As cámaras oficiais de comercio, industria, servizos e navegación da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo abren, mediante a correspondente convocatoria pública de axudas, o prazo para a presentación de solicitudes de participación no Programa de fomento do uso da administración electrónica en pemes (eAdministración), financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea (80 %).
O Programa permite á empresa o desenvolvemento subvencionado de plans individuais de apoio á incorporación de procesos electrónicos e de eAdministración, para o uso e aproveitamento permanente das TIC no ámbito da administración electrónica, a facturación electrónica e a sinatura dixital, achegando a Administración ás empresas.
A empresa contará cun asesor tecnolóxico que o guiará no proceso e con outras accións complementarias de reforzo sobre as posibilidades da administración electrónica e das ferramentas asociadas nas pemes.
A convocatoria de axudas, publicadas polas cámaras de comercio para as súas respectivas demarcacións, así como o modelo de solicitude de participación, poderán descargarse das seguintes páxinas web:
|
A Coruña: www.camaracoruna.com |
Lugo: www.camaralugo.com |
|
Ourense: www.camaraourense.com |
Pontevedra: www.camarapontevedra.com |
|
Santiago de Compostela: www.camaracompostela.com |
Tui: www.camaratui.com |
|
Vilagarcía de Arousa: www.camaravilagarcia.com |
Vigo: www.camaravigo.com |
Vigo, 18 de decembro de 2014
Manuel Fernández Pool
Secretario xeral accidental da Cámara de Comercio de Vigo
