Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2014 pola que se anuncia a formalización do servizo consistente na evolución funcional e tecnolóxica do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex) e adaptación á Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2014-025.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na evolución funcional e tecnolóxica do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex) e adaptación á Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, cofinanciado con cargo ao Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 25 de setembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 187.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 187.500,00 €.

b) Importe total: 226.875,00 €.

6. Financiamento:

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigo 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, puntos 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28 de novembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 10 de decembro de 2014.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: Importe neto: 176.056,00 euros. Importe total: 213.027,76 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable