Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Enderezo social: A Batundeira, 2, 32960 Ourense.
Denominación: LMT, CT e RBT Torrón-Alongos II.
Situación: Toén.
Descricións técnicas:
LMT subterránea a 20 kV de 667 m de lonxitude con condutor LA 56/54,6 mm2 e orixe na LMT do CAS806 Rairo II 6 e remate no CT proxectado prefabricado Torrón-Alongos II de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
RBT aerosubterránea de 100 m en aéreo con condutor RZ e 90 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado.
Orzamento: 121.980,71 euros.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enriquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.
É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puido realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as diligencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.
Ourense, 12 de decembro de 2014
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas
ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 2014/46. Concello: Toén. Provincia: Ourense.
LMT, CT e RBT Torrón-Alongos II.
Nº predio |
Paraxe |
Cultivo |
Nome e apelidos/Enderezo |
Afeccións m2 sub |
||
1 (pol.121 predios 342 e 343) |
Souteliño |
Monte baixo |
– Mª Paz Pérez Vidal e Manuel Pérez Vidal R/ Velázquez, nº 9, 1º dta., 32002 Ourense (Ourense) |
CT |
16.0 |