Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 318/2014, interposto por Emma López Balseiro.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo PO 318/2014, interposto por Emma López Balseiro, contra a desestimación do recurso de alzada contra a Resolución do 23 de maio de 2014, do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública