Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 12 de decembro de 2014 pola que se notifica o Acordo do 11 de setembro de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 104 Co-2, sito en Santiago de Compostela, relativo ao proxecto 00620 (expediente 2013/001049).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

Primeiro. Notificarlle mediante esta cédula a Manuela Ruanova Vieites o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 11 de setembro de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 104 Co-2, sito en Santiago de Compostela, relativo ao proxecto 00620, expediente 2013/001049, cuxos datos se relacionan no anexo.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente rexeitado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

Terceiro. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00620 modificación nº 1 da autovía Santiago de Compostela-Brión, incluída a variante de poboación As Galanas-Pardiñas. Clave: AC/99/042.01.M1.

Nº de expediente: 2013/001049.

Persoa que se notifica: Manuela Ruanova Vieites.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Expropiada: Manuela Ruanova Vieites.

Beneficiaria: Concesionaria Santiago-Brión, S.A.

Predio nº: 104 Co-2.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 337,68 €.