Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 1087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle das parcelas 128 e 130 do polígono 1 do catastro de Verín.

Logo de ver os informes favorables emitidos polos servizos técnicos municipais que constan no expediente, segundo o disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, en relación co artigo 21.1.j) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, resolvo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de estudo de detalle formulado por instancia de Escayolas González Pardo, S.L. e Mario Limia Ascariz, elaborado polo arquitecto Rodolfo Rodríguez Guerra, e que ten por obxecto o reaxuste das aliñacións fixadas polo Plan xeral de ordenación municipal de Verín, na zona de solo urbano consolidado conformada polas parcelas nº 128 e 130 do polígono 1 do catastro do concello de Verín.

Segundo. Someter o expediente administrativo ao trámite de información pública polo prazo de 20 días hábiles, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o prazo de exposición ao público, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o devandito expediente administrativo poderá examinarse no Servizo de Urbanismo do Concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para que calquera interesado poida formular por escrito as reclamacións ou observacións que coide oportunas.

Verín, 17 de decembro de 2014

Enrique Díaz García
Alcalde en funcións