Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 1049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, suxeito a regulación harmonizada, do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Produtos de Galicia: a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación (expediente 16/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Produtos de Galicia: a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 15 de decembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 79341000-6 e 79341400.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 694.606,92 €; IVE (21 %): 145.867,45 €.Importe total: 840.474,37 €.

Valor estimado: 1.389.213,84 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo T, subgrupo1, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (para licitadores non españois de estados membros da UE): segundo o disposto nas letras J e K da folla de especificacións.

7. Garantía exixida. Definitiva: do 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE (34.730,35 €).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 38 (consultas administrativas); 981 55 72 41 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21773

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 3 de febreiro de 2015.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 16 de febreiro de 2015. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de decembro de 2014.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014

Mª Isabel Concheiro García-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar