1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).
2. Obxecto do contrato: prestación integral dos servizos referidos no Teatro Rosalía de Castro, Coliseum, Ágora e Fórum Metropolitano, prestación integral no Pazo da Ópera (máx. 54 días ao ano, e nas condicións que se sinalarán) dos servizos referidos, prestación integral dos servizos en actividades na rúa e outros espazos de dominio público non incluídos en anteriores epígrafes (véxanse pregos reguladores do contrato).
3. Prezo do contrato: contía máxima anual 780.108,18 €, IVE incluído. Valor estimado do contrato: 3.094.644,00 € (IVE non incluído), tendo en conta a súa duración, as posibles prórrogas e modificacións deste.
4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización, prorrogables antes da súa finalización por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista por períodos máximos dun ano, para cada prórroga, ata un máximo de catro anos, incluído período inicial e prórrogas.
5. Tramitación: ordinaria.
6. Procedemento: aberto.
7. Garantía provisional: non se exixe.
8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avda. A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil do contratante www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: imce@coruna.es.
10. Solvencia: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Criterios de adxudicación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Presentación de proposicións: prazo de 20 días hábiles desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia ou o Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13.30 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.
Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avda. A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.
13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil do contratante www.coruna.es.
14. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
A Coruña, 28 de novembro de 2014
Ana María Fernández Gómez
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
