Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (916/2014).

A secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 916/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Pego Suárez, se ditou a seguinte resolución:

Dispoño:

A acumulación do presente procedemento de despedimento ao procedemento de rescisión contractual 252/2014 seguido ante este xulgado entre as mesmas partes, que continuará a súa tramitación nun único procedemento. Darase de baixa o presente procedemento no libro de asuntos xerais.

Expídase a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o orixinal ao libro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ponte Paz, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014