Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1681

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (185/2013).

Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Consorcio de Compensación de Seguros fronte a Generali, Javier Estévez Otero, Daniel Araujo Santiago, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 180/2013

Pontevedra, 12 de decembro de 2013.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal 185/2013, seguidos por instancia do Consorcio de Compensación de Seguros, asistido da letrada do Estado Sra. Gómez Andrés, contra Javier Estévez Otero, Daniel Araujo Santiago, e Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, representada polo procurador Sr. Almón Cerdeira e baixo a dirección técnica da letrada Sra. Raposo Pérez, versando o xuízo sobre reclamación por repetición do importe aboado por danos derivados de accidente de circulación.

Resolvo:

Que estimo parcialmente a demanda interposta polo Consorcio de Compensación de Seguros contra Javier Estévez Otero, Daniel Araujo Santiago e Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, e absolvo a Daniel Araujo Santiago e Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros das pretensións deducidas contra eles; e condeno a Javier Estévez Otero a que aboe ao Consorcio de Compensación de Seguros a cantidade de 461 euros, incrementada cos correspondentes xuros legais, dende o 14 de marzo de 2013, ata a data desta resolución e, dende esta, os xuros sinalados no artigo 576 LAC.

As custas causadas impóñense a Javier Estévez Otero, con excepción das causadas a Daniel Araujo Santiago e Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, respecto ás cales non se fai especial pronunciamento, polo que cada parte aboará as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese a presente resolución ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso de apelación.

E encontrándose os demandados Javier Estévez Otero e Daniel Araujo Santiago en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 31 de xullo de 2014

A secretaria xudicial