaptación da proba para persoas con diversidade funcional.

É posible a adaptación da proba ás necesidades especiais daquelas persoas candidatas que presenten algún tipo de discapacidade motriz, visual ou auditiva.

As persoas candidatas que se matriculen en réxime libre deben declarar e xustificar estas circunstancias no momento de formalizar a matrícula mediante unha certificación oficial acreditativa da súa discapacidade e do grao desta. A escola poñerao en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva para que emitan un informe sobre as medidas necesarias para avaliar estas persoas candidatas.

Xustificantes de asistencia.

As persoas candidatas poderán solicitar un xustificante de asistencia ao exame. Este xustificante solicitaráselle ao profesorado administrador unha vez finalizada a proba escrita ou oral.

Dereito a reclamar

De acordo coa lexislación vixente (Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), calquera persoa candidata que estea en desacordo coa súa cualificación final poderá presentar unha reclamación ante a dirección da escola oficial de idiomas nun prazo de dous días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación dos resultados.

As reclamacións deberán basearse nos seguintes aspectos:

• Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.

• Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.

A reclamación contra a cualificación final da proba resolveraa por escrito a dirección da EOI nun prazo máximo de dous días hábiles, logo de presentar a reclamación; a dirección, tras o informe do departamento correspondente, ratificará ou rectificará a cualificación.

No caso de non estar conforme coa resolución, a persoa candidata poderá reclamar ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de dous días hábiles posteriores á recepción da comunicación da dirección da escola. A xefatura territorial resolverá, tras o informe do servizo de inspección, no prazo dun mes a partir da presentación do recurso; esta resolución poñerá fin á vía administrativa.

7. Obrigas das persoas candidatas.

As persoas candidatas deberán:

• Ser puntuais e presentarse na aula onde se realizará a proba escrita á hora indicada na convocatoria. Non se lle permitirá a entrada á aula a ningunha persoa candidata despois da última chamada.

• Consultar a súa convocatoria concreta para a proba de expresión oral publicada polo centro. Esta proba oral poderá ser fixada para antes ou despois da proba escrita.

• Presentar o DNI, pasaporte ou calquera outro documento acreditativo da identidade cando llelo requiran na aula.

• Presentar o resgardo da matrícula (no caso das persoas candidatas libres).

• Usar bolígrafo azul ou negro para realizar o exame porque as probas escritas con lapis ou emendadas con líquido ou cinta correctora non serán cualificadas.

• Apagar os teléfonos móbiles ou calquera outro dispositivo electrónico durante toda a proba.

• Asinar na folla de sinaturas cando entregan cada parte da proba.

• Saír da aula con discreción e permanecer en silencio absoluto nos corredores do centro.

8. Definición do nivel básico.

O nivel básico das EOI de Galicia equivale ao nivel A2 definido no Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL), un documento creado segundo a política lingüística xeral do Consello de Europa coa intención de proporcionar, en toda a súa zona de influencia, unha base común para elaborar programas de linguas, orientacións curriculares, exames, manuais, etc.

Tendo en conta este documento e a lexislación vixente en Galicia:

O nivel básico ten a finalidade de capacitar, fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, para utilizar o idioma oralmente e por escrito de xeito eficaz e apropiado en situacións comunicativas sinxelas e habituais, relativas a necesidades inmediatas, e que requiran comprender e producir textos breves nun rexistro neutro que conteñan expresións e estruturas básicas e termos sinxelos de lingua estándar. Este nivel de uso do idioma deberá permitir igualmente actuar en tales situacións mediando entre falantes de distintas linguas que non poidan comprenderse de xeito directo.

Decreto 191/2007, do 20 de setembro (DOG do 9 de outubro)

Polo tanto, a persoa que acada este nivel:

É capaz de comprender frases e expresións de uso frecuente relacionadas con áreas de experiencia que lle son especialmente relevantes (información básica sobre si mesmo e a súa familia, compras, lugares de interese, ocupacións, etc.).

Sabe comunicarse para levar a cabo tarefas simples e cotiás que non requiran máis ca intercambios sinxelos e directos de información sobre cuestións que lle son coñecidas ou habituais.

Sabe describir en termos sinxelos aspectos do seu pasado e o seu contorno así como cuestións relacionadas coas súas necesidades inmediatas.

MECRL, niveis comúns de referencia. Escala global. Descritores nivel A2

9. Estrutura da proba de certificación de nivel básico.

Puntuación total

Puntuación mínima

Partes da proba (destrezas)

25

15 puntos

Comprensión escrita

25

15 puntos

Expresión e interacción escrita

25

15 puntos

Comprensión oral

25

15 puntos

Expresión e interacción oral

10. Distribución e orde de administración da proba.

A proba administrarase en dúas sesións, unha para a parte escrita e outra para a proba de expresión e interacción oral. A proba de expresión e interacción oral poderá ser antes ou despois da parte escrita.

Sesión I.

Duración

Destrezas

50 minutos

Comprensión escrita

10 minutos

Pausa

50 minutos

Expresión e interacción escrita

10 minutos

Pausa

30 minutos

Comprensión oral

2 horas 30 minutos

Total

Sesión II.

Duración (por parella)

Destreza

15 minutos

Expresión e interacción oral

15 minutos

Total

Na destreza de expresión e interacción oral, a intervención das persoas candidatas poderá ser gravada en audio.

11. Contidos.

Os contidos xerais da proba de certificación de nivel básico serán os descritos para cada idioma no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, anexo 2, epígrafe 3).

12. Temas.

Os temas sobre os que se basearán as distintas tarefas da proba serán os descritos no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro de 2007, anexo 1, epígrafe 3.2.1.1).

• Identificación persoal.

• Formación e experiencia laboral.

• Descrición persoal: carácter, preferencias, crenzas.

• Descrición persoal: aspecto físico.

• Vivenda, fogar e contorna: mobiliario, electrodomésticos e aparellos electrónicos.

• A vivenda e a contorna.

• Alugueiro.

• Servizos (auga, luz, calefacción...).

• Tempo libre e ocio: afeccións e intereses.

• Viaxes e transportes: vacacións, aloxamento, equipaxe, documentación, lugares de interese turístico.

• Relacións humanas e sociais: actos sociais (festas, reunións), correspondencia formal.

• Saúde e coidados físicos: accidentes, saúde e enfermidade.

• Educación: centros de ensino, tipos de estudos.

• Compras e actividades comerciais: artigos para a casa, moda e vestido.

• Alimentación: comida (preparación e sabores), materiais e utensilios.

• Bens e servizos: bancos, institucións, servizos médicos, servizos sociais.

• Clima, condicións atmosféricas e ambiente: previsións meteorolóxicas.

• Paisaxe: campo, cidade.

• Ciencia e tecnoloxía: aparellos de uso cotián.

13. Tipos de texto.

Os tipos de texto que constitúen a base das distintas tarefas da proba serán os descritos no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro de 2007, anexo 1, epígrafe 3.2.3.2.2). Utilizaranse textos auténticos ou verosímiles adaptados ás características e obxectivos das tarefas:

Posibles textos escritos

Posibles textos orais

• Anuncios publicitarios (en paneis, na prensa, etc.) e anuncios por palabras.

• Correspondencia persoal e formal (cartas comerciais, reclamacións, notas, mensaxes, invitacións, felicitacións, etc.).

• Textos xornalísticos (noticias, reportaxes, crónicas, cartas ao director, artigos de opinión, entrevistas).

• Informes.

• Resumos e esquemas.

• Apuntamentos.

• Textos literarios (contos, relatos breves, poemas, diálogos teatrais).

• Bandas deseñadas e tiras cómicas.

• Documentos oficiais (formularios, impresos, instancias).

• Documentos comerciais (contratos, facturas, albarás, cartas comerciais, extractos bancarios).

• Catálogos.

• Manuais de instrucións.

• Guións.

• Currículos.

• Dicionarios.

• Prospectos.

• Receitas de cociña.

• Adiviñas.

• Biografías.

• Anuncios publicitarios na radio e televisión e anuncios por megafonía.

• Instrucións e indicacións detalladas.

• Conversas cara a cara e en grupo.

• Reunións de traballo.

• Debates.

• Discusións formais.

• Entrevistas: de traballo, académicas, médicas, etc.

• Enquisas.

• Textos audiovisuais: películas, programas de TV ou de radio, telexornais, documentais, material gravado.

• Conferencias, presentacións e declaracións públicas.

• Cancións.

• Representacións teatrais.

• Conversas telefónicas e mensaxes en contestadores automáticos.

14. Características de cada parte da proba.

Comprensión escrita

Obxectivos

• Comprender información global e ideas principais.

• Comprender información detallada.

• Comprender información explícita.

Número de tarefas

Entre 3 e 5.

Posible formato das tarefas

• Emparellar textos con imaxes, con enunciados ou con títulos que resuman a idea principal.

• Contestar preguntas de resposta breve.

• Ordenar parágrafos ou frases.

• Discriminar afirmacións identificando as verdadeiras e as falsas.

• Contestar preguntas de opción múltiple (a, b, c) cunha soa resposta correcta.

Comprensión oral

Obxectivos

• Comprender información global e ideas principais.

• Comprender información detallada.

• Comprender información explícita.

Número de tarefas

Entre 3 e 5.

Posible formato das tarefas

• Emparellar textos con imaxes, con enunciados ou con títulos que resuman a idea principal.

• Contestar preguntas de resposta breve.

• Completar información en esquemas, diagramas, etc.

• Discriminar afirmacións identificando as verdadeiras e as falsas.

• Contestar preguntas de opción múltiple (a, b, c) cunha soa resposta correcta.

As gravacións correspondentes a cada tarefa escoitaranse dúas veces.

Ningunha persoa candidata poderá abandonar a aula antes de que remate a audición de todos os documentos sonoros.

Expresión e interación escrita

Obxectivos

• Solicitar e transmitir información.

• Describir persoas, lugares ou obxectos.

• Relatar experiencias cotiás ou accións presentes ou pasadas.

• Escribir sobre proxectos ou plans.

• Expresar opinións, sentimentos e desexos.

Número de tarefas

Dúas.

Descrición da proba

Tarefa 1: escribir correspondencia informal.

Extensión: mínimo 80 palabras-máximo 100 palabras.

Tarefa 2: escribir un texto narrativo, expositivo ou descritivo, sobre temas cotiáns de carácter xeral, para unha revista ou un xornal, un foro da internet, unha web, etc.

Extensión: mínimo 80 palabras-máximo 100 palabras.

• Trataranse todos e cada un dos puntos indicados nas tarefas.

• Penalizaranse as respostas que non respecten os límites de palabras establecidos.

Avaliación

Dobre corrección por un tribunal de 2 profesores/as.

Utilizarase un baremo baseado nos seguintes criterios:

ADECUACIÓN E EFICACIA COMUNICATIVA.

Refírese:

• Ao cumprimento da función comunicativa da tarefa.

• Ao tratamento dos puntos indicados na tarefa cun contido axeitado.

• Ao axuste ao formato e ao tipo de texto requirido (carta, correo electrónico, nota ou mensaxe, etc.).

• Ao uso dun rexistro axeitado ao/ á destinatario/a, ao propósito comunicativo e á situación.

• Á organización da información e das ideas de modo que o discurso sexa comprensible.

COHESIÓN.

Refírese:

• Ao uso de conectores (e, pero, porque), pronomes, adverbios e demais elementos deícticos ou de referencialidade.

• Ao uso adecuado da puntuación.

RIQUEZA E CORRECCIÓN GRAMATICAL.

Refírese:

• Á variedade e precisión das estruturas morfosintácticas.

• Ao grao de corrección morfosintáctica.

• Ao grao de corrección ortográfica.

RIQUEZA E CORRECCIÓN LÉXICA.

Refírese:

• Á variedade e precisión do léxico utilizado.

• Ao grao de corrección léxica.

Expresión e interacción oral

Obxectivos

• Relatar experiencias cotiás ou accións presentes ou pasadas.

• Describir persoas, lugares ou obxectos.

• Falar de proxectos ou plans.

• Iniciar, manter e concluír unha conversa.

• Tomar e ceder a quenda de palabra.

• Intercambiar información, cooperar e negociar.

• Realizar propostas.

• Expresar opinións e desexos.

• Mostrar que se entende ou pedir aclaracións.

• Responder/ realizar preguntas breves e sinxelas.

Número de tarefas

Dúas.

Descrición da proba

A proba realizarase por parellas.

A proba constará das seguintes fases:

Acollida (non avaliable).

Tarefa 1. Monólogo guiado polo profesorado administrador:

• Preparación: 1 minuto.

• Intervención individual: 2 minutos.

Tarefa 2. Conversa entre as persoas candidatas, baseada nunha situación comunicativa verosímil da vida cotiá:

• Preparación: 1 minuto.

• Diálogo: 3-4 minutos (5-6 minutos en caso de trío).

Despedida (non avaliable).

Avaliación

Tribunal formado por 2 profesores/as.

Utilizarase un baremo baseado nos seguintes criterios:

ADECUACIÓN.

Refírese:

• Ao cumprimento da función comunicativa da tarefa.

• Ao tratamento dos puntos indicados na tarefa cun contido axeitado.

• Ao uso dun rexistro axeitado ao/ á destinatario/a, ao propósito comunicativo e á situación.

• Á capacidade de colaborar e interactuar co/ coa interlocutor/a.

COHERENCIA E COHESIÓN.

Refírese:

• Á organización da información e das ideas de modo que o discurso sexa comprensible.

• Ao uso de conectores (e, pero, porque) e de elementos deícticos ou de referencialidade.

FLUIDEZ, PRONUNCIA E ENTOACIÓN.

Refírese:

• Á duración e á frecuencia das pausas.

• A que o discurso sexa intelixible.

RIQUEZA E CORRECCIÓN GRAMATICAL.

Refírese:

• Á variedade e precisión das estruturas morfosintácticas.

• Ao grao de corrección morfosintáctica.

RIQUEZA E CORRECCIÓN LÉXICA.

Refírese:

• Á variedade e precisión do léxico utilizado.

• Ao grao de corrección léxica.

15. Resultados.

Os resultados das probas de ambas as convocatorias publicaranse antes de finalizar o mes da súa realización. Cada escola determinará a data exacta de publicación.

A cualificación outorgada será apto, non apto ou non presentado, segundo corresponda.

A cualificación será apto cando se obteñan 15 puntos de 25 (o 60 %) en cada unha das destrezas; é necesario aprobar todas e cada unha das destrezas para superar a proba de certificación.

O alumnado oficial que se presente á convocatoria extraordinaria de setembro só terá que examinarse das destrezas non aprobadas na convocatoria ordinaria de xuño.

De non obteren a cualificación de apto en todas as destrezas na convocatoria de setembro, as persoas candidatas deberán presentarse de novo ás probas de certificación para seren avaliadas de todas as destrezas.

As persoas candidatas que obteñan a cualificación de non apto na proba de certificación, se aprobaron algunha/s destreza/s, poderán solicitar unha certificación académica de que acadaron o dominio requirido na/s destreza/s aprobada/s.

A escola oficial de idiomas en que se realiza a proba expediralles o correspondente certificado de nivel básico a aquelas persoas candidatas que superen esta proba. Para obter este certificado acreditativo, a persoa candidata non terá que realizar trámite ningún. A EOI, logo de emitir os ditos certificados, realizará a comunicación oportuna.

16. Recomendacións finais.

Antes da proba:

• Lea atentamente a guía para persoas candidatas e familiarícese co proceso de realización das probas.

• Asegúrese do día, hora e aula de cada parte da proba escrita.

• Consulte a súa convocatoria concreta para a proba de expresión oral publicada polo centro; lembre que esta proba poderá ser fixada para antes ou despois da proba escrita.

Durante a proba:

• Lea con atención todas as instrucións.

• Distribúa adecuadamente o tempo de que dispón para realizar as diferentes tarefas. Resulta conveniente reservar uns minutos finais para poder facer un repaso xeral e corrixir posibles erros.

• Escriba con letra clara en todas as partes da proba.

• Escriba ou marque as respostas con claridade.

Despois da proba:

• Abandone a aula con discreción e permaneza en silencio para non incomodar as demais persoas que continúen realizando as probas.

ANEXO III bis

Guía para as persoas candidatas

Probas de certificación de nivel C1

Escolas oficiais de idiomas

Galicia

Contido.

1. Introdución.

2. Recoñecemento da certificación.

3. Perfil das persoas candidatas.

4. Requisitos para presentarse ás probas.

5. Número de convocatorias.

6. Dereitos das persoas candidatas.

7. Obrigas das persoas candidatas.

8. Definición do nivel C1.

9. Estrutura da proba de certificación de nivel C1.

10. Distribución e orde de administración da proba.

11. Contidos.

12. Temas.

13. Tipos de texto.

14. Características de cada parte da proba.

15. Resultados.

16. Recomendacións finais.

1. Introdución.

O presente documento contén a descrición das probas de certificación correspondentes ao nivel C1 que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas (EOI) de Galicia. Ten a finalidade de facilitarlles información sobre a estrutura e o contido destas probas ás persoas candidatas.

As probas de certificación correspondentes ao nivel C1 están reguladas polo marco legal e administrativo establecido nos seguintes documentos:

– Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4 de maio).

– O Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que prevé na súa disposición adicional segunda que as escolas oficiais de idiomas poderán, nos termos que dispoñan as respectivas administracións educativas, organizar e impartir cursos especializados para o perfeccionamento de competencias en idiomas, tanto nos niveis básico, intermedio e avanzado como nos niveis C1 e C2 do Consello de Europa, segundo se definen estes niveis no Marco europeo común de referencia para as linguas. (BOE do 4 de xaneiro de 2007).

– O Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio, que regula no seu artigo 4 os cursos de especialización dos niveis C1 e C2.

No punto 4 establece que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecerá o procedemento para a certificación destes cursos, tendo en conta tanto a correspondencia de cada certificado cos descritores dos niveis do MECR como a descrición das probas realizadas e das competencias valoradas para a obtención da devandita certificación (DOG do 9 de outubro).

– Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 26 de setembro).

– Orde do 19 de abril de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

– Orde do 8 de outubro de 2012 pola que se establece o procedemento para a implantación, avaliación e certificación de cursos especializados para o perfeccionamento de idiomas dos niveis C1 e C2 do Consello de Europa, segundo se definen estes niveis no MECR, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia (DOG do 11 de outubro de 2012).

– Resolución do 10 de maio de 2012 pola que se ditan instrucións para a elaboración e administración das probas de certificación e de clasificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 28 de maio de 2012).

En canto a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non estableza os currículos para os cursos especializados dos niveis C1 e C2 dos idiomas que se impartan nas escolas oficiais de idiomas de Galicia, tomarase como referencia o currículo para o nivel C1 establecido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no anexo da Orde EDU/3377/2009, do 7 de decembro (BOE do 16 de decembro).

No caso do idioma galego, tomarase como referencia o establecido no anexo III da Orde do 16 de xullo do 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), no relativo ao Celga 4 (C1) e Celga 5 (C2).

2. Recoñecemento da certificación.

No artigo 5.1 da Orde do 8 de outubro de 2012, establécese que para obter os certificados acreditativos de competencia nos niveis C1 e C2 do idioma correspondente, ao remate dos cursos será necesaria a superación dunha proba de certificación para cada un dos niveis. Estas probas terán as características que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estableza nas convocatorias correspondentes.

No punto 5 da mesma orde, recóllese que os certificados acreditativos de ter superado as probas correspondentes aos niveis C serán expedidos polas escolas oficiais de idiomas, de acordo co modelo que figura no anexo II.

As certificacións que expiden as EOI son titulacións de recoñecido prestixio no mundo laboral e profesional. É a única titulación oficial válida en todo o territorio español, expedida polo Ministerio de Educación ou polas comunidades autónomas con competencias educativas, en que se certifica o dominio dun nivel de competencia lingüística dunha lingua estranxeira ou das diferentes linguas autonómicas.

Estas certificacións son validadas e recoñecidas por distintos organismos oficiais. Por exemplo, equivalen a:

• Créditos de libre configuración nas universidades galegas.

• Horas de formación para o funcionariado de Galicia e das diferentes comunidades autónomas do Estado español.

• Horas de formación permanente para o profesorado (sexenios, concursos, concesións de bolsas, intercambios, programas europeos...), segundo a Orde do 1 marzo de 2007 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 14 de abril).

• Méritos en concursos de traslados para o funcionariado de Galicia e das diferentes comunidades autónomas do Estado español.

• Méritos na fase de concurso-oposición para o acceso á función pública no territorio español.

3. Perfil das persoas candidatas.

O perfil do alumnado das EOI é moi variado, tanto pola idade como pola súa formación, nivel cultural e motivación. En consecuencia, as probas estarán deseñadas para un alumnado heteroxéneo.

4. Requisitos para presentarse ás probas.

Poderán presentarse a estas probas aquelas persoas que desexen obter unha certificación académica que faga constar o seu nivel de competencia lingüística no idioma obxecto de exame e que cumpran os seguintes requisitos:

• Ter máis de 16 anos (ou máis de 14 anos se se examina dunha lingua distinta á que cursa como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria) ou facelos no ano natural da convocatoria, independentemente do seu nivel de estudos ou profesión.

• Posuír o certificado de nivel avanzado ou o antigo certificado de aptitude na lingua en que se van examinar, expedido por unha escola oficial de idiomas.

• Efectuar, dentro dos prazos establecidos, os trámites de inscrición e aboar as taxas correspondentes para realizar as probas.

5. Número de convocatorias.

A Administración educativa organizará dúas convocatorias anuais de probas para a obtención dos certificados correspondentes, unha convocatoria ordinaria en xuño e outra extraordinaria en setembro, que serán comúns en todas as EOI de Galicia, para o réxime de ensinanza oficial.

Para o réxime de ensinanza libre, haberá unha única convocatoria anual de probas para a obtención dos certificados correspondentes, no mes de xuño, que será común en todas as EOI de Galicia.

O calendario de probas para cada convocatoria será fixado na correspondente circular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e poderá consultarse nas diferentes EOI e nas súas páxinas web.

6. Dereitos das persoas candidatas.

Adaptación da proba para persoas con diversidade funcional.

É posible a adaptación da proba ás necesidades especiais daquelas persoas candidatas que presenten algún tipo de discapacidade motriz, visual ou auditiva.

As persoas candidatas que se matriculen en réxime libre deben declarar e xustificar esta circunstancia no momento de formalizar a matrícula, mediante unha certificación oficial acreditativa da súa discapacidade e do grao desta. A escola poñerao en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva para que emitan un informe sobre as medidas necesarias para avaliar estas persoas candidatas.

Xustificantes de asistencia.

As persoas candidatas poderán solicitar un xustificante de asistencia ao exame. Este xustificante solicitaráselle ao profesorado administrador unha vez finalizada a proba escrita ou oral.

Dereito a reclamar.

De acordo coa lexislación vixente (Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), calquera persoa candidata que estea en desacordo coa súa cualificación final poderá presentar unha reclamación ante a dirección da escola oficial de idiomas nun prazo de dous días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación dos resultados.

As reclamacións deberán basearse nos seguintes aspectos:

• Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.

• Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.

A reclamación contra a cualificación final da proba resolveraa por escrito a dirección da EOI nun prazo máximo de dous días hábiles, logo de presentar a reclamación; a dirección, tras o informe do departamento correspondente, ratificará ou rectificará a cualificación.

No caso de non estar conforme coa resolución, a persoa candidata poderá reclamar ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de dous días hábiles posteriores á recepción da comunicación da dirección da escola. A xefatura territorial resolverá, tras o informe do servizo de inspección, no prazo dun mes a partir da presentación do recurso; esta resolución poñerá fin á vía administrativa.

7. Obrigas das persoas candidatas.

As persoas candidatas deberán:

• Ser puntuais e presentarse na aula onde se realizará a proba escrita á hora indicada na convocatoria. Non se lle permitirá a entrada á aula a ningunha persoa candidata despois da última chamada.

• Consultar a súa convocatoria concreta para a proba de expresión oral publicada polo centro. Esta proba oral poderá ser fixada para antes ou despois da proba escrita.

• Presentar o DNI, pasaporte ou calquera outro documento acreditativo da identidade cando llelo requiran na aula.

• Presentar o resgardo da matrícula (no caso das persoas candidatas libres).

• Usar bolígrafo azul ou negro para realizar o exame porque as probas escritas con lapis ou emendadas con líquido ou cinta correctora non serán cualificadas.

• Apagar os teléfonos móbiles ou calquera outro dispositivo electrónico durante toda a proba.

• Asinar na folla de sinaturas cando entregan cada parte da proba.

• Saír da aula con discreción e permanecer en silencio absoluto nos corredores do centro.

8. Definición do nivel C1.

A Orde do 8 de outubro de 2012 establece na súa disposición transitoria que en canto a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non estableza os currículos para os cursos especializados dos niveis C1 e C2 dos idiomas que se impartan nas escolas oficiais de idiomas de Galicia, tomarase como referencia o currículo para o nivel C1 establecido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no anexo da Orde EDU/3377/2009, do 7 de decembro (BOE do 16 de decembro).

Tendo en conta este documento, o nivel C1 poderíase definir pola capacidade para empregar o idioma con flexibilidade, eficacia e precisión para participar en todo tipo de situacións, nos ámbitos persoal, público, académico e profesional, que requiran comprender, producir e procesar textos orais e escritos, extensos e complexos, en diversas variedades estándar da lingua, cun repertorio léxico amplo, e que versen sobre temas tanto abstractos como concretos, incluso naqueles cos que o falante non estea familiarizado.

Polo tanto, a persoa que acada este nivel:

• É capaz de comprender, incluso en malas condicións acústicas, textos orais extensos, lingüística e conceptualmente complexos, que conteñan expresións idiomáticas e coloquiais e que traten temas tanto concretos como abstractos ou descoñecidos para o alumnado, incluíndo aqueles de carácter técnico ou especializado, en diversas variedades estándar da lingua e articulados a velocidade normal ou rápida, aínda que puidese necesitar confirmar certos detalles, sobre todo se o acento non lle resulta familiar.

• Pode producir textos orais claros e detallados sobre temas complexos, integrando outros temas, desenvolvendo ideas concretas e rematando cunha conclusión adecuada, así como dominar un amplo repertorio léxico que lle permita suplir as deficiencias facilmente con circunloquios cando toma parte activa en intercambios extensos de diversos tipos, expresándose con fluidez, espontaneidade e case sen esforzo.

• Pode comprender con todo detalle textos escritos, extensos e complexos, relacionados ou non coa súa especialidade, sempre que poida reler os fragmentos difíciles.

• Pode escribir textos claros e ben estruturados sobre temas complexos resaltando as ideas principais, ampliando con certa extensión e defendendo os seus puntos de vista con ideas complementarias, motivos e exemplos adecuados, e rematando cunha conclusión apropiada.

9. Estrutura da proba de certificación de nivel C1.

Puntuación total

Puntuación mínima

Partes da proba (destrezas)

25

15 puntos

Comprensión escrita

25

15 puntos

Expresión e interacción escrita

25

15 puntos

Comprensión oral

25

15 puntos

Expresión e interacción oral

10. Distribución e orde de administración das partes da proba.

A proba administrarase en dúas sesións, unha para a parte escrita e outra para a proba de expresión e interacción oral. A proba de expresión e interacción oral poderá ser antes ou despois da parte escrita.

Sesión I.

Duración

Destrezas

1 hora

Comprensión escrita

10 minutos

Pausa

1 hora 30 minutos

Expresión e interacción escrita

10 minutos

Pausa

40 minutos

Comprensión oral

3 horas 30 minutos

Total

Sesión II.

Duración (por parella)

Destreza

20 minutos

Expresión e interacción oral

20 minutos

Total

A sesión correspondente á destreza de expresión e interacción oral poderá ter lugar antes ou despois da sesión correspondente ás outras destrezas, e gravarase en audio a intervención das persoas candidatas.

11. Contidos.

Os contidos xerais da proba de certificación de nivel C1 serán os descritos no currículo establecido no punto I.3 do anexo da Orde EDU/3377/2009, do 7 de decembro (BOE do 16 de decembro).

12. Temas.

Os temas (para os que se considerarán subtemas e os seus correspondentes repertorios léxicos, tendo en conta as demandas dos obxectivos deste nivel) sobre os que se basearán os distintos exercicios da proba serán os descritos no punto I.3.2.4 (competencia léxica) do currículo establecido na Orde EDU/3377/2009, do 7 de decembro (BOE do 16 de decembro):

Identidade persoal: dimensión física e anímica.

Vivenda, fogar e contorna.

Alimentación.

Saúde e coidados físicos.

Relacións persoais e sociais.

Traballo e actividades profesionais.

Educación e actividades académicas.

Tempo de lecer.

Viaxes, aloxamento e transporte.

Compras e actividades comerciais.

Bens e servizos.

Economía e industria.

Goberno, política e sociedade.

Información e medios de comunicación.

Cultura e actividades artísticas.

Relixión e filosofía.

Xeografía, natureza e medio natural.

Ciencia e tecnoloxía.

13. Tipos de texto.

Utilizaranse textos auténticos na súa forma orixinal ou adaptados ás características e obxectivos dos exercicios:

Posibles textos orais

Posibles textos escritos

• Adiviñas.

• Anuncios publicitarios na radio e na televisión e informacións por megafonía.

• Cancións.

• Conferencias, presentacións, declaracións públicas, mesas redondas e discursos extensos sobre temas abstractos da propia especialidade ou non.

• Conversas á cara e entre varios falantes: formais e informais, transaccionais...

• Conversas telefónicas complexas: formais e informais, transaccionais...

• Discusións formais.

• Enquisas e cuestionarios.

• Entrevistas laborais, académicas, médicas, xornalísticas ...

• Instrucións e indicacións detalladas e extensas.

• Intervencións en reunións formais sobre temas relacionados coa propia especialidade.

• Instrucións e mensaxes gravadas en contestadores automáticos.

• Presentacións de certa extensión sobre temas complexos (proxectos, informes, experiencias, etc.).

• Actas.

• Adiviñas.

• Anuncios publicitarios e anuncios por palabras.

• Artigos de opinión en revistas especializadas.

• Biografías.

• Catálogos.

• Bandas deseñadas e tiras cómicas.

• Composicións escritas.

• Convocatorias.

• Correspondencia persoal e formal (cartas comerciais, reclamacións, pedidos, mensaxes electrónicas, invitacións, felicitacións, condolencias, agradecemento, escusa, etc.).

• Currículos.

• Dicionarios.

• Documentos comerciais (acordos, contratos, facturas, albarás, cartas comerciais, extractos bancarios).

• Documentos oficiais ou legais.

• Enquisas e cuestionarios.

• Guías de viaxe.

• Guións.

• Informes extensos e complexos sobre temas da súa especialidade.

• Representacións teatrais.

• Textos audiovisuais: películas, programas de TV ou de radio, noticias, informativos, documentais, material gravado...

• Textos humorísticos: chistes, etc.

• Libros de texto.

• Manuais de instrucións e prospectos.

• Memorias e informes.

• Mensaxes en foros virtuais, blogs, etc.

• Páxinas web de todo tipo.

• Receitas de cociña.

• Recensións en xornais e revistas.

• Regulamentos e instrucións públicas.

• Resumos e sínteses. Apuntamentos.

• Textos humorísticos: chistes, etc.

• Textos literarios (contos, relatos breves, novelas, poemas, obras teatrais).

• Textos xornalísticos (noticias, reportaxes, crónicas, cartas ao director, artigos de opinión, editoriais, necrolóxicas, recensións, entrevistas).

• Traballos escolares e académicos.

14. Características de cada parte da proba.

Comprensión de lectura

Obxectivos

• Comprender información global e ideas principais.

• Comprender información detallada, técnica e específica.

• Comprender información de forma selectiva.

• Comprender información implícita e explícita.

• Comprender opinións e actitudes.

• Identificar detalles sutís que inclúen actitudes e opinións tanto implícitas coma explícitas.

Número de tarefas: entre 3 e 5.

Posible formato dos exercicios

• Emparellar textos con situacións, con títulos ou con enunciados que resuman a idea principal.

• Contestar preguntas de resposta breve.

• Completar información en esquemas ou diagramas.

• Discriminar afirmacións identificando as verdadeiras e as falsas (xustificando a resposta).

• Contestar preguntas de opción múltiple (a, b, c) cunha soa resposta correcta.

Comprensión oral

Obxectivos

• Comprender información global e ideas principais.

• Comprender información detallada.

• Comprender información de forma selectiva.

• Comprender información implícita e explícita.

• Comprender opinións e actitudes.

• Organizar e discriminar información.

• Identificar pormenores e sutilezas como actitudes e relacións implícitas entre os falantes.

Número de tarefas: entre 3 e 5.

Posible formato dos exercicios

• Emparellar textos con enunciados ou con títulos que resuman a idea principal.

• Contestar preguntas de resposta breve.

• Completar información en esquemas, diagramas, etc.

• Discriminar afirmacións identificando as verdadeiras e as falsas.

• Contestar preguntas de opción múltiple (a, b, c) cunha soa resposta correcta.

As gravacións correspondentes a cada exercicio escoitaranse dúas veces.

Ningunha persoa candidata poderá abandonar a aula antes de que remate a audición de todos os documentos sonoros.

Expresión e interacción escrita

Obxectivos

• Expoñer e avaliar información.

• Avaliar diferentes opcións, opinións e puntos de vista.

• Solicitar e transmitir información.

• Describir temas complexos de forma clara e detallada.

• Narrar sucesos e acontecementos.

• Expresar opinións, desexos e sentimentos (emocións, crenzas, reserva e cautela, empatía e compaixón, arrepentimento...).

• Sintetizar ideas, argumentos e puntos de vista diferenciando entre ideas principais e secundarias.

• Desenvolver, defender, rebater e xustificar opinións, argumentos e puntos de vista.

• Formular propostas e conclusións.

• Matizar opinións e afirmacións.

• Formular hipóteses e deducións.

Número de exercicios: 2.

Descrición da proba.

Exercicio 1: texto expositivo.

Extensión: mínimo 150 palabras-máximo 180 palabras.

Exercicio 2: texto argumentativo.

Extensión: mínimo 250 palabras-máximo 280 palabras.

• Trataranse todos e cada un dos puntos indicados nos exercicios.

Avaliación

Dobre corrección por un tribunal de 2 profesores/as.

Utilizarase un baremo baseado nos seguintes criterios:

• ADECUACIÓN.

Refírese:

– Ao cumprimento da tarefa, é dicir, ao desenvolvemento de todos os puntos citados nela.

– Ao respecto do número de palabras que estea estipulado para o texto.

– Ao axuste ao formato requirido (carta, nota informal, narración, etc.).

– Á adecuación do rexistro en función do destinatario, propósito e situación, reflectido no léxico e nas estruturas.

– Á adecuación do contido ao tema proposto.

• COHERENCIA.

Refírese á organización da información, das ideas e ao mantemento da liña discursiva.

• COHESIÓN.

A cohesión reflíctese na disposición e na unión de oracións e parágrafos (uso de conectores, pronomes, adverbios e demais mecanismos de referencialidade).

• CORRECCIÓN.

Refírese ao correcto uso gramatical, léxico e ortográfico.

• RIQUEZA.

Refírese á variedade e precisión do léxico e das estruturas utilizadas.

Expresión e interacción oral

Obxectivos

• Expoñer e avaliar información.

• Describir temas complexos.

• Realizar narracións elaboradas, integrando subtemas.

• Recapitular e reformular información.

• Iniciar, manter e concluír a exposición dun tema.

• Argumentar.

• Expresar ideas e opinións.

• Realizar propostas.

• Participar activamente en conversas e discusións formais e informais.

Número de exercicios: 2.

Descrición da proba

A proba realizarase por parellas (ou tríos, se é o caso) e será gravada en audio.

A proba constará das seguintes fases:

1ª. Acollida e presentación das persoas candidatas e do tribunal (non avaliable).

2ª. Exercicio 1: exposición dun tema. (Monólogo sostido).

• A exposición realizarase individualmente seguindo as instrucións dunha ficha que entrega o profesorado administrador.

• A persoa candidata terá 3 minutos para preparar o seu tema.

• Unha vez transcorrido o tempo de preparación, cada persoa candidata exporalle o seu tema ao/á compañeiro/a durante un máximo de 4 minutos.

3ª. Exercicio 2: interacción entre as persoas candidatas a partir dunha ficha que presenta unha situación relativa á actualidade.

As persoas candidatas deberán argumentar os seus puntos de vista, explicar as posibles causas das problemáticas que se presenten e propor solucións, comparar e contrastar alternativas.

Valóranse tamén as estratexias de interacción que as persoas candidatas empreguen no diálogo.

• Lectura das instrucións do exercicio: 2 minutos.

• Diálogo: mínimo 4 minutos-máximo 5 minutos.

4ª. Despedida (non avaliable).

Avaliación

Tribunal formado por 2 profesores/as.

Un/unha profesor/a administra e outro/a avalía.

Utilizarase un baremo baseado nos seguintes criterios:

• ADECUACIÓN.

Refírese:

– Ao cumprimento da tarefa, é dicir, ao desenvolvemento de todos os puntos citados nela.

– Á relevancia do contido.

– Á capacidade de colaborar e interactuar na fase de diálogo.

– Ao uso dun rexistro e entoación axeitados ao contexto comunicativo.

– Ao respecto do tempo estipulado.

• COHERENCIA.

Refírese á organización da información e das ideas de maneira lóxica de modo que o discurso sexa facilmente comprensible.

• COHESIÓN.

A cohesión reflíctese na disposición e na unión de oracións e parágrafos (uso de conectores, pronomes, adverbios e demais mecanismos de referencialidade).

• FLUIDEZ.

Refírese á capacidade de desenvolverse cun ritmo bastante regular.

• CORRECCIÓN

Refírese ao grao de corrección gramatical, léxica, de pronunciación e á entoación.

• RIQUEZA.

Refírese á variedade e precisión do léxico e das estruturas utilizadas.

15. Resultados.

Os resultados das probas de ambas as convocatorias publicaranse antes de finalizar o mes da súa realización. Cada escola determinará a data exacta de publicación.

A cualificación outorgada será apto, non apto ou non presentado, segundo corresponda.

A cualificación será apto cando se obteñan 15 puntos de 25 (o 60 %) en cada unha das destrezas; é necesario aprobar todas e cada unha das destrezas para superar a proba de certificación.

O alumnado oficial que se presente á convocatoria extraordinaria de setembro só terá que examinarse das destrezas non aprobadas na convocatoria ordinaria de xuño.

De non obteren a cualificación de apto en todas as destrezas na convocatoria de setembro, as persoas candidatas deberán presentarse de novo ás probas de certificación para seren avaliadas de todas as destrezas.

As persoas candidatas que obteñan a cualificación de non apto na proba de certificación, se aprobaron algunha/s destreza/s, poderán solicitar unha certificación académica de que acadaron o dominio requirido na/s destreza/s aprobada/s.

A escola oficial de idiomas en que se realiza a proba, expediralles o correspondente certificado de nivel C1 a aquelas persoas candidatas que superen estas probas, segundo o modelo que figura no anexo II da Orde do 8 de outubro de 2012.

16. Recomendacións finais.

Antes da proba.

• Lea atentamente a guía para as persoas candidatas e familiarícese co proceso de realización das probas.

• Asegúrese do día, hora e aula de cada parte da proba escrita.

• Consulte a súa convocatoria concreta para a proba de expresión oral publicada polo centro; lembre que esta proba poderá ser fixada para antes ou despois da proba escrita.

Durante a proba.

• Lea con atención todas as instrucións.

• Distribúa adecuadamente o tempo de que dispón para realizar as diferentes tarefas. Resulta conveniente reservar uns minutos finais para poder facer un repaso xeral e corrixir posibles erros.

• Escriba con letra clara en todas as partes da proba.

• Escriba ou marque as respostas con claridade.

Despois da proba.

• Abandone a aula con discreción e permaneza en silencio para non incomodar as demais persoas que continúen realizando as probas.

ANEXO V

NOME DA ESCOLA

LOCALIDADE

INFORME ESTATÍSTICO PROBAS DE CERTIFICACIÓN • CURSO 20…..–20…..

NIVEL BÁSICO

NIVEL INTERMEDIO

NIVEL AVANZADO

NIVEL C1

Alumnado oficial

Alumnado libre

Alumnado CALC A2

Nº de tribunais

Alumnado oficial

Alumnado libre

Alumnado CALC B1

Nº de tribunais

Alumnado oficial

Alumnado libre

Alumnado CALC B2

Nº de tribunais

Alumnado oficial

Alumnado libre

Nº de tribunais

Alemán

Árabe

Chinés

Español para estranxeiros

Francés

Galego

Inglés

Italiano

Portugués

Ruso

Xaponés

TOTAL