Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 18 de decembro de 2014 polo que se notifica a resolución ditada na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia ás persoas interesadas.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se declara desistido na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia o interesado que se indica no anexo.

Logo de tentar dúas veces a notificación das citadas resolucións a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifica o interesado que se indica no anexo a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

A Estrada, 18 de decembro de 2014

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Julián Torres Gómez.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.