Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2015 Páx. 1100

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de decembro de 2014 polo que se aproba a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo xustifícase pola necesidade da súa adaptación á estrutura orgánica do organismo autónomo.

En consecuencia, por proposta do Instituto Galego da Vivenda e Solo, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 26 de decembro de 2014, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 26 de decembro de 2014, relativo á aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Relación de postos traspasados á Axencia de Modernización
Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

CENTRO DE DESTINO

CÓDIGO DO POSTO

DENOMINACIÓN

GRUPO

NIVEL/CATEG.

SECRETARÍA XERAL DO IGVS

MA.S02.00.000.15770.052

XEFATURA SECCIÓN INFORMÁTICA

A1-A2-C1

25

SECRETARÍA XERAL DO IGVS

MA.S02.00.000.15770.060

PROGRAMADOR/A

C1

20

ÁREA PROVINCIAL DA CORUÑA

MA.S99.10.000.15001.045

XEFATURA NEGOCIADO INFORMÁTICA

C1

18

ÁREA PROVINCIAL DE LUGO

MA.S99.10.000.27001.035

XEFATURA NEGOCIADO INFORMÁTICA

C1

18

ÁREA PROVINCIAL DE OURENSE

MA.S99.10.000.32001.030

XEFATURA NEGOCIADO INFORMÁTICA

C1

18

ÁREA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

MA.S99.10.000.36001.040

XEFATURA NEGOCIADO INFORMÁTICA

C1

18

ÁREA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

MA.S99.10.000.36001.110

TÉCNICO/A AUXILIAR EN INFORMÁTICA

IV

1